Mar Mediterráneo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Mediterráneo é un mar intercontinental (porén, atópase un fondo basáltico ó longo das costas francesas, isto faino un mini océano desde o punto de vista xeolóxico coas súas marxes pasivas, ben representadas nas costas do Languedoc (Francia) situado entre Europa, África e Asia que se estende por unha superficie duns 2,5 millóns de quilómetros cadrados.
O Mediterráneo está unido ao océano Atlántico polo estreito de Xibraltar ao oeste, ao mar de Mármara e ao mar Negro polos Dardanelos e o Bósforo ao leste. O mar de Mármara - pero non o mar Negro - é a miúdo considerado como parte do Mediterráneo. A canle de Suez ao surleste une o Mediterráneo co mar Vermello.
Índice |
[editar] Illas
As principais illas do Mediterráneo son:
- Chipre, Creta e Rodas ao leste, coas outras pequenas illas do mar Exeo;
- Sardeña, Córsega, Sicilia e Malta no centro, acompañadas de outras pequenas illas, como o arquipélago das eólidas, como Lípari e Stromboli ou outras máis achegadas á costa, como Capri;
- Mallorca e Menorca ao oeste, formando o arquipélago das Baleares xunto con Eivissa e Formentera.
[editar] Países
Os países que bordean o Mediterráneo son:
- Ao norte: Francia, Mónaco, Italia, Eslovenia, Croacia, Bosnia-Hercegovina, Montenegro, Albania, Grecia, Chipre e Turquía;
- Ao leste: Líbano, Siria e Israel;
- Ao sur: Exipto, Libia, Tunicia, Alxeria e Marrocos;
- Ao oeste: España;
- No centro: Malta.
[editar] Clima
O clima mediterráneo caracterízase en xeral por uns invernos húmidos e mornos, e por uns veráns secos.
[editar] Partes
O mar Mediterráneo está subdividido en pequenos mares, cada un coa súa propia designación (de oeste a este):
- O mar de Alborán, entre España e Marrocos.
- O mar Menor, ao surleste de España, entre Cartaxena e San Pedro del Pinatar.
- O mar Balear, entre a costa este da península Ibérica e as Illas Baleares.
- O mar de Sardeña, entre a costa oeste de Sardeña e as illas Baleares.
- O mar de Liguria, entre Córsega e Liguria (Italia)
- O mar Tirreno, entre a costa este de Sardeña, a península Itálica e a costa norte de Sicilia.
- O mar Adriático, entre a península Itálica e as costas de Eslovenia, Croacia, Bosnia e Montenegro.
- O mar Xónico, entre a península Itálica, Grecia e Albania.
- O mar Exeo, entre Grecia e Turquía.
- O mar de Libia, entre os golfos de Sidra e Gabés, en Tunisia.
- O mar de Cilia, entre Turquía e Chipre.
- O canle de Sardeña, que separa a costa sur de Sardeña da costa norte de Tunisia.
- O canle de Sicilia, que separa a costa oeste de Sicilia da costa este de Tunisia.