Perú

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
República del Perú
República do Perú1
Bandeira do Perú Escudo do Perú
Bandeira Escudo
Lema: "Firme y feliz por la unión" (español: Firme e feliz pola unión")
Himno nacional: Himno Nacional do Perú 2
 
Peru (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Lima
n/d
Cidade máis poboada Lima
Linguas oficiais
Español, Quechua, Aimara
Forma de goberno República presidencialista
Ollanta Humala Tasso
Marisol Espinoza
Ana Jara
Independencia
 • Declarada
 • Consolidada
de España
28 de xullo de 1821
9 de decembro de 1824
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 20º
1.285.215,6 km²
0,4
5.536 km
3.080 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 39º
27 219 264 (censo 2005)
n/d
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 55º
US$ 93.268 mill.
US$ 3.374 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 51º
US$ 185.591
US$ 6.715 (2006)
IDH n/d
Moeda Nuevo sol (S/., PEN)
Xentilicio Peruano(a)
Fuso horario UTC-5
Dominio de Internet .pe
Prefixo telefónico +51
Prefixo radiofónico OAA-OCZ, 4TA-4TZ
Código ISO 604 PER PE
Membro de: CSN, ONU, OEA, APEC, CAN, Mercosur

1 República Peruana ata 1979.
2 Orixinalmente "Marcha Nacional do Perú".
3 As linguas nativas (coma o quechua e o aimará) son cooficiais nas zonas onde predominan.
4 Asociado.

Tódolos países do mundo

Perú (en quechua e aimara Piruw), oficialmente a República del Perú; é un país da Sudamérica, limitado a norte por Ecuador e por Colombia; a leste por Brasil, Bolivia e Chile; e a sur e oeste polo Océano Pacífico.

Posúe unha complexa xeografía dominada principalmente polas elevacións da Cordilleira dos Andes e as correntes do Pacífico, que lle configura climas e paisaxes variados como a costa desértica, a puna dos altos Andes ou a selva tropical da conca amazónica.

No seu territorio existiu unha das culturas máis antigas que se coñece de América, a civilización de Caral (XII milenio  a. C.) No século XVI, o Imperio Inca foi anexionado polos conquistadores españois con apoio de etnias contra o dominio inca. España estabeleceu así un vicerreinado que incluíu a maior parte das súas colonias suramericanas. En 1821, o país independízase.

A poboación peruana, calculada en máis de 28 millóns (2008), é de orixe multiétnica e mestiza de importante substrato indíxena á cal sumouse a ascendencias europeas, africanas e asiáticas. O idioma máis falado é o español, aínda que un número significativo de peruanos falan diversas linguas nativas como as linguas quechuas, as de maior número de falantes.

É un país en desenvolvemento cun Índice de Desenvolvemento Humano medio máis elevada desigualdade económica que viu mellorar os seus ingresos e decrecer o seu nivel de pobreza nos últimos anos. As súas principais actividades económicas inclúen a agricultura, pesca, minaría e a manufactura de produtos como os téxtiles.

Politicamente, o país está organizado nunha república presidencialista democrática cun sistema político multipartidista estruturada baixo os principios de separación de poderes e descentralización. Divídese en 25 circunscricións departamentais (24 departamentos e a Provincia Constitucional do Callao) e a provincia sede da capital, que é Lima. Actualmente o seu presidente é Ollanta Humala (2011-2016).

O Perú é membro da Comunidade Andina.

Historia[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Historia do Perú.

Antes da chegada dos españois, o Perú foi o territorio de varias culturas pre-Inca e, máis tarde, do Imperio Inca.

Francisco Pizarro desembarcou na costa peruana en 1532 e na fín da década de 1530 o Perú xa era un vicerreinado e unha grande fonte de ouro e prata para España.

O Perú declarou a súa independencia da España o 28 de xullo de 1821.

Nas décadas seguintes, o Perú foi sacudido pola inestabilidade política, innúmeros golpes de estado e dúas guerras perdidas contra o Chile e, en 1866 unha guerra contra a España.

En 1872, asume o primeiro presidente civil do Perú: Manuel Pardo, que catro anos despois sería sucedido polo heroe da guerra contra a España, xeneral Mariano Ignacio Prado.

En 1879 ten inicio a Guerra do Pacífico, na cal o Perú, aliado á Bolivia, viuse derrotado fronte o Chile. O Perú perdeu a provincia de Tarapacá, rica en salitre, e as cidades de Arica e Tacna. Esta última só sería devolvida ao Perú en 1929.

Política[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Política do Perú.

Subdivisións[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Subdivisións do Perú.

