Ditadura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Política
Poderes
Executivo | Lexislativo | Xudicial
Formas de goberno
Monarquía | República | Anarquía
Réximes e sistemas
Parlamentarismo | Presidencialismo | Democracia | Ditadura | Absolutismo | Autoritarismo | Rexencia
Tipos de poder
Aristocracia | Autocracia | Burocracia | Caciquismo | Cleptocracia | Corporativismo | Corporocracia | Demagoxia | Meritocracia | Minarquía | Oclocracia | Oligarquía | Plutocracia | Sociocracia | Tecnocracia | Teocracia | Caudillismo | Coronelismo | Nepotismo | Fisioloxismo
Clases de estado
Cidade-estado | Colonia | Confederación | Federación | Imperio | Principado | Protectorado | Reino | República
Conceptos
Activismo | Congreso | Corrupción | Doutrina | Estado | Goberno | Hexemonía | Ideoloxía | Lexislatura | Liberdade | Nación | Partido | Patria | Parlamento | Soberanía | Tiranía | País
Procesos
Eleccións | Golpe de Estado | Revolución | Manifestación | Independencia | Plebiscito | Referendo | Protesta | Represión | Lobby
División administrativa
Cantón | Comunidade autónoma | Deputación | Concello | Estado | Provincia
Cargos e postos
Chanceler | Concelleiro | Conselleiro | Deputado | Ditador | Edil | Emperador | Ministro | Prefecto | Presidente | Primeiro Ministro | Rei | Senador
Disciplinas
Ciencia Política | Diplomacia | Filosofía política | Historia política | Metapolítica | Política internacional | Teoría política | Xeopolítica
Ideoloxías
Esquerdismo | Dereitismo

Carlismo | Comunismo | Fascismo | Liberalismo | Populismo | Socialdemocracia | Socialismo | Democracia cristiá

Actitudes
Clientelismo | Chauvinismo | Colectivismo | Colonialismo | Conservadorismo | Elitismo | Imperialismo | Neoimperialismo | Intervencionismo | Isolacionismo | Nacionalismo | Oposición | Pacifismo | Radicalismo | Separatismo | Tradicionalismo | Pluripartidismo | Bipartidismo | Unipartidismo

Abstención | Amnistía | Desobediencia civil | Disidencia | Multiculturalismo

A ditadura é un réxime político no que unha soa persoa, ou as veces un grupo de individuos máis ou menos extenso (partido, casta, exército, grupo relixioso,...) exerce o poder, polo xeral sen límite legal ou constitucional, ora porque a lei ou a constitución non lle impón límite, ora porque non o respecta.

Etimoloxía e historia[editar | editar a fonte]

O termo procede do latín dictatura que designaba na época da República romana unha maxistratura excepcional, qui confería todos os poderes a un único home: o ditador ou dictator (etimoloxicamente « o que fala »). Esta maxistratura suprema, provista de regras de designación precisas e temporaria (6 meses como máximo, aínda que podían ser renovados, se as circunstancias seguían a ser extraordinarias), era posta en práctica en caso de perigo grave contra a República. Foi abolida despois das ditaduras de Sula e de Xulio César.

A palabra ditador designa hoxe o que se denominou tirano na Antigüidade ou déspota no Antigo Réxime (aínda que tirano tamén se usou nesta última época). Esta acepción que foi desenvolta durante a Revolución francesa[1], úsase tamén na época contemporánea.

Aristóteles, na súa tipoloxía dos réximes, fai da tiranía unha forma corrompida de goberno dun só (é dicer, da monarquía). Montesquieu, na súa obra O espírito das leis (De l'esprit des lois), propón unha tipoloxía que se fixa nos gobernados : o despotismo é entón un goberno que non respecta as liberdades dos individuos e que ten por principio o temor.

Criterios contemporáneos[editar | editar a fonte]

Co rexurdimento da democracia no século XIX, o termo ditadura toma un significado de oposición á democracia, e en onde o modelo democrático-liberal deixa de existir e a lexitimidade pasa a ser cuestionada, sendo as ditaduras modernas un movemento totalitario coa supresión dos dereitos individuais e a invasión polo Executivo dos demais poderes constituídos, (lexislativo, xudicial, ou equivalentes). Esta invasión acostuma a darse pola forza, e a supresión das liberdades individuais pasa a ser por decreto. O réxime ditatorial baséase nun líder ou nun pequeno grupo que exerce o poder absoluto sen prestar contas aos gobernados, independentemente da súa aprobación ou non.

No campo político, denomínase ditadura un réxime no cal un home (o ditador), ou un grupo de persoas, dispoñen dun poder absoluto, manténdose nel de maneira autoritaria e exercéndoo de xeito arbitrario.

