Damasco - دمشق
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Este artigo trata da cidade; para a froita coñecida por este nome, véxase Prunus armeniaca.
A cidade de Damasco (en árabe: دمشق ; Dimashq) é a capital de Siria e a capital máis antiga do mundo. Segundo o Novo Testamento, San Paulo tivo unha visión de Xesús no camiño a Damasco, polo cal a cidade considérase sacra tanto no cristianismo como no islam. Entre os seus atractivos turísticos sobresae a tumba de Saladino, o soado defensor da Terra Santa durante a época das cruzadas.
Índice |
[editar] Poboación
- 4.500.000 habitantes (2005)
[editar] Xeografía
- Altitude: 692 metros.
- Latitude e lonxitude:
De xeito xeral, Damasco está dividida en dous partes. A cidade nova, cos seus edificios ´modernos´, e a cidade antiga, onde se agrupan os atractivos desta capital con 6.000 anos de existencia, que xa aparece mencionada en textos de fai catro milenios e medio.
[editar] Transportes
Preto da cidade atópase o Aeroporto de Damasco.
[editar] A Cidade Antiga
A Cidade Antiga de Damasco foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1979. Ocupa unha superficie de 135 hectáreas, e estaba rodeada por unha muralla romana, da que perduran os lados norte e este, e parte ao lado sur. Consérvanse oito portas, das que a máis antiga, Bab Sharqi, remóntase ao período romano. No sentido das agullas do reloxo, empezando polo norte, son:
- Bab al-Faraj (porta da liberación),
- Bab al-Faradis (porta do paraíso),
- Bab al-Salam (porta da paz), como as dous anteriores, no lado norte da muralla;
- Bab Tuma (porta de santo Tomás), na esquina nordeste,
- Bab Sharqi (porta do leste),
- Bab Kisan, no sueste, por onde, segundo a tradición, San Pablo fuxiu de Damasco, descendido das murallas nun cesto; nesta porta, hoxe pechada, existe unha capela que recorda o suceso;
- al-Bab al-Saghir (porta pequena), no lado sur,
- Bab al-Jabiya, no suroeste, á entrada do zoco Midhat Pasha.
Aínda que a cidade aínda conserva vestixios romanos e bizantinos, a maior parte dos 125 edificios e monumentos incluídos na declaración da UNESCO corresponden á arte islámica.
En primeiro lugar, destaca a Gran Mesquita dos Omeias, construída no século VIII (cara a 705), un dos lugares santos do Islam. O inmenso patio de 122 metros de longo, tapizado de louzas que pertenceron a un monumento romano, ofrece varias exquisitas decoracións. Entre elas, a do tesouro, unha construción que se ergue sobre columnas e que se utilizaba para almacenar o ouro do Estado.
A sala de oración da mesquita contén unha tumba, a de Xoan Bautista, caso excepcional no Islam e vestixio da antiga basílica de san Xoan Bautista.
Segundo a tradición local, o minarete máis alto da mesquita, chamado minarete de Xesús, marca o lugar onde o Mesías volverá á terra o día do xuízo final.
A douscentos metros da Gran Mesquita hai un exemplo de riquísima arquitectura de deseño árabe-otomán, como é o Palacio Azem, do século XVIII. Hoxe é un museo das artes e tradicións e exhibe, nos diversos cuartos, maniquíes que ilustran sobre a vida cotiá nesa residencia, que pertenceu ao gobernador de Damasco.
A Via Recta foi na súa orixe o decumano da Damasco romana; estendíase ao longo de 1500 metros. Hoxe en día, corresponde á rúa Bab Sharqi e ao zoco cuberto Midhat Pasha, un dos máis importantes de Damasco. A rúa Bab Sharqi, chea de pequenas tendas, conduce ao vello barrio cristián de Bab Tuma; ao final da rúa atópase a Casa de Ananías, unha capela subterránea que foi en tempos unha adega.
A cidade vella está sementada de mesquitas -en todo Damasco hai preto de 700- de moi diversas épocas.
[editar] Historia
A capital de Siria coñeceu diversas épocas de ouro: no século VII, por exemplo, cando deixou de estar en mans da Roma de oriente, Bizancio (Istambul), e pasou a ser a sede dun imperio musulmán; daquela época é a mesquita dos Omeias.
Tivo outra idade de ouro no século XIII, aínda que xa cen anos antes, cando Xerusalén caeu en poder dos cruzados, a cidade transformouse nun sitio de resistencia islámica fronte aos embates do “exército de Deus”.
Pasaron os mongoles e os mamelucos e no século XVIII, xa en poder dos turcos do Imperio Otomán, recobrou o brillo que se opacara un pouco. Daquela época datan decenas de palacetes e residencias magníficas, nada ostentosas no exterior pero luxosas portas dentro.
Moita historia cruzou por Damasco, cidade que, ademais, foi durante séculos un punto obrigado de reaprovisionamiento e descanso para as caravanas de vinte mil persoas e dez mil camelos que ían camiño da sacra Meca; aínda faltaba un mes polo deserto.

