UEFA Europa League
| Fundación | 1971 (2009 no seu formato actual) |
|---|---|
| Rexión | Europa (UEFA) |
| Equipos | 48 (fase de grupos) 193 (con roldas previas) |
| Actual campión | |
| Máis laureado | (En tres ocasións) |
| Sitio web | www.uefa.com |
| Europa League 2011-12 | |
A Liga Europa (en inglés: UEFA Europa League) é unha competición internacional de fútbol que disputan aqueles equipos que, ou ben gañan as copas das súas respectivas federacións nacionais, ou ben quedan en postos inmediatamente inferiores aos que dan acceso a xogar na Liga de Campións da UEFA nas competicións oficiais de liga das súas federacións.
Foi creada pola UEFA en 1971 baixo o nome de Copa da UEFA (co que se coñeceu ata a tempada 2008-09) en substitución da Copa de Cidades en Feira, torneo que non estivo afliliado á devandita confederación.
Índice |
Historia[editar]
A Copa da UEFA foi xogada por vez primeira en 1971, sendo o Tottenham o seu primeiro gañador. De tódolos xeitos, o de "un club por cidade", herdado da Copa de Feiras, rematou en 1975; o Everton F.C. de Liverpool finalizara cuarto na Liga Inglesa e puido así clasificarse, pero foron excluídos da participación porque o Liverpool F.C. tamén se clasificara por quedar segundo. O Everton apelou, dicindo que a regra era un anacronismo, e a UEFA amosouse de acordo en cambiala.
O sistema de competición consiste en enfrontamentos a dobre partido, ida e volta, entre equipos designados por sorteo. Até 1996, as finais tamén se disputaban en partidos a ida e volta, nos estadios dos dous contendentes. Dende 1997 a final dispútase a partido único, en campo neutral, e o campión obtén dende o ano 2000 o privilexio de enfrontarse ó campión da Liga de Campións na Supercopa de Europa. Até entón ese privilexio era do campión da Recopa.
Hoxe en día, os clubs teñen diferentes vías para clasificarse a esta competición, e acoden a ela máis equipos dos países con maior puntuación no Ranking da UEFA. Nestes clasifícanse os equipos que quedan tralos clasificados para a Liga de Campións. Tamén se clasifican os campións das ligas de países con peor posición no Ranking, os gañadores dos trofeos de Copa ou equipos eliminados da Liga de Campións. Antes tamén xogaban os que se clasificaban mediante a Copa Intertoto. Tamén participan equipos invitados pola UEFA por motivos como o xogo limpo.
En 2004, a UEFA introduciu unha modificación no formato da competición, engadindo unha segunda rolda previa, e transformando a segunda eliminatoria nunha fase de grupos, con oito grupos de cinco equipos cada un, que se enfrontan entre si unha única vez (dúas veces en casa e dúas veces fora), pasando a dezaseisavos os tres primeiros clasificados de cada grupo, máis os oito terceiros da fase de grupos da Liga de Campións.
En 2009 cambia de nome polo de UEFA Europa League (Liga Europa da UEFA).
Finais[editar]
Finais a dobre partido[editar]
En negriña o resultado no campo do campión
Finais a partido único[editar]
| Tempada | Campión | Subcampión | Resultado | Notas |
|---|---|---|---|---|
| 1997–98 | 3-0 | |||
| 1998–99 | 3-0 | |||
| 1999–00 | 0-0 | pen. 4-1 | ||
| 2000–01 | 5-4 | |||
| 2001–02 | 3-2 | |||
| 2002–03 | 3-2 | |||
| 2003–04 | 2-0 | |||
| 2004–05 | 3-1 | |||
| 2005–06 | 4-0 | |||
| 2006–07 | 2-2 | pen. 3-1 | ||
| 2007–08 | 2-0 | |||
| 2008–09 | 2-1 | |||
| 2009–10 | 2-1 | |||
| 2010–11 | 1-0 | |||
| 2011–12 | 3-0 | |||
| 2012–13 | 2-1 |
Palmarés[editar]
Por equipos[editar]
Por países[editar]
| País | Títulos | Subcampionatos |
|---|---|---|
| 9 | 6 | |
| 7 | 5 | |
| 7 | 5 | |
| 6 | 8 | |
| 4 | 2 | |
| 2 | 4 | |
| 2 | 0 | |
| 2 | 0 | |
| 1 | 2 | |
| 1 | 0 | |
| 1 | 0 | |
| 0 | 4 | |
| 0 | 3 | |
| 0 | 1 | |
| 0 | 1 | |
| 0 | 1 |
Estatísticas[editar]
Equipos españois[editar]
| Equipo | Participacións | Gañador |
|---|---|---|
| Atlético de Madrid | 19 | 2 |
| Valencia CF | 16 | 1 |
| Athletic Club | 14 | |
| FC Barcelona | 11 | |
| Sevilla FC | 10 | 2 |
| Real Madrid | 9 | 2 |
| Real Sociedad | 8 | |
| Real Zaragoza | 8 | |
| RCD Espanyol | 7 | |
| Celta de Vigo | 7 | |
| Sporting de Gijón | 6 | |
| Real Betis | 6 | |
| Deportivo | 5 | |
| CA Osasuna | 4 | |
| Villarreal CF | 4 | |
| RCD Mallorca | 3 | |
| UD Las Palmas | 2 | |
| Deportivo Alavés | 2 | |
| Real Valladolid | 2 | |
| CD Tenerife | 2 | |
| Getafe CF | 2 | |
| Real Oviedo | 1 | |
| Rayo Vallecano | 1 | |
| Málaga CF | 1 | |
| Racing de Santander | 1 | |
| Levante UD | 1 |
- Actualizado ata a tempada 2012/13.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
|
|||||||||||||
|
||||||||