Teo
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Teo (homónimos).
| Teo | |
|---|---|
| Casa do Concello | |
| Situación | |
| Xentilicio[1]: | Teense |
| Xeografía | |
| Provincia: | Provincia da Coruña |
| Comarca: | Santiago |
| Poboación: | 17.807 hab. (2009) |
| Área: | 79,3 km² |
| Densidade: | 222,26 hab./km² |
| Entidades de poboación: | 13 parroquias |
| Capital do concello: | Ramallosa |
| Política (2011) | |
| Alcalde: | Martiño Noriega (BNG) |
| Concelleiros: | BNG: 9 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 1 Outros: IN TEO 1 |
| Eleccións municipais en Teo | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes: | 92,97 % |
| Sitio web oficial | |
| www.concellodeteo.com | |
Teo é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Santiago. Segundo o IGE no 2009 había 17.807 habitantes (17.168 no 2006, 16.809 no 2005, 16.428 no 2004, 16.028 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é teense.
| Evolución da poboación de Teo - desde 1900 ata 2009 - | |||||
| 1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 |
| 7.036 | 7.998 | 9.242 | 11.071 | 16.428 | 17.940 |
| Fontes: INE e IGE
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
|||||
| Censo Total | 17.807 |
| Menores de 15 anos | 2.707 (15.20%) |
| Entre 15 e 64 anos | 12.526 (70.34%) |
| Maiores de 65 anos | 2.574 (14.45%) |
Índice |
[editar] Xeografía
O concello de Teo, de 80 km² de superficie, forma parte da comarca de Santiago. Limita ao norte con Ames e Santiago de Compostela, ao sur con Padrón e A Estrada, ao leste con Vedra e ao oeste con Brión e Rois. Abrangue 13 parroquias.
A superficie transcorre desde unha chaira na zona norte, con cumios como Pena Agrela (410 m), Alto de Montouto (339 m) e monte da Pulga (373 m), cara ao val do río Ulla, a menos de 100 m sobre o nivel do mar.
Xeoloxicamente as terras de Teo están constituídas por materiais duros como xistos, lousas e granitos, e rochas sedimentarias nas áreas de menor altura, como os vales do Ulla e Santa Lucía. As superficies de erosión do norte o do oeste do municipio correspóndense con antigos macizos erosionados no secundario, que na actualidade forman unha sucesión de ondulacións con resaltes graníticos nas alturas comprendidas entre os 300 e os 400 m.
A climatoloxía desta zona pertence ao dominio oceánico hiperhúmido, con temperaturas suaves matizadas pola presenza do val do Ulla no sur e pola altitude das áreas setentrionais. A temperatura media anual está entre os 13 e os 14 ºC, descendendo até os 7 e os 9 ºC nos meses de inverno. As precipitacións son elevadas (entre 1.700 e 1.800 mm anuais), especialmente no norte, debido á exposición directa á entrada de masas húmidas.
[editar] Historia
No Antigo Réxime as parroquias de Calo, Cacheiras, Luou, Oza, Rarís, Recesende e Reis, formaban parte da xurisdición do Xiro da Rocha; as parroquias de Bamonde, Lucí, Vilariño e Teo pertencían á xurisdición de Vea; e a parroquia de Lampai pertencía á xurisdición de Quinta. As tres xurisdicións estaban integradas no señorío do Arcebispado de Santiago de Compostela.
A comezos do século XIX, no trienio liberal, a maior parte do territorio ocupado na actualidade por Teo era coñecido co nome de Oza, pertencente ó partido xudicial de Sar. Coa división provincial de 1822 o concello de Oza seguía a formar parte do partido xudicial de Sar, á súa vez dependente da deputación da Coruña. Trala reforma xudicial de 1834 o municipio, xa co nome de Teo, quedou asignado ao partido xudicial de Padrón.
Con todo, no proxecto administrativo de 1835 contaba cunha parroquia máis. A aprobación definitiva de 1836 asignaba a parroquia de Rumille ao concello de Padrón.
[editar] Galería de imaxes
- Artigo principal: Galería de imaxes de Teo.
[editar] Lugares de Teo
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Teo vexa: Lugares de Teo.
[editar] Parroquias
[editar] Personaxes de sona
- Enrique Liste Forján Enrique Líster, militante comunista e militar republicano (1907-1994)
- Gonzalo Rodríguez Mourullo, avogado e escritor (n. 1935)
- Ezequiel Mosquera, ciclista (n. 1975)
[editar] Notas
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
[editar] Véxase tamén
|
|||||
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado cun concello de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados cos concellos de Galicia (nomenclátor) que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |