Liechtenstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fürstentum Liechtenstein
Principado de Liechtenstein
Bandeira de Liechtenstein Escudo de Liechtenstein
Bandeira Escudo
Lema: Für Gott, Fürst und Vaterland (alemán: «Por Deus, o Príncipe e a patria»)
Himno nacional: Oben am jungen Rhein
 
Europe location LIE.png
 
Capital
 • Poboación
Vaduz
4.949 (2001)
Cidade máis poboada Schaan
Linguas Alemán
Forma de goberno Monarquía constitucional
Hans-Adam II
Alois de Liechtenstein
Klaus Tschütscher
Independencia
12 de xullo de 1806
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 223º
160 km²
Insignificante
76 km
non ten km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 187º
34.913 (2005)
203 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total
 • PIB per cápita

n/d
n/d
PIB (PPA)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 179º
US$ 2.498.471 millóns
US$ 34.000
IDH n/d
Moeda Franco suízo
Xentilicio de Liechtenstein
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)
CEST (UTC+2)
Dominio de Internet .li
Prefixo telefónico +423
Prefixo radiofónico non ten
Código ISO 438 / LIE / LI
Membro de: EFTA, ONU, OSCE
Tódolos países do mundo

Liechtenstein é un minúsculo principado do centro da Europa, encravado nos Alpes, entre a Austria, ao leste, e a Suíza ao oeste. Non ten saída o mar e é coñecido por ser un paraíso fiscal.

Índice

[editar] Historia

O moderno territorio coñecido como Liechtenstein foi antes unha parte (aínda que diminuta) da provincia de Recia do antigo Imperio Romano. Durante séculos este territorio, xeograficamente excluído dos intereses estratéxicos europeos, contribuíu pouco á historia europea. Antes do goberno da dinastía actual, a rexión era un recinto feudal dunha das primeiras liñas da Casa dos Habsburgo. A Casa de Liechtenstein que goberna actualmente ten a súa orixe na afastada Silesia.

A dinastía de Liechtenstein, da cal o Principado toma o seu nome (máis que ao revés) estaba entre as familias nobres máis poderosas de Alemaña ao final da Idade Media. A pesar diso, e aínda que posuísen grandes terreos en Alemaña, estes custosos territorios estaban dados nun réxime feudal baixo o dominio de señores feudais, principalmente da Casa dos Habsburgo. Polo tanto, sen posuír ningún territorio directamente baixo o mandato Imperial, a dinastía Liechtenstein non cumpría o requisito imprescindible para poder formar parte da Reichstag.

En 1699 o príncipe Johann Adam de Liechtenstein comprou o dominio de Schellenberg e en 1712 o condado de Vaduz. Ao adquirir estes dous condados pretendía, deste xeito, un lugar no goberno do Sacro Imperio Romano. O 23 de xaneiro de 1719 o emperador Carlos VI decretou que os condados de Vaduz e Schellenberg se unisen para formar un principado co nome de Liechtenstein en honra ao seu servo Anton Florian de Liechtenstein. É neste momento cando Liechtenstein convértese nun estado soberano do Sacro Imperio Romano Xermánico. Ironicamente, aínda que como proba da importancia política que tiñan estas compras de territorios, os Príncipes de Liechtenstein non pisaron os seus dominios no principado ata varias décadas máis tarde.

En 1806, o Sacro Imperio Romano foi invadido por Francia. Este feito trouxo grandes consecuencias para Liechtenstein. As maquinarias legais e políticas do Imperio derrubáronse cando o Emperador abdicou. O propio Imperio disolveuse. O resultado da disolución foi que Liechtenstein xa non tiña obrigas para ningún señor feudal máis aló das súas fronteiras. Algunhas publicacións modernas atribúen (incorrectamente) a soberanía de Liechtenstein a estes sucesos. En realidade, o seu príncipe converteuse no único señor soberano do principado.

Ata a fin da Primeira Guerra Mundial Liechtenstein estaba fortemente ligado con Austria, pero a devastación económica causada por ese conflito forzou ao país a concluír unha unión monetaria e aduaneira con Suíza. Desde a Segunda Guerra Mundial, na cal Liechtenstein permaneceu neutral, os baixos impostos do país estimularon un notable crecemento económico.

