Austria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Republik Österreich

República de Austria
Bandeira de Austria Escudo de Austria
Bandeira Escudo
Himno nacional: Land der Berge, Land am Strome
 
Location Austria EU Europe.png
 
Capital
 • Poboación
Viena
1.712.903 (2010)
Cidade máis poboada Viena
Linguas oficiais
Alemán1
Forma de goberno República federal
Heinz Fischer
Werner Faymann
Independencia
 • Data
das Forzas Aliadas
27 de xullo de 1955
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 115º
83.872 km²
1,7
2.558 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 92º
8.414.638 (2011 est.)[1]
100,3 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2010)
 • PIB per cápita
Posto 26º
US$ 366.259 millóns
US$ 43.723
PIB (PPA)
 • Total (2010)
 • PIB per cápita
Posto 35º
US$ 330.496 millóns
US$ 39.454
IDH (2010) 0,851 (25º) – Moi alto
Moeda Euro2 (€, EUR)
Xentilicio Austríaco, austríaca
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)
CEST (UTC+2)
Dominio de Internet .at
Prefixo telefónico +43
Prefixo radiofónico OEA-OEZ
Código ISO 040 / AUT / AT

1 O esloveno (falado en Carintia) e o croata e o húngaro (falados en Burgenland) son linguas rexionais recoñecidas.
2 Antes de 2002, o xilin austríaco.

Tódolos países do mundo

Austria (en alemán: Österreich, Österreich.ogg [ˈøːstɐˌʁaɪç] ), oficialmente República de Austria (en alemán: Republik Österreich, Republik Österreich.ogg [Republik Österreich] )), é un estado da Europa central sen saída cara o mar, con máis de 8,4 millóns de habitantes. Fai fronteira con Alemaña e a República Checa ao norte, Eslovaquia e Hungría ao leste, Eslovenia e Italia ao sur, e Suíza e Liechtenstein ao oeste. O territorio de Austria abrangue 83.872 quilómetros cadrados e posúe un clima temperado e alpino. O terreo austríaco é altamente montañoso debido á presenza dos Alpes, polo que tan só o 32% do país se atopa por debaixo dos 500 metros, sendo o seu punto máis alto 3.797 metros. A meirande parte da poboación fala en lingua alemá, a cal é o idioma oficial da República. A parte do alemán, son linguas rexionais oficiais o croata, o esloveno e o húngaro.

As orixes de Austria datan da época do Imperio Romano, cando un reino celta foi conquistado polos romanos ao redor do ano 15 a.C.. Ese territorio pasou a ser a mediados do século I a provincia romana de Noricum, nun área que se correspondería aproximadamente ao actual país. No ano 788 d.C., o rei franco Carlomagno conquistou a area e introduciu o cristianismo. Baixo a dinastía Habsburgo, Austria converteuse nunha das principais potencias europeas. En 1867, o Imperio Austríaco foi pasou ser Austria-Hungría.

O Imperio Austro-Húngaro colapsou en 1918 co fin da Primeira Guerra Mundial, sendo estabelecida en 1919 a Primeira República Austríaca. No Anschluss de 1938, Austria foi ocupada e anexionada pola Alemaña nazi. Esta situación durou até a fin da Segunda Guerra Mundial en 1945, despois de que o país fose ocupado polas forzas aliadas, sendo restaurada a súa antiga constitución democrática. En 1955, despois da restauración definitiva do Estado, Austria declarouse permanentemente neutral.

Hoxe, Austria é unha democracia parlamentar composta por nove estados federais. A capital, é cidade máis grande do país, con 1,7 millóns de habitantes, é Viena. Austria é ademais un dos países máis ricos do mundo, cun PIB nominal per cápita de 43.723 dólares estadounidenses. O país desenvolveu pois un alto nivel de vida, e en 2008 era o número catorce do mundo en Índice de Desenvolvemento Humano. Austria é membro das Nacións Unidas dende 1955, forma parte da Unión Europea dende 1995 e é membro fundador da OCDE. Austria tamén asinou o Acordo de Schengen en 1995, adoptando como moeda o euro en 1999.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O nome alemán de Austria, Österreich, deriva da lingua alto alemá antiga na que se lle denominaba Ostarrîchi, cuxo significado é territorio ou dominio oriental. O primeiro manuscrito onde rexistra esta denominación é o "Ostarrîchi document" de 996 subscrito polo emperador Otón III. A finalidade do texto foi determinar a área gobernada polo conde de Babenberg, Henrique I e, igualmente, sometela á xurisdición do bispo de Frisia. A zona indicada no documento corresponde maiormente ao actual estado austríaco (Land) chamado Burgenland. O nome Austria deriva dunha errónea latinización da palabra xermánica "Leste" (Öst) en "austrō" ou "auster" (metaforicamente significan austral, austrālis). O termo Ostarrîchi, de onde deriva Österreich/Austria, orixinouse probablemente na denominación latina do territorio: Marchia Orientalis.

