Casaquistán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Qazaqstan Respublikasy
Республика Казахстан
Respúblika Kazaxstán
República de Casaquistán
Bandeira de Casaquistán Escudo de Casaquistán
Bandeira Escudo
Lema: ningún
Himno nacional: Meniñ Qazaqstanım
 
Kazakhstan (orthographic projection).svg
 
Capital
 • Poboación
Astana¹
538.000 hab. (2005)
Cidade máis poboada Almati
Linguas oficiais
Casaco²
Forma de goberno República presidencialista
Nursultan Nazarbayev
Karim Massimov
Independencia
da Unión Soviética
16 de decembro de 1991
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 9º
2.727.300 km²
1,7 %
12.012 km km
0 km km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 61º
15.233.244
6,2 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 56º
US$ 77.237 millóns
US$ 5.113 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 56º
US$ 137.964 mill.
US$ 9.134 (2006)
IDH (2007) 0.794 (73º) – medio
Moeda Tenge (KZT)
Xentilicio Casaco/a
Fuso horario
 • en verán
UTC + 5 a + 6
non aprica
Dominio de Internet .kz
Prefixo telefónico +7
Prefixo radiofónico UNA-UQZ
Código ISO 398 / KAZ / KZ
Membro de: ONU, OSCE, CEI, OCS, OCE

¹ Chamada Akmola até xuño de 1998.
² Tamén se fala o ruso e alemán, pero estes non son oficiais.

Tódolos países do mundo

Casaquistán[1] é un país fundamentalmente asiático, aínda que tamén inclúa unha rexión relativamente pequena que, xeograficamente, pertence á Europa: a área entre o río Ural e a fronteira rusa, o punto máis oriental do continente europeo. Limita ao norte e oeste coa Rusia (6.846 quilómetros de fronteira), ao este coa China (1.533 km), a sur co Quirguicistán (1.051 km), o Uzbequistán (2.203 km) e Turkmenistán (379 km) e a oeste co Mar Caspio. É o noveno país máis grande do mundo por superficie, mais ten unha densidade de 6 persoas por quilómetro cadrado.

O Casaquistán foi un dos países que se tornaron independentes coa disolución da Unión Soviética, téndose declarado independente o 16 de decembro de 1991.

Historia[editar | editar a fonte]

Os casacos, ou cabaleiros das estepas, descenden de tribos nómades de orixe turca e relixión islámica que, no século XVII, piden protección ao tsar ruso diante da ameaza de invasión mongola. O Imperio Ruso retira o poder dos xefes tribais e domina gradualmente o Casaquistán.

Coa abolición da servidume polo imperio, no 1861, millóns de labregos rusos e ucraínos instálanse nas terras casacas doadas polo goberno central, provocando resentimentos entre os nativos. O exército tzarista reprime unha rebelión contra o poder ruso no 1916, matando 150.000 persoas.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Casaquistán é o maior país da Asia Central e inclúe tamén unha porción de territorio pertencente á Europa, delimitado polo río Ural a oriente, pola fronteira rusa a occidente e ao norte e polo mar Caspio ao sur. O terreo é practicamente chan, excepto ao longo das fronteiras leste e sueste (coa Rusia, a China e mais o Quirguicistán) e na cordilleira Karatau, ao sur, incluíndo vastas áreas situadas por baixo do nivel do mar. O punto mais baixo é a depresión de Kaundy, que chega aos 132 m por baixo do nivel do mar. As montañas orientais poden atinxir altitudes bastante elevadas, como os 6.995 m do pico Khan-Tengri, o punto mais elevado do país.

A maior parte do territorio está cuberta por deserto, semi-deserto e estepa, aínda que ao norte o país atinxa a zona da taiga. O clima é continental, con veráns quentes e invernos fríos.

Organización político-administrativa[editar | editar a fonte]

Kazakhstan provinces.svg
Artigo principal: Subdivisións de Casaquistán.

Casaquistán está formado por 14 provincias (oblystar; en singular: oblys) e tres cidades (qala; en singular: qalasy). A súa vez, as provincias divídense en distritos.


Provincia Capital Área (km²) Poboación
Akmola Kokshetau 121,400 829,000
Aktobe Aktobe 300,600 661,000
Almat(1) Almaty 324.8 1,226,300
Provincia de Almati Taldykorgan 224,000 860,000
Astana(1) Astana 710.2 600,200
Atyrau Atyrau 118,600 380,000
Baiconur(2) Baikonur 57 70,000
Casaquistán oriental Oskemen 283,300 897,000
Karagandy Karagandy 428,000 1,287,000
Kostanay Kostanay 196,000 975,000
Kyzylorda Kyzylorda 226,000 590,000
Mangystau Aktau 165,600 }316,847
Casaquistán setentrional Petropavl 123,200 586,000
Pavlodar Pavlodar 124,800 851,000
Casaquistán meridional Shymkent 118,600 1,644,000
Casaquistán occidental Oral 151,300 599,000
Zhambyl Taraz 144,000 962,000

Notas:[2]

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Casaquistán.

Mapas e imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Kazhakhstán emprega a Diciopedia do século 21
  2. CIA World Factbook: Kazakhstan.
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Casaquistán

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]