O carácter absoluto do poder ven perfilado, especialmente, pola ausencia de separación de poderes (executivo, lexislativo, xudiciario). Esta confusión de poderes pode ser en proveito do executivo (o caso máis corrente) ou en favor do lexislativo (réxime asembleario). Outra característica é a ausencia de control democrático e a carencia de eleccións libres (represión dos opositores, falla de respecto da liberdade de opinión e de prensa]]).

O carácter arbitrario do poder tradúcese por non respectar o Estado de dereito (violación da Constitución, establecemento de leis de excepción).

Se ben moitos ditadores chegan ao poder logo dun golpe de Estado ou despois dunha guerra civil (Francisco Franco), non falta o caso do dirixente que sendo elixido democraticamente se converta nun ditador (foi o caso de Adolf Hitler, e máis recentemente Alberto Fujimori).

Ditadura e totalitarismo[editar | editar a fonte]

Francisco Franco foi un militar e ditador español.

Todo sistema ditatorial ten fundamentos totalitarios, aínda que o totalitarismo poida utilizarse para conceptuar algúns movementos cuxas ideoloxías son aquelas en que a sociedade e os cidadáns están subordinados ao estado; exemplos serían o socialismo stalinista, o fascismo italiano e o nazismo alemán.

Ditadura Romana[editar | editar a fonte]

Na antigüidade, cando a República Romana deparaba en situacións onde o xogo político podía saír fóra de control, era designado polos cónsules un ditador para asumir o poder ata que a situación voltase á normalidade. Os poderes do ditador eran totais, podía facer a guerra ou a paz, ata o restablecemento do estado de dereito

Ditadura e tiranía[editar | editar a fonte]

As ditaduras modernas achéganse talvez máis ás ideas das antigas tiranías do que á ditadura romana: mentres que as tiranías tendían a se perpetuar no poder, a ditadura romana era un estado de excepción en que, unha vez resolvida a gravidade da situación que a desencadeou, cesaba, voltando o estado á normalidade.

A ditadura conceptuada por Aristóteles, Platón e Maquiavelo[editar | editar a fonte]

Segundo Aristóteles e Platón, a marca da tiranía é a ilegalidade, ou sexa, a violación das leis e regras pre-estipuladas pola quebra da lexitimidade do poder; unha vez no comando, o tirano revoga a lexislación en vigor, sobrepóndoa con regras estabelecidas de acordo coas conveniencias para a perpetuación deste poder. Exemplo diso son as descricións de tiranías na Sicilia e Grecia antiga, cuxas características semellan ás accións das modernas ditaduras.

Segundo Platón e Aristóteles, os tiranos son ditadores que gañan o control social e político despótico polo uso da forza e da fraude. A intimidación, o terror e a falta de respecto ás liberdades civís están entre os métodos usados para conquistar e manter o poder. A sucesión nese estado de ilegalidade é sempre difícil.

Aristóteles atribuíu a vida relativamente curta das tiranías á fraqueza inherente dos sistemas que usan a forza sen o apoio do dereito.

Maquiavelo tamén chegou á mesma conclusión sobre as tiranías e o seu colapso, en canta ás sucesións dos tiranos, pois este (a tiranía) é o réxime que ten menor duración, e de todos, é o que ten o peor final, e, segundo as súas palabras (sic) a caída das tiranías débese ás desventuras imprevisíbeis da sorte.


As tiranías e a relixión[editar | editar a fonte]

O Imperio Romano, fundado por Augusto, asemellábase ás modernas ditaduras, aínda que non sexa admitido como tal. Ata a Revolución Francesa, considerábase que o poder emanaba de Deus directamente ao soberano, se o monarca oprimía os súbditos con violencia, era unha tiranía, neste caso podía ser aceptado o tiranicidio, e perdoado pola relixión. No final do século XVI, o xesuíta Juan de Mariana demostrou a doutrina que discorría sobre o abuso da autoridade e a usurpación do poder, onde, se o tirano, despois de recibir unha reprensión pública, non corrixise a súa conduta, era lícito declararlle guerra e incluso, se necesario, matalo.