A súa tradución é marca oriental ou límite oriental, xa que a súa situación xeográfica situábaa no límite sur-oriental do Sacro Imperio Romano. Isto motivo que un nome alternativo para o devandito territorio fose Ostmark. Con todo, o historiador austríaco Friedrich Heer, no seu libro Der kampf um die österreichische identität (A loita pola identidade austríaca), sostén que a denominación germánica Ostarrîchi non foi unha tradución da denominación latina de Marchia Orientalis. A súa orixe remóntase a 2.500 anos antes de Cristo coa cultura celta de Hallstatt que denominaron á zona como Norig, en que No- ou Nor- significa oriental e Rig, que é a orixe da palabra alemá Reich, pode traducirse como dominio ou territorio. A conquista romana habería latinizado o nome como Noricum, pero sen perder o significado intrínseco. O que determinaría o nome primitivo de Ostarrîchi e, con iso, as actuais denominacións de Österreich e Austria.

Historia[editar | editar a fonte]

Prehistoria e Idade Media[editar | editar a fonte]

Escudo de armas do Emperador de Habsburgo.

Colonizada xa dende tempos prehistóricos, as terras centroeuropeas que hoxe son coñecidas como Austria foron habitadas por tribos prerromanas, incluíndo os celtas. Despois da caída do Imperio Romano, do cal a maior parte de Austria foi parte (todo o territorio baixo o Danubio), a área foi invadida por bávaros, eslavos e avaros. Carlomagno conquistou o territorio no ano 788 e promoveu a colonización e a cristianización da zona. Como parte do leste de Francia, as áreas do centro da actual Austria pertencían á casa dos Babenberg. O territorio era coñecido como marchia orientalis e fora dado a Leopoldo de Babenberg en 976.

O primeiro documento que amosa o nome de Austria data do ano 996 onde está escrito Ostarrîchi, referíndose o territorio dos Babenberg. O termo Ostmark parece ser unha tradución do termo marchia orientalis.

Os séculos seguintes caracterizáronse pola colonización do país. En 1156 o Privilegium Minus elevou a Austria ó status de ducado. No ano 1192, os Babenbergs engadíronlle o ducado de Estiria.

Co asasinato de Federico II en 1246, a liñaxe dos Babenbergers desaparece. Otakar III de Bohemia queda co control dos ducados de Austria, Estiria e Carintia trala súa morte. O seu reinado veuse a baixo coa perda da batalla de Dürnkrut da man de Rudolfo de Habsburgo en 1278. A partir dese momento, ata a Primeira Guerra Mundial, a historia de Austria pasará polas mans dos Habsburgo.

Ascenso de Austria a potencia mundial[editar | editar a fonte]

Nos séculos XIV e XV, os Habsburgo comezan a ampliar as terras do condado de Austria. No ano 1438, o Duque Alberte V de Austria foi elixido como herdeiro do seu padrastro, o Emperador Sexismundo. Aínda que Alberte só reinou durante un ano, foi a única excepción nunha longa dinastía de Habsburgos.

Os Habsburgo comenzaron a expandi-las súas terras máis aló do seu condado. En 1477, o Arquiduque Maximiliano, fillo único do Emperador Federico III, casa coa herdeira de Borgoña, adquirindo así a maioría das terras dos Países Baixos. O seu fillo Filipe I de Castela alcumado ¨o fermoso¨ faría crecer as terras da familia ó casar con Xoana de Castela alcumada ¨a tola¨ engadindo ó condado as terras de España e as súas dependencias en Italia, África e no novo mundo.

En 1526, trala Batalla de Mohács, Austria expandiu as súas dependencias, engadindo ó seu reino Bohemia e a parte de Hungría non ocupada polos otománs. A expansión dos Habsburgo nas terras húngaras, tivo como consecuencia , a chamada a ¨Longa guerra¨ que durou dende 1593 a 1606.

Austria como potencia mundial[editar | editar a fonte]

O congreso de Viena por Jean-Baptiste Isabey, 1819.

O longo reinado de Leopoldo I (1657-1705) viu a fin do conflito entre Austria e o Imperio Otomán. Trala batalla de Viena en 1683 e tras unha serie de campañas, asínase o Tratado de Carlowitz, polo que se incorpora en 1699 o territorio húngaro ó territorio austríaco.

Ó final do reinado de Carlos VI (1711-1740) viu como perigaba o futuro de Austria, debido ós receos de Carlos pola inminente desaparición da casa dos Habsburgo ó non ter herdeiros homes. Carlos estaba disposto a ofrecer todo tipo de vantaxes para poder publicar unha pragmática sanción que fixera á súa filla María Teresa a súa herdeira.