O Perú divídese en 25 rexións e departamentos e estes divídense en 194 provincias, máis a Provincia constitucional El Callao.

Peru - Regions and departments (labeled).svg

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía do Perú.

O Perú encóntrase na zona occidental de Sudamérica comprendida entre a liña ecuatorial e o Trópico de Capricornio. Cobre unha área de 1.285.220 km², o que o converte no vixésimo país máis grande en tamaño da Terra e o terceiro de América do Sur. Limita ao norte con Ecuador e Colombia, ao este con Brasil, ao sueste con Bolivia, ao sur con Chile e ao oeste co Océano Pacífico.

O territorio de Perú atópase determinado polas placas Sudamericana e de Nazca, as cales comparten un límite converxente de subducción, é dicir, a Placa de Nazca subducciona sobre a Sudamericana paralela á costa occidental sudamericana, a unha velocidade media de 11cm/año. Produto desta subducción formou no Xurásico a Fosa de Perú-Chile así como a elevación hoxe coñecida como Cordilleira dos Andes. A erosión da mesma formou ao leste unha vasta chaira onde antes da aparición dos Andes existía unha porción de mar; esta rexión sedimentaria é a chaira amazónica. Ese mesmo proceso erosivo á a causa do escarpado dos Andes.

Debido á subducción tectónica, o Perú é un país altamente sísmico e presenta rexións con importante vulcanismo, principalmente no sur. O territorio peruano está dentro do chamado Cinto de Fogo do Pacífico.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía do Perú.
Moeda corrente de prata dun sol de 1889. Leva escrito o lema: Firme y feliz por la unión.

O Perú é un país en desenvolvemento, o seu IDH foi de 0,773 en 2005.[1] 39,3% da súa poboación e pobre, mentres que o 13,7% padece pobreza extrema.[2]

Segundo o Fondo Monetario Internacional, Perú sitúase no ano 2008 coa segunda inflación máis baixa do mundo despois de Francia e polo tanto unha das economías máis sólidas da rexión.[3]

No mes de abril de 2008, o incremento do Produto Interior Bruto deste país foi do 13.25 por cento, a cifra máis alta dende o ano 1995.

Demografía[editar | editar a fonte]

O Perú é un dos tres países das Américas en que os pobos indíxenas constitúen a maioría da poboación - os outros dous son a Bolivia e a Guatemala. Case a metade de todos os peruanos, 45% da poboación, son amerindios. Os dous maiores grupos étnicos indíxenas son os quechua e, en números pouco menores, os aymará. Alén destes dous grandes grupos existen varias ducias de pequenas tribos amerindias espalladas polo país, para aló dos Andes e na cunca amazónica. Os mestizos, termo que designa persoas de sangue misto amerindio e europeo (maioritariamente español), constitúen preto de 37% da poboación. Os peruanos de orixe europea son preto de 15% da poboación. Existen tamén números máis pequenos de persoas de orixe africana e, recentemente, tamén xaponesa e chinesa. Na última década, os peruanos de herdanza asiática alcanzaron grandes conquistas nos campos empresarial e político: un ex-presidente, varios antigos membros do goberno e varios membros do congreso peruano son de orixe xaponesa ou chinesa.

Cultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Cultura do Perú.

A cultura peruana ten as súas raíces principais nas tradicións amerindias e españolas,[4] aínda que tamén foi influída por diversos grupos étnicos de África, Asia e Europa. A tradición artística peruana remóntase á elaborada cerámica, téxtiles, ourivaría e escultura das culturas preincas. Os incas mantiveron eses oficios e fixeron logros arquitectónicos incluíndo a construción de Machu Picchu. O barroco predominou na arte virreinal, aínda que modificado polas tradicións autóctonas.[5] Durante este período, a arte concentrábase maiormente en temas relixiosos; as numerosas igrexas da época e as pinturas da escola cuzqueña son mostra dilo.[6] As artes estancáronse despois da independencia até a aparición do indixenismo na primeira metade do século XX.[7] Desde a década de 1950 a arte peruana foi ecléctica e influído tanto por correntes internacionais como locais.[8]

Literatura[editar | editar a fonte]

A literatura peruana ten o seu primeiro vestixio na obra dramática anónima Ollantay cuxas orixes se perden nos tempos do incanato así como no taki, término quechua que engloba literatura, danza e música. Nos tempos do vicerreinado, a literatura foi, basicamente, imitación da literatura española. Destaca en primeiro lugar, o Inca Garcilaso de la Vega cos seus Comentarios Reales de los Incas. Máis tarde, destacaron Juan de Espinosa Medrano na literatura quechua e Caviedes, o mesmo Espinosa e Peralta na castelá.