Ditadura moderna[editar | editar a fonte]

O réxime ditatorial moderno case sempre resulta de convulsións sociais profundas, xeralmente provocadas por revolucións ou guerras. As ditaduras son normalmente impostas por grupos de poder, sexan militares ou revolucionarios. Xeralmente, a imposición do movemento que resulta neste réxime de excepción é en función da defensa de intereses minoritarios, económico-financeiros, étnicos, ideolóxicos e outros. Non sempre as ditaduras se dan por golpe militar, poden xurdir por golpe de estado político; exemplo de movemento desta orde deuse coa ditadura de Adolf Hitler na Alemaña nazi (nazi) , en que o golpe se desencadeou a partir das propias estruturas de goberno; aproveitáronse as debilidades dun sistema falido e entraron partidos cuxas ideoloxías non eran democráticas. Unha vez instalados no poder, alá permaneceron e impoñéndose á vontade popular, suprimindo toda oposición (os demais partidos, etc).

O caudillismo[editar | editar a fonte]

Sempre para achar lexitimidade, as ditaduras apóianse en teorías caudillistas, que afirman moitas veces do destino divino do líder, que se encara como un salvador, cuxa misión é liberar o seu pobo, ou considerarse o pai dos pobres e oprimidos, etc.

A institucionalización do poder[editar | editar a fonte]

Outras ditaduras apóianse en teorías máis elaboradas, utilizando a lexislación imposta, moitas veces admitindo unha democracia con partidos políticos, inclusive con eleccións e algunhas veces ata permitindo unha certa oposición, aínda que controlada. Os dispositivos legais pasan a institucionalizarse, funcionando de tal forma que sempre gañará o partido daqueles que convocaron á elección.

Métodos de mantemento do poder[editar | editar a fonte]

As ditaduras acostuman utilizar a forza bruta para se manteren no poder, aplicándoa de forma sistemática e constante. Outro medio é a propaganda institucional, propaganda política constante e de saturación, así como o culto á personalidade do líder, ou líderes, ou mesmo do país, para manter o apoio da opinión pública; unha das formas máis eficientes de impor á poboación un determinado sistema é a propaganda subliminar, onde as defensas mentais non están tan en garda contra a información que se está a introducir no inconsciente colectivo. Esta faise por saturación en todos os medios de comunicación. A censura tamén ten un papel moi importante, pois non deixa chegar a información relevantes á opinión pública que está a ser manipulada. Desta forma, fican atados os dous extremos: primeiro satúrase o ambiente con propaganda a favor do réxime, despois censúranse todas as noticias malas que poidan vir a alterar o estado mental favorábel ao sistema imposto.

As ditaduras de ideoloxías opostas na Europa[editar | editar a fonte]

Cando da instalación no poder das clases traballadoras entre o final do sistema capitalista e inicio do comunista, Karl Marx e Friedrich Engels en 1848, ao lanzar o Manifesto do Partido Comunista, utilizaron a expresión ditadura do proletariado, onde nun Estado socialista non máis existiría a división da sociedade en burguesía e proletariado, pois o Estado detería o monopolio dos medios de produción, co desenvolvemento do Estado socialista, non debendo existir xa máis clases sociais e a sociedade sería libre e igualitaria, desaparecendo o Estado. No final da Primeira Guerra Mundial, a democracia en Europa pasou por unha serie de inestabilidades políticas e sociais; comezaron a aparecer ideas de cuño autoritario en diversos países: Stalin , na Unión Soviética; Mussolini, na Italia; Franco, en España; Hitler; na Alemaña e Salazar, en Portugal.

As ditaduras de África e Asia[editar | editar a fonte]

Na África e Asia cóntanse moitas ditaduras, de diversas orientacións ideolóxicas: na China, Mao Tse Tung tomou o poder despois de expulsar para a illa de Formosa (Taiwan) o exército do xeneral Chiang Kai-shek, no Irán, a ditadura de Mohamed Reza Pahlevi, derrubado en 1979 por unha revolución musulmá; na Indonesia, a do xeneral Sukarno, seguida pola do xeneral Suharto; nas Filipinas, a de Ferdinand Marcos, obrigado a abandonar o país en 1986.

As ditaduras da América Latina[editar | editar a fonte]

Coa guerra fría aparece o compoñente ideolóxico e a participación activa das ditaduras militares nos gobernos da América Latina. En Cuba, no Chile, Arxentina, Uruguai, Paraguai e Brasil.

Na América Latina, a historia está chea de ditaduras, golpes e contra golpes, revolucións e contra-revolucións. O principal é o caudillismo, que consiste na glorificación dun líder e na construción dun partido en torno del e non de conviccións políticas, ou ideoloxía. Despois, coa polarización causada pola guerra fría, ficou claro que esta desculpa fora utilizada para manter os ditadores no poder. Entre tantas personaxes, destacan Antonio López de Santa Anna e José Antonio Páez, en México; Francisco Solano López e Dr. Francis, no Paraguai. Na Venezuela, con Juan Vicente Gómez cuxa ditadura foi extremadamente tiránica, entre outras tantas que xurdiron en todo o continente.