A Guerra de Sucesión Austríaca (1740 - 1748) chegou a ser inevitable despois de que María Teresa de Austria sucedera en 1740 ó seu pai Carlos VI nos seus dominios converténdose en raíña de Hungría e de Bohemia, arquiduquesa de Austria, duquesa de Parma, de Piacenza, e de Guastalla. Que unha muller herdara tan extensos territorios, na súa época, implicou moitas complicacións e o emperador Carlos VI anticipounas de longo, conseguindo aprobar a Pragmática Sanción de 1713. O plan estaba en ser ela elixida para os dominios hereditarios dos Habsburgo e o seu marido, Francisco I, duque de Lorena, ser elixido emperador.

A finais do século XVIII Austria enfrontouse á Francia revolucionaria , conflito que finalizou no ano 1797 coa derrota de Austria. A derrota contra Napoleón significou a fin do Sacro Imperio Romano Xermánico en 1806. Dous anos antes da fin do reino, en 1804 o Imperio de Austria fora fundado, transformándose en 1867 na monarquía dúal do Imperio Austrohúngaro. A pesares diso, en 1814 Austria formou parte das forzas aliadas invandindo Francia e conquistándoa. Tralas guerras contra Napoleón Austria emerxeu do Congreso de Viena en 1815 como unha das tres potencias dominantes de Europa (xunto con Rusia e Prusia).

O Ausgleich de 1867 proveu ó Imperio de Austria e ó Reino de Hungría dunha dobre soberanía, baixo o mandato de Francisco Xosé I, quen gobernou ámbolos dous reinos ata a súa morte o 21 de novembro de 1916. O reinado do Imperio Austrohúngaro, o que incluía terras alemás, checas, romanesas, serbias, entre outras, comezou a facerse máis e máis difícil cos agromos dos sentimentos nacionalistas.

Austria na Primeira Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

O asasinato do Arquiduque Francisco Xosé, por un radical Serbio na cidade de Saraxevo, fixo que en 1914 estourase a Primeira Guerra Mundial e a desintegración do Imperio Austrohúngaro. Durante a guerra, Austriahungría foi unha das Potencias Centrais xunto con Alemaña, Bulgaria, e Turquía, a guerra acabou deixando ó país nun caos político e económico. Austria, unha vez separada de Hungría, convertíase nunha república en 1918. (Vexa Tratado de Saint-Germain.)

Entre 1918 e 1919 Austria foi coñecida co nome de Austria alemá (Republik Deutschösterreich). Despois de que os Aliados da Segunda Guerra Mundial prohibiran a unión de Alemaña con Austria, prohibíndolle tamén o nome, sendo coñecida dende aqueña co nome de República de Austria.

A monarquía disolveuse en 1919, sendo declarada a democracia parlamentaria e maila constitución o 10 de novembro de 1920.

Austrofascismo e o Terceiro Reich[editar | editar a fonte]

Esta república democrática, a primeira República Austríaca, durou ata 1933 cando o chanceler Engelbert Dollfuss estableceu un réxime autocrático orientado ó fascismo italiano (Austrofascismo) o chanceler Engelbert Dollfuss, foi asasinado polo Nazismo o 25 de xullo de 1934. Kurt Schuschnigg, o seu sucesor, tratou de manter o estado independente, pero o 12 de marzo de 1938, as tropas alemás ocuparon o país, e Hitler proclamou o seu Anschluss con Alemaña, uníndoo ó Terceiro Reich.

Despois da Segunda Guerra Mundial, os Estados Unidos e o Reino Unido declararon a nova liberdade de Austria. Tras concluír o seu tratado coa Unión Soviética e os outros poderes ocupantes, Austria recuperou a súa independencia de novo o 15 de maio de 1955. A segunda República Austríaca, establecida o 19 de decembro de 1945, e baseada na constitución de 1920 (modificada no 1929), foi declarada polo parlamento federal como permanentemente neutral.

Historia recente[editar | editar a fonte]

Austria converteuse nun estado membro da Unión Europea en 1995, conservando a súa estrita constitución neutral e coa prohibición de tropas estranxeiras no seu territorio.

Política[editar | editar a fonte]

Parlamento austríaco en Viena
Imaxe do chanceler austríaco Alfred Gusenbauer

Austria é unha república federal e democrática gobernada segundo unha constitución que data de 1920, aínda que foi modificada máis tarde.

O poder executivo é exercido polo presidente, que é elixido por sufraxio universal cada seis anos, e polo Consello de Ministros que dirixe un chanceler, designado polo presidente para un período non superior a catro anos.

O parlamento é bicameral, composto por:

  • Consello Nacional (Nationalrat), con 183 membros, e
  • Consello Federal (Bundesrat), con 64 membros.