A partir da época republicana son varios os expoñentes da narrativa peruana como Felipe Pardo y Aliaga, Manuel Ascencio Segura, mais o maior literato do século XIX foi Ricardo Palma coas súas Tradiciones Peruanas. Resalta, no século XX a figura do poeta César Vallejo xunto a moitos outros vangardistas como Martín Adán. Na narrativa, Ciro Alegría e José María Arguedas polo indixenismo; e Julio Ramón Ribeyro, Alfredo Bryce Echenique e Mario Vargas Llosa, pola narrativa urbana.

A literatura peruana, así como todas as manifestacións culturais e artísticas, pasaron por varias etapas, nas cales foi influenciada por movementos ou correntes nacionais e internacionais. Os acontecementos transcendentais da historia, serviron de inspiración aos artistas que plasmaron na súa obra o sentir da época. Distínguense varios movementos, de acordo con cada época, as súas ideas e filosofía.

Música[editar | editar a fonte]

Danzantes executando un baile de marinera norteña cos traxes típicos.

A música do Perú é produto da fusión a través de moitos séculos. Existen moitos xéneros de música peruana: andina, crioula e amazónica. Estas pódense clasificar en música e danzas da costa peruana, serra peruana e Amazonía Peruana. A música crioula tradicional da costa é moi variada debido a que xustamente esta é a rexión onde maior mestizaxe houbo e actualmente hai, coñecida como música crioula dentro da cal tamén encontramos as danzas afroperuanas.

Da costa centro, basicamente Lima; temos a música das rúelas da Lima de antano, como o coñecido valse peruano ou vales crioulo (cultivado en outros países sobre todo en Arxentina, dentro dos aficionados ao tango. Lima tamén ofrece a zamacueca ou marinera limeña; dentro do cal existen variantes e extensións como o canto de Jarana e a resbalosa. A costa sur-centro Cañete, Chincha, Ica e Nazca; ofrece un culto á música afroperuana. Dos xéneros máis destacados están o festejo e o landó. Tamén están o touro mata e o panalivio.

No norte atópase a música crioula norteña. Das rexións de La Libertad e Lambayeque é típica a Marinera Norteña; que é tocada en banda, tambores e trompetas. Máis ao norte de Piura, Lambayeque e Tumbes provén a cumanana (de influencia mulata e afroperuana), o axitanado emotivo piurano tondero e o triste.

As rexións de serra sur como Huancavelica, Ayacucho, Apurímac, Cuzco e Puno caracterízanse polo huayno (e tamén a zona norte do altiplano boliviano). Da rexión do Cuzco vén a muliza, o Cóndor Pasa e de Arequipa vén o mestizo Yaraví Arequipeño, dentro dos cales destacan o coñecido Melgar e La Partida. A serra centro como Cerro de Pasco, Ancash e Junin é famoso polo seu alegre huaylas. Versións típicas deste xénero son o Pío Pío e o Huaylas Macho. Dentro das festas tradicionais andinas, a máis coñecida é o Inti Raymi que, en Sacsayhuamán, nas aforas do Cuzco, rememora cerimonias e rituais da época do Imperio inca rendendo homenaxe ao Inti (deus Sol dos incas). O Inti Raymi celébrase o 24 de xuño de cada ano.

Gastronomía[editar | editar a fonte]

Ceviche, prato representativo da cociña tradicional peruana.

A cociña peruana é considerada unha das máis variadas e orixinais do mundo, ten o Guiness á maior variedade e diversidade de pratos típicos no mundo (491) 1. Grazas á herdanza precolombina (preincaica e incaica), gastronomía amazónica, española e africana así como francesa, sino-cantonesa, xaponesa e italiana posteriormente, reúne unha gran diversidade de mesturas, xunto coa crioula, nunha gastronomía de "catro continentes nun só país", ofrecendo unha importante variedade de pratos típicos de arte culinaria peruana en constante evolución. Basta mencionar que só na costa peruana, hai máis de dous mil tipos de sopas diferentes e que no país hai máis de 250 sobremesas tradicionais. Entre os estilos culinarios do Perú, cabe mencionar a cociña crioula (norteña e limeña), a gastronomía marina, a cociña andina, o chifa e a cociña amazónica. Quizais os pratos máis representativos do Perú sexan o cebiche (ou ceviche) na costa, a "pachamanca" na serra e o "juane" na selva.

