Lista de montes de España
Os sistemas montañosos de España son moi numerosos e ocupan case a metade do territorio nacional. Os Pireneos (no límite nordés do país) e os Sistemas Béticos (no sueste) son as cordilleiras máis elevadas e sitúanse fóra da Meseta Central. Rodeando esta, está a Cordilleira Cantábrica no norte, o Sistema Ibérico no leste, e Serra Morena no sur. Dentro da Meseta Central está o Sistema Central e os Montes de Toledo. Destaca tamén o relevo insular das Illas Canarias, que conforma un verdadeiro complexo montañoso de orixe volcánico que xorde desde os fondos oceánicos. Neste sentido habería que citar á illa de Tenerife, onde atopamos varios tresmiles.
A continuación ofrécese unha lista de montañas de España ordenadas por altura, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística de España.[1]
-
Mulhacén, con 3.482 m é o monte máis alto da Península Ibérica.
-
Pico do Veleta, con 3.398 m é o segundo monte máis alto das Cordilleiras Béticas.
-
Pico Posets, con 3.375 m é o segundo monte máis alto dos Pireneos.
-
Torrecerredo, con 2.648 m é o monte máis alto da Cordilleira Cantábrica.
-
Naranjo de Bulnes, con 2.519 m.
-
Pico Almanzor, con 2.592 m é o monte máis alto do Sistema Central.
-
Pico de Peñalara, con 2.428 m é o monte máis alto da Sierra de Guadarrama.
-
La Sagra, con 2.382 m é o monte máis alto dos Sistemas Prebéticos.
-
Puig Major, con 1.445 m é o monte máis alto das Baleares.