Principais partidos:

  • Partido Socialdemócrata de Austria (SPÖ),
  • Partido Popular Austríaco (ÖVP),
  • Os Verdes - Alternativa Verde (Die Grünen),
  • Partido Liberal Austríaco (FPÖ)
  • Liga polo Futuro de Austria (BZÖ)
  • Foro Liberal (LIF)
  • Partido Comunista de Austria (KPÖ)
  • A Lista Hans-Peter Martin (HPM)

Divisións administrativas[editar | editar a fonte]

Como república federal, Austria está subdividida en nove estados (Bundesländer en alemán). Cadanseu estado está dividido en distritos (Bezirke) e cidades (Statutarstädte). Os distritos están divididos en municipios (Gemeinden). As cidades teñen as competencias dos estatutos de municipio e distrito. Os estados non constitúen divisións só administrativas; dispoñen de autoridade lexislativa autónoma en relación ó goberno federal.

Estados de Austria
En galego En alemán
Estado Capital Bundesland Landeshauptstadt
1 Burgenland Eisenstadt Burgenland Eisenstadt
2 Carintia Klagenfurt Kärnten Klagenfurt
3 Baixa Austria St. Pölten Niederösterreich St. Pölten
4 Alta Austria Linz Oberösterreich Linz
5 Salzburgo Salzburgo Salzburg Salzburg
6 Estiria Graz Steiermark Graz
7 Tirol Innsbruck Tirol Innsbruck
8 Vorarlberg Bregenz Vorarlberg Bregenz
9 Viena Viena Wien Wien

Xeografía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Xeografía de Austria.
Mapa de Austria.

A maior parte do territorio de Austria está dentro da sección oriental dos Alpes que acadan alturas de máis de 3.000 m. o que fai do país un destino importante para os practicantes de deportes de inverno. A montaña máis elevada é o Grossglockner, con 3.798 metros sobre o nivel do mar. A poboación se concentra nos vales dos ríos entre os que destaca o máis importante, o Danubio, que entra en Austria por Passau, na fronteira con Alemaña; pasando por Linz e Viena, ata Bratislava, na fronteira con Eslovaquia. En Alemaña recibe o Inn, que pasa por Innsbruck, co seu afluente o Salzach, que pasa por Salzburgo.

O lago Constanza é o máis grande do país e forma a fronteira oeste con Liechtenstein e Suíza.

O clima austríaco é temperado e se caracteriza polos seus invernos fríos e veráns frescos.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Austria.
Austria converteuse en socio da Unión europea en 1995.

Austria posúe unha desenvolvida economía social de mercado e un alto nivel de vida. Ata a década de 1980 moitas das grandes firmas austríacas foron nacionalizadas, esta tendencia virou nas últimas décadas coa chegada das privatizacións, axustándose así á media europea. Os movementos laborais son particularmente fortes en Austria e teñen unha grande influencia nas políticas de traballo.

Alemaña é dende tempos históricos, o maior socio comercial de Austria, facendo que a economía austríaca sexa vulnerable ós cambios da economía alemá. Dende que Austria se converteu en membro da Unión Europea o país viu reforzado as súas relacións económicas con outros países membros , reducindo a súa dependencia da economía alemá. Ademais, a estratéxica situación xeográfica de Austria preto dos países aspirantes á unión europea fixo que moitos inversores estranxeiros, atraídos polas economías emerxentes investisen no país. As estimacións de crecemento do país para o 2006 (sobre un 3%) son moito máis favorables que as da economía veciña alemá.

A moeda oficial de Austria é o Euro.

Demografía[editar | editar a fonte]

Composición étnica de Austria
austríacos
  
92%
eslovenos, húngaros, checos, eslovacos e croatas
  
4%
turcos
  
1.6%
outros
  
2.4%

Os austríacos son un grupo homoxéneo, aínda que nas últimas décadas, a forte inmigración a Austria está a cambiar a composición étnica do país.

Segundo o censo do 2001, o 88.6% da poboación son falantes nativos de alemán (96% Bávaro e 4% Alemánico) mentres que o 11.4% restante fala diferentes linguas minoritarias. Os falantes non alemáns de Austria pódense dividir en dous grupos: as minorías tradicionais, relacionados cos antigos territorios do Imperio dos Habsburgo, e as novas minorías, resultantes da nova inmigración.

Cultura[editar | editar a fonte]

Austria foi a terra natal de varios compositores famosos, como Wolfgang Amadeus Mozart, Johann Strauss (pai e fillo), Arnold Schoenberg, Anton Webern, Alban Berg. Outros austríacos famosos foron os físicos Ludwig Boltzmann e Erwin Schrödinger, os filósofos Ludwig Wittgenstein e Kurt Gödel, o psicanalista Sigmund Freud, o poeta Peter Rosegger, e o pintor Gustav Klimt.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Austria

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]