Tomate

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tomate
Tomatoes-on-the-bush.jpg
Estado de conservación
[[Ficheiro:Status_iucn3.1_{{{ESTADO}}}_gl.svg|250px|]]
{{{ESTADO_NOME}}}
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Tracheobionta
Clase: Magnolipsida
Orde: Solanales
Familia: Solanaceae
Xénero: Solanum
Nome científico
Solanum lycopersicum
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

O tomate (Gl-tomate.ogg pronunciación ) ( do náhuatl tomatl ) é a froita da tomateira (Lycopersicum lycopersicon; Solanaceae), aínda que impropiamente tratado como legume, amplamente cultivada e consumida polos pobos da América do Sur e central precolombianas, e hoxe coñecida en todo o mundo.

Orixe [editar]

Folla do tomateiro

A maioría dos botánicos atribúe a orixe do cultivo e consumo (e mesmo a selección xenética) do tomate como alimento á civilización inca do antigo Perú, o que deducen por aínda persistir naquela rexión unha grande variedade de tomates salvaxes e algunhas especies de domesticados (verdes) só alí coñecidas.

Crese que o tomate da variedade Lycopersicum cerasiforme é a ancestral da maioría das especies comerciais actuais, e que foi levada do Perú e introducida polos pobos antigos na América Central, posto que esta variedade foi amplamente cultivada en México.

Outros estudosos pensan que o tomate é orixinario do propio México, non só polo nome pertencer tipicamente á maioría dos dialectos locais (Náuatls), senón porque as cerámicas incas non rexistraron o uso do tomate nos utensilios domésticos, como era costume.

Os primeiros replican a esta obxección, argumentando que moitas outras froitas e alimentos dos incas tampouco foron representados nas cerámicas.

Descoberta do tomate [editar]

Un tomate maduro.

É falsa a noción de que, polo longo uso nos mollos das pastas, o tomate teña orixe en Italia ou mesmo longo uso na cociña italiana.

O tomate xa se cultivaba 700 anos a.C. en México, e no antigo Perú, antes da formación do Imperio Inca. O tomate sempre se consumiu nas civilizacións incas, maias e aztecas e pertence a un extenso rol de alimentos da América precolombiana descoñecidos do Vello Mundo, do cal fan parte o millo, varios tipos de feixóns, patacas, froitas como o aguacate, e o cacao (de cuxas sementes se fai o chocolate), ademais de artigos de uso nativo que se difundiran, como o chicle (seiba de Sapota (ou sapoti)) e tabaco.

Os españois levaron o tomate a Europa e parece que os primeiros tomates que se cultivaron en Italia eran de cor amarela. En 1554 foron descritos polo botánico italiano Piero Andrea Mattioli como "pomo d'oro", mazá dourada, de aí o nome de "pomodoro"; na Francia do século XVIII foron coñecidos como "pomme d'amour" (ou mazá de amor); hoxe os de cor vermella están máis estendidos.

Inicialmente o tomate considerábase venenoso polos europeos e cultivado só para efectos ornamentais. Soamente no século XIX o tomate pasou a ser consumido e cultivado en escala cada vez maior, inicialmente en Italia, despois en Francia e España.