Grecia - Ελλάδα

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende Grecia)
Ελληνική Δημοκρατία
Elliniki Dimokratia

República Helénica

Bandeira da Grecia

Escudo da Grecia

Lema: Ελευθερία ή θάνατος

(Grego: Liberdade ou morte)

Lingua oficial Grego
Capital Atenas
Presidente Karolos Papoulias
Primeiro ministro Costas Caramanlis
Área

- Total
- % auga

94º maior

131,940 km²
0.86%

Poboación
- Total (2001)
- Densidade
70º máis poboado
10 964 020
80,5 h/km²
Independencia
- Declarada
- Recoñecida
do Imperio Otomano
25 de marzo de 1821
1828
Moeda Euro¹, moedas de euro gregas
'Fuso horario'

 - no Verán

EET (UTC+2)

EEST (UTC+3)

Himno nacional Imnos pros tin Eleftherian
TLD (Internet) .GR
Código telefónico 30
(1) Antes de 2001: dracma



Grecia (en grego: Ελλάδα) é o país máis meridional dos Balcáns e confina ao norte con Antiga República Iugoslava da Macedonia (ARIM) e Bulgaria, ao leste con Turquía, en fronteira terrestre, con fronteira marítima no Mar Exeo, ao sur co Mar Mediterráneo e ao oeste co Mar Xónico, a través do cal ten ligazóns con Italia, e con Albania.

Índice

[editar] Nome

O nome histórico de Grecia en grego é Ἑλλάς,Elás. Deste nome tamén deriva "helénico", onde o "h" inicial vén da pronuncia no grego antigo cun son aspirado inicial (como o "h" en inglés). No grego moderno chámase comunmente Ελλάδα Elada /ɛˈlaða/. En moitas linguas europeas, o nome é (galego, español e italiano: Grecia, portugués: Grécia, inglés: Greece, francés: Grèce, alemán: Griechenland, ruso: Греция, etc.) provén dunha raíz distinta, Γραικός, Graikós que segundo Aristóteles era o antigo nome dos gregos. Por outra banda, o nome en varios países asiáticos (turco: Yunanistan, árabe: يونان, hebreo: יוון, persa antigo: Yaunâ, pali: Yona, malasio e indonesio: Yunani) deriva de Ἰωνία "ionía", a rexión de Xonia.

[editar] Historia

A Acrópole en Atenas, Grecia.
A Acrópole en Atenas, Grecia.
Torre branca en Tesalónica, Grecia.
Torre branca en Tesalónica, Grecia.
Rúa Aristóