Xogos Olímpicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Os Cinco Aneis, símbolo dos Xogos Olímpicos.
Para os Xogos Olímpicos na Antigüidade véxase este artigo.

Os Xogos Olímpicos (chamados así por celebrarse na cidade de Olimpia na antigüidade) foron festas relixiosas, culturais e deportivas celebradas na antiga Grecia (776 a.C. - 392 d.C.) en honra ós Deuses maiores (Zeus, Apolo, etc). Neles participaban os atletas, que debían ser cidadáns (soamente homes), os cales se adestraban durante anos nos ximnasios. Existían diversas disciplinas, tendo cada unha un adestramento especial, e que se practicaban co corpo totalmente espido. As primeiras disciplinas foron: Pankration (loita a morte), Loita (practicamente tal como a coñecemos actualmente), Boxeo (moito máis cruel có actual, sen apenas normas), Carreiras de Carros, Carreiras a pé, Péntatlon, (consistente en lanzamento de disco, lanzamento de xavelina, salto de lonxitude, loita e carreira a pé) e Música (considerada unha competición máis).

En Olimpia chegáronse a celebrar 293 Xogos Olímpicos. Segundo a tradición estes empezaron no ano -776, continuaron mesmo baixo dominación romana, e só pararon coa chegada do cristianismo ao poder en Roma. O emperador Teodosio I aboliunos no ano 393, e como excusa dixo que eran pagáns. Foron reestablecidos no seu aspecto deportivo en 1894 polo barón de Coubertin, e ata a actualidade seguen practicándose.

Unha curiosa diferenza con respecto á actualidade é que na antiga Grecia tódolos conflitos armados eran suspendidos durante os Xogos, estes eran unha especie de tregua para tódolos participantes.

Os deportistas modernos están suxeitos a múltiples presións, as cales os teñen levado a utilizar produtos para mellorar os seus logros, moitas veces poñendo en perigo a súa saúde. O Comité Olímpico Internacional estableceu dende 1968 os chamados controis anti-dopaxe que poden ser realizados en calquera momento a petición do COI e que poden desencadear a descalificación inmendiata do atleta que dea positivo nese control.

Unha olimpíada é o período de catro anos que transcorre entre xogos.

Xogos Olímpicos da era moderna[editar | editar a fonte]

Ano Evento Sede  
Xogos Olímpicos de Verán
1896 I Xogos Olímpicos Atenas Flag of Greece (1822-1978).svg Grecia
1900 II Xogos Olímpicos París Flag of France.svg Francia
1904 III Xogos Olímpicos Saint Louis US flag 45 stars.svg Estados Unidos
1906 Edición extraordinaria Atenas Flag of Greece (1822-1978).svg Grecia
1908 IV Xogos Olímpicos Londres Reino Unido Reino Unido
1912 V Xogos Olímpicos Estocolmo Suecia Suecia
1916 VI Xogos Olímpicos Berlín Flag of the German Empire.svg Alemaña
Suspendidos por mor da Primeira Guerra Mundial Ano Evento Sede 3by2white.svg
1920 VII Xogos Olímpicos Antuerpen Bélxica Bélxica Xogos Olímpicos de Inverno
1924 VIII Xogos Olímpicos París Flag of France.svg Francia 1924 I Xogos Olímpicos Chamonix Flag of France.svg Francia
1928 IX Xogos Olímpicos Ámsterdan Países Baixos Países Baixos 1928 II Xogos Olímpicos Sankt Moritz Suíza Suíza
1932 X Xogos Olímpicos Os Ánxeles US flag 48 stars.svg Estados Unidos 1932 III Xogos Olímpicos Lake Placid US flag 48 stars.svg Estados Unidos
1936 XI Xogos Olímpicos Berlín Flag of German Reich (1935–1945).svg Alemaña 1936 IV Xogos Olímpicos Garmisch-Partenkirchen Flag of German Reich (1935–1945).svg Alemaña
1940 XII Xogos Olímpicos Helsinqui Finlandia Finlandia 1940 V Xogos Olímpicos Garmisch-Partenkirchen Flag of German Reich (1935–1945).svg Alemaña
Suspendidos por mor da Segunda Guerra Mundial
1944 XIII Xogos Olímpicos Londres Reino Unido Reino Unido 1944 VI Xogos Olímpicos Cortina d'Ampezzo Flag of Italy (1861-1946).svg Italia
Suspendidos por mor da Segunda Guerra Mundial
1948 XIV Xogos Olímpicos Londres Reino Unido Reino Unido 1948 V Xogos Olímpicos Sankt Moritz Suíza Suíza
1952 XV Xogos Olímpicos Helsinqui Finlandia Finlandia 1952 VI Xogos Olímpicos Oslo Noruega Noruega
1956 XVI Xogos Olímpicos Melbourne Australia Australia 1956 VII Xogos Olímpicos Cortina d'Ampezzo Italia Italia
1960 XVII Xogos Olímpicos Roma Italia Italia 1960 VIII Xogos Olímpicos Squaw Valley Estados Unidos de América Estados Unidos
1964 XVIII Xogos Olímpicos Toquio Flag of Japan.svg Xapón 1964 IX Xogos Olímpicos Innsbruck Austria Austria
1968 XIX Xogos Olímpicos Cidade de México Flag of Mexico.svg México 1968 X Xogos Olímpicos Grenoble Flag of France.svg Francia
1972 XX Xogos Olímpicos Múnic República Federal de Alemaña República Federal Alemá 1972 XI Xogos Olímpicos Sapporo Flag of Japan.svg Xapón
1976 XXI Xogos Olímpicos Montreal Flag of Canada.svg Canadá 1976 XII Xogos Olímpicos Innsbruck Austria Austria
1980 XXII Xogos Olímpicos Moscova Unión Soviética Unión Soviética 1980 XIII Xogos Olímpicos Lake Placid Estados Unidos de América Estados Unidos
1984 XXIII Xogos Olímpicos Os Ánxeles Estados Unidos de América Estados Unidos 1984 XIV Xogos Olímpicos Saraxevo Iugoslavia Iugoslavia
1988 XXIV Xogos Olímpicos Seúl Flag of South Korea.svg Corea do Sur 1988 XV Xogos Olímpicos Calgary Flag of Canada.svg Canadá
1992 XXV Xogos Olímpicos Barcelona España España 1992 XVI Xogos Olímpicos Albertville Flag of France.svg Francia
1996 XXVI Xogos Olímpicos Atlanta Estados Unidos de América Estados Unidos 1994 XVII Xogos Olímpicos Lillehammer Noruega Noruega
2000 XXVII Xogos Olímpicos Sidney Australia Australia 1998 XVIII Xogos Olímpicos Nagano Flag of Japan.svg Xapón
2004 XXVIII Xogos Olímpicos Atenas Grecia Grecia 2002 XIX Xogos Olímpicos Salt Lake City Estados Unidos de América Estados Unidos
2008 XXIX Xogos Olímpicos Beijing Flag of the People's Republic of China.svg China 2006 XX Xogos Olímpicos Turín Italia Italia
2012 XXX Xogos Olímpicos Londres Reino Unido Reino Unido 2010 XXI Xogos Olímpicos Vancouver Flag of Canada.svg Canadá
2016 XXXI Xogos Olímpicos Río de Xaneiro Flag of Brazil.svg Brasil 2014 XXII Xogos Olímpicos Sochi Rusia Rusia
2020 XXXII Xogos Olímpicos Tokio Flag of Japan.svg Xapón 2018 XXIII Xogos Olímpicos Pyeongchang Flag of South Korea.svg Corea do Sur

Olímpicos galegos[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Xogos Olímpicos