[editar] Cronoloxía de Liechtenstein

  • 1342 - Vaduz aparece citada pola primeira vez
  • 1699 - O Príncipe Johann Adan Andreas adquire as terras correspondentes a Schellenberg e en 1712 as terras correspondentes a Vaduz
  • 1719 - É elevado a Principado Imperial de Liechtenstein
  • 1806 - Independízase
  • 1868 - Abolición das forzas armadas
  • 1921 – Promúlgase unha nova constitución
  • 1924 - Firma do tratado coa Suíza e introdución do franco suízo na súa economía
  • 1978 - Ingresa no Consello da Europa
  • 1990 - Ingresa na ONU
  • 1991 - Ingresa na EFTA Asociación Europea de Libre Comercio)
  • 1995 - Adhérese á Área Económica Europea e mais á OMC (Organización Mundial de Comercio)

[editar] Política

Artigo principal: Política de Liechtenstein.

Liechtenstein é unha monarquía parlamentaria e democrática. O xefe de estado é o príncipe, ou Fürst, que desde 1989 é Hans-Adan II do Liechtenstein.

[editar] Lista de príncipes do Liechtenstein

  • Karl I 1569-1627 1608-1627
  • Karl Eusebius 1611-1684 1627-1684
  • Johann Adan Andreas 1657-1712 1699-1712
  • Josef Wencel 1696-1772 1712-1718 (1732-1745, 1748-1772)
  • Anton Florian 1656-1721 1718-1721
  • Josef Johann Adan 1690-1732 1721-1732
  • ( Josef Wencel ) 1696-1772 1732-1745 (1712-1718, 1748-1772)
  • Johann Nepomuk Karl 1724-1748 1732-1748
  • ( Josef Wencel ) 1696-1772 1748-1772 (1712-1718, 1732-1745)
  • Franz Josef I 1726-1781 1772-1781
  • Alois I 1759-1805 1781-1805
  • Johann Josef I 1760-1836 1805-1836
  • Johannes II 1840-1929 1858-1929
  • Franz I 1853-1938 1929-1938
  • Franz Josef II 1906-1989 1938-1989
  • Hans Adan II 1945- 1989-

O 15 de Agosto de 2004 , Hans Adan II formalmente delegou o seus poderes no seu fillo, Alois de Liechtenstein. Hans Adan II, con todo, mantense como xefe de estado.

[editar] Subdivisións

Vaduz, capital de Liechtenstein
Artigo principal: Subdivisións do Liechtenstein.

O Liechtenstein está dividido en 11 comunidades (Gemeinden - singular Gemeinde), moitas delas son só unha única cidade.

[editar] Xeografía

Mapa do Liechtenstein
Artigo principal: Xeografía do Liechtenstein.

O Liechtenstein está localizado no val do Rhin nos Alpes. A fronteira occidental do Liechtenstein coincide con parte deste río. A parte oriental do país ten unha altitude máis elevada. O punto máis elevado é o Grauspitz, a 2.599 m.

A pesar da súa localización alpina, o vento predominante é o vento de sur, o que torna o clima máis ameno. No inverno, poden practicarse deportes de inverno.

[editar] Economía

Artigo principal: Economía do Liechtenstein.

A pesar de posuir limitados recursos naturais e ter un territorio pequeno, Liechtenstein é unha economía próspera, ben industrializada e ben servida dun sector de servizos financeiros. Por iso, posúe un padrón de vida comparable ao dos seus grandes veciños europeos. A economía de Liechtenstein é diversificada, con gran número de empresas de pequeno porte. Os baixos impostos de negocio (a taxa máxima de imposto é 20%) e regras fáciles da incorporación atraeron empresas estranxeiras para abrir escritorios nominais, fornecendo o 30% do rendemento ao Estado. O país tamén é coñecido por ser paraíso fiscal para fondos de investimento e bancos, que se interesan pola integración do país no sistema bancario internacional, a estabilidade política, a boa infraestrutura, os baixos impostos e a posición xeográfica favorable. Estas condicións atraen sociedades offshore.

Liechtenstein tamén posúe un tratado aduaneiro desde 1924 coa Suíza, o que permite que o país actúe dentro da zona comercial e aduaneira helvética. En 1995, o país pasou a integrar da AELC (Asociación Europea de Libre Comercio). O goberno local tamén está adecuando as políticas económicas coas comunmente feitas polos países da Unión Europea.

  • Moeda oficial: franco suízo.

[editar] Demografía

Artigo principal: Demografía do Liechtenstein.

[editar] Cultura

Artigo principal: Cultura do Liechtenstein.

[editar] Véxase tamén

[editar] Outros artigos

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas