Arquitectura mudéxar de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ciborio da catedral de Teruel.

A arquitectura mudéxar aragonesa é unha corrente estética dentro da arte mudéxar que tén o seu centro en Aragón (España).

En 1986 o conxunto mudéxar de Teruel, que inclúe a Catedral de Santa María e máis as igrexas de San Pedro, San Martiño e O Salvador, foi declarado Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. A declaración foi ampliada no 2001, para incluír outros monumentos mudéxares aragoneses: a Colexiata de Santa María en Calatayud, a igrexa de Santa Tecla en Cervera de la Cañada, a igrexa de Santa María en Tobed e máis o Palacio da Aljafería e A Seo en Zaragoza.