Ditaduras da Arxentina[editar | editar a fonte]

Na Arxentina, temos Juan Manuel de Rosas, Juan Domingo Perón, alén dos militares, que fixeron da ditadura arxentina un sistema extremadamente controlador e tiránico.

Ditaduras do Brasil[editar | editar a fonte]

Getúlio Vargas chegou ao poder a través da Revolución de 1930. Baixo presión promulgou en 1934 unha Constitución democrática. En 1937, alegando unha suposta conspiración comunista, coñecida como Plano Cohen, Vargas outorga unha nova Constitución, aumentando os seus poderes e evitando eleccións directas, e instaura a censura e un Estado policial que durou ata 1945. Ese período ditatorial coñécese como Estado Novo.

A democracia restaurouse despois da caída de Vargas e foi mantida, a pesar de varias tentativas de golpe de estado, ata o Golpe Militar de 1964 apoiado e financiado polos Estados Unidos. Getúlio Vargas volveu ao cargo político máximo da república brasileira en 1950 democraticamente, porén a presión da oposición, máis especificamente da UDN e dalgúns militares, levárono ao suicidio en 1954. Debido á forte conmoción popular os movementos golpistas foron arrefriados por unha década.

Na ditadura militar que se seguiu ao golpe e durou vinte e un anos (1964-1985) houbo represión policial, exilios políticos, establecemento de lexislación autoritaria, con supresión dos dereitos civís, uso da máquina estatal en favor da propaganda institucional e política, manipulación da opinión pública a través de institutos de propaganda gobernamental e empresas privadas que se beneficiaron do golpe. A censura, torturas, asasinatos de líderes opositores institucionalizáronse polo AI-5, na práctica unha emenda á Constitución de 1967, que baseada na Doutrina de Seguranza Nacional instaurou un Estado policial.

Durante a ditadura militar, o Brasil foi gobernado por dous mariscais e tres xenerais. O primeiro goberno foi o do mariscal Humberto de Alencar Castelo Branco que durou de 1964-1967. O segundo goberno foi o do mariscal Artur da Costa e Silva que durou de 1967-1969. O terceiro goberno foi o do xeneral Emílio Garrastazu Médici que durou de 1969-1974. O cuarto goberno foi o do xeneral Ernesto Geisel que durou de 1974-1979. O quinto goberno foi o do xeneral João Figueiredo que durou de 1979-1985.

Do outro lado houbo resistencia de opositores ao goberno militar, primeiramente a través dos precarios medios legais dispoñíbeis dentro do propio réxime; posteriormente, coa intensificación da represión violenta aos dereitos civís e políticos (principalmente os dereitos de libre expresión e asociación), organizáronse grupos de protesta e resistencia que se valeron de medios diversos tales como a desobediencia civil, a clandestinidade e as accións armadas como secuestros, asaltos violentos, guerrilla urbana, etc.

A chamada "loita armada" obtiña recursos a través da expropiación forzada de capital, como asaltos e con iso financiaba actividades guerrilleiras na cidade e no campo.

Ditaduras cubanas[editar | editar a fonte]

Fulgencio Batista y Zaldívar, foi líder de Cuba de 1933 a 1940 aproveitando o levantamento popular que derrubara a outro ditador Geraldo Machado, sendo de 1940 ata 1944 o presidente oficial do país, e de 1952 a 1959 foi un ditador. Batista lidera un golpe de estado e implanta a ditadura. O golpe militar que instituíu Fulgencio Batista como líder político cubano, derrubando Carlos Prio Socarras deuse en marzo de 1952, nas palabras de Reinaldo Arenas, "a ditadura de Batista comezou logo cunha gran represión que non tiña só carácter político, mais tamén carácter moral". Desa ditadura pásase a que co triunfo da revolución en 1959, remate implantando unha ditadura comunista substituíndo un dos máis sanguentos réximes políticos que coñeceu América Latina, o de Fulgencio Batista. Fidel Castro, xunto cos seus compañeiros na revolución, afirmaban que estaban contra o réxime anterior, e só se mostraron abertamente comunistas despois da toma do poder.

Exemplos históricos : diversidade de ditaduras[editar | editar a fonte]

Con criterios de poder autoritario, manténdose pola opresión, e con ausencia de eleccións libres, un grande número de réximes, con funcionamentos e ideoloxías diversas poden se cualificados de ditatoriais.

Partido único[editar | editar a fonte]

Partido único comunista[editar | editar a fonte]

Ditatura militar[editar | editar a fonte]

Teocracia[editar | editar a fonte]

Outras ditaduras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Le Robert - Dictionnaire historique de la langue française