USS Maine

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
USS Maine
USS Maine ACR-1 in Havana harbor before explosion 1898.jpg
Historial Naval Jack of the United States.svg
Estaleiro New York Naval Shipyard
Tipo Acoirazado (ACR-1)
Operador Flag of the United States.svg Armada dos Estados Unidos
Porto de rexistro Key West (base naval)
Autorizado 3 de agosto de 1886
Posta en grella 17 de outubro de 1888
Botado 18 de novembro de 1889
Viaxe inaugural 29 de xullo de 1896
Baixa Afundido o 15 de febreiro 1898
Características xerais
Desprazamento 6.682 t
Eslora 97 m
Manga 17,4 m
Calado 6,7 m
Armamento .
  • 4 canóns de 250 mm
  • 6 canóns de 150 mm
  • 7 canóns de 6 libras
  • 8 canóns de 1 libra
  • 4 tubos lance-torpedos de 350 mm
Propulsión Dúas hélices a vapor
Velocidade 17 nós (31 km/h)
Tripulación 374 homes

O USS Maine (ACR-1) foi un acoirazado da Armada dos Estados Unidos. Pasou á historia porque a súa explosión no porto da Habana en febreiro do 1898 foi o detonante da Guerra Hispano-Estadounidense.

Fora construído entre 1888 e 1889 en Nova York, e operando nos anos precedentes na costa leste dos Estados Unidos e o mar Caribe.

En xaneiro de 1898 foi enviado á Habana para "protexer os intereses norteamericanos". Dúas semanas máis tarde, o 15 de febreiro, unha explosión voou a proa do barco, que afundiu rapidamente, causando 266 vítimas. O capitán, Charles Dwight Sigsbee, e a oficialidade, que durmía no castelo de popa, sobreviviu.

As causas da explosión foron motivo de especulación e investigación.

[editar] Véxase tamén

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas