Bildu
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Bildu | |
|---|---|
| Partido político de Euskadi e Navarra | |
| Líder | Pello Urizar, Maiorga Ramírez, Oskar Matute, Bakartxo Ruiz |
| Fundación | 3 de abril de 2011 |
| Ideoloxía | Esquerda abertzale, nacionalismo vasco, soberanismo, independentismo |
Bildu (Reunirse en éuscaro) é unha coalición política cunha ideoloxía nacionalista vasca e situado no chamado polo soberanista e independentista, conformada polos partidos Eusko Alkartasuna, Alternatiba, a plataforma cidadá Herritarron Garaia e outros independentes abertzales e de esquerdas.[1] Os seus integrantes afirmaron a súa vontade de continuar o proxecto de coalición máis alá das eleccións de 2011. Presentaron candidaturas nas eleccións do mes de maio de 2011, como foron as eleccións ao Parlamento de Navarra, as Xuntas Xerais de Araba, de Guipúscoa e de Biscaia, e as eleccións municipais españolas de 2011 en Euskadi, Navarra e no Condado de Treviño (Castela e León).
Notas [editar]
- ↑ "Bildu acude a las elecciones con un proyecto a largo plazo" (en castelán). Gara. 4 de abril de 2011. http://www.gara.net/paperezkoa/20110404/257903/es/Bildu/acude/a/las/elecciones/con/un/proyecto/a/largo/plazo/.