Palau Güell

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palau Güell

O Palau Güell (en galego: Pazo Güell) é un pazo da cidade de Barcelona, situado no Carrer Nou (Rúa Nova), en pleno barrio do Raval, moi preto da coñecida Rambla.

Sen dúbida unha das mellores (e menos coñecidas) obras de Antoni Gaudí, o Pazo Güell abarca unha ampla mostra de tódalas características máis salientables da súa Arquitectura, tanto nos aspectos máis superficiais (no bo senso do termo, referido á calidade dos remates dos paramentos) coma nos espaciais. A tecnoloxía constructiva da época mestúrase coa obra artesanal que partindo do ferro, o vidro e a cerámica principalmente van modelando un edificio que se erixe en exemplar pola súa organización e relación coa contorna.

Foi construído entre os anos 1886 e 1888 para o empresario Eusebi Güell, ó cal podemos considerar coma o principal mecenas da obra gaudiniana.

Os paramentos das fachadas, feitos con pedra do Garraf (procedente dunha das canteiras propiedade da familia Güell) están deseñadas dentro dunha idea compositiva orixinal dabondo (para a época en que se fixo) pero que non desentona en absoluto cos edificios tradicionais do barrio.