No ámbito das bebidas, o pisco sour é o trago preparado en base ao pisco, un "licor bandeira de Perú". A "chicha de jora", bebida cerimonial de orixe precolombina, está feita de maínzo. É un licor tradicional da serra e é, ademais, a bebida tradicional da Festa de San Xoan, celebrada en toda a selva peruana. Así mesmo, na selva prepárase o masato, licor de orixe indíxena, feito de iuca fermentada. Tradicionalmente preparábase mastigando a iuca que se fermentaba pola acción da saliva, na actualidade utilízanse outros fermentos. A selva posúe gran variedade de refrescos feitos de froitas amazónicas, entre estes temos a aguajina, bebida feita do aguaje, moriche ou burití (Mauritia flexuosa) e o refresco de camu-camu (Myrciaria dubia), froita amazónica que concentra a maior cantidade de vitamina C. A Inca Kola, de orixe nacional, é o refresco máis vendida neste país, incluso por encima das multinacionais Cocacola ou Pepsi.

Segundo o xornal francés Le Monde a gastronomía do país ocupa un lugar moi destacado a nivel mundial, chegando a ser considerada como unha das tres grandes cociñas do mundo, ao lado da chinesa e da francesa, aínda que nos concursos internacionais de gastronomía tamén compite coa gastronomía da India; ou outras máis..

Nos últimos anos a cocina peruana empezou a expandirse fora das súas fronteiras. No "Cuarto Cumio Internacional de Gastronomía Madrid Fusión 2006", realizado do 17 ao 19 de xaneiro do 2006, a cidade de Lima foi declarada capital gastronómica de América Latina e é un produto bandeira de Perú.

Deportes[editar | editar a fonte]

A práctica do deporte no Perú remóntase á época preincaica, presentándose tamén posteriormente coa civilización inca. Coa chegada dos españois a este territorio, a práctica do deporte cambiou radicalmente. Máis tarde, esta foi influenciada pola ideoloxía estadounidense da educación física ligada á comercialización. O fútbol, o deporte máis popular no mundo, tamén é o de maior práctica no Perú. O Torneo Descentralizado é o torneo de clubs máis importante da nación, cuxo maior expoñente é Teodoro Fernández. A Selección de fútbol do Perú tivo algunhas actuacións importantes na escena mundial. Participou na fase final da Copa Mundial de Fútbol en catro ocasións, a máis recente en 1982, mentres que foron campións da Copa América en dúas ocasións (1939 e 1975).

O voleibol feminino peruano sobresaíu con xogadoras como Cecilia Tait, Gabriela Pérez del Solar e Cenaida Uribe. Un dos maiores logros neste deporte para Perú foi a obtención dunha medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Seúl 1988.

Entre outros deportes destacan o tenis, cuxo maior expoñente no ano 2008 é Luis Horna; o tiro, que xerou máis medallas para a delegación peruana en Xogos Olímpicos (Edwin Vásquez conseguiu medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de Londres 1948 en pistola libre); o surf, no cal Felipe Pomar en 1965 e Sofía Mulánovich en 2004 e 2005 obtiveron o título mundial nas súas respectivas categorías. Así mesmo o xadrez co GMI Julio Granda e o GMI Emilio Córdova; o primeiro deles ganou o Campionato Mundial Infantil en México á idade de 13 anos e o segundo obtivo a norma de Gran Mestre Internacional aos 16 anos, converténdose no GMI máis novo do Perú e de sudamérica en alcanzar esa norma. O paleta frontón, deporte parecido á pelota vasca, foi creado en Perú arredor de 1945.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. United Nations Development Programme, Human Development Report 2007/2008, p. 230. Consultado o 28-11-2007.
  2. Instituto Nacional de Estadística e Informática, Informe técnico: A pobreza no Perú no ano 2007 (en castelán), p. 3. Consultado o 26-5-2008.
  3. América Economía: Perú, A segunda inflación máis baixa do mundo(en castelán)
  4. Víctor Andrés Belaunde, Peruanidad, p. 472.
  5. Gauvin Alexander Bailey, Art of colonial Latin America, pp. 72–74.
  6. Gauvin Alexander Bailey, Art of colonial Latin America, p. 263.
  7. Edward Lucie-Smith, Latin American art of the 20th century, pp. 76–77, 145–146.
  8. Damián Bayón, "Art, c. 1920–c. 1980", pp. 425–428.
  9. Federación Deportiva Peruana de Paleta Frontón, Paleta frontón: deporte de bandeira feito en Perú (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Perú

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Países do mundo | América do Sur
Arxentina - Bolivia - Brasil - Colombia - Chile - Ecuador - Güiana - Paraguai - Perú - Suriname - Uruguai - Venezuela
Países con parte do seu territorio en América do Sur

Francia (Güiana francesa) - Reino Unido (Illas Malvinas)