A Habana - La Habana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "A Habana")

Coordenadas: 23°8′N 82°22′W / 23.133°N 82.367°W / 23.133; -82.367

A Habana - La Habana
Escudo de la Habana.svg Flag of the City of Havana Cuba..png
CollageHavana.jpg
La Habana
Situación xeográfica
LocationHavana.png
Estado: Flag of Cuba.svg Cuba
Provincia: La Habana
Xeografía
Altitude: 5 msnm
Superficie: 721.01 km2 km²
Poboación
Poboación total: 2.135.498 hab. (2010)
Densidade de poboación: 2932.3 hab./km²
Xentilicio: habanero/a
Información
Código postal: 10xxx-19xxx
Alcalde: Marta Hernández Romero
Sitio na web:
Vídeo da Habana

A Habana (La Habana) é a capital, maior porto e principal centro de comercio de Cuba. É a cidade máis grande do Caribe, con 2.201.610 millóns de habitantes (2002).

Foi fundada o 16 de novembro de 1519 polo conquistador español Diego Velázquez de Cuéllar. O seu casco histórico foi declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco.

Historia [editar]

Ver Historia urbana da Habana

O conquistador Diego Velázquez de Cuéllar funda a primeira cidade da Habana na costa sur da illa de Cuba no 1515, mais logo deplázaa á súa posición actual no 1519.

A Habana era na orixe un porto de comercio, e converteuse na capital da colonia española no 1607, e a partir diso no porto español máis frecuentado do Novo Mundo.

A Habana foi queimada por bucaneiros en 1538. Os ingleses conquistárona no 1762, mais trocárona pola Florida ao ano seguinte. Despois de recuperala, os españois converteron a cidade na máis fortificada das Américas.

Nos anos 20 (século XX), durante a prohibición nos Estados Unidos, A Habana convértese no destino de predilección dos americanos; os casinos e nightclubs construíronse a mancheas, mais a maior parte pecháronse en 1959, cando a revolución cubana.

A Habana ten moita herdanza da arquitectura colonial española, e foi clasificada coma patrimonio da humanidade pola UNESCO.

O aeroporto internacional da Habana ten o nome de Aeroporto Internacional José Martí.

Habana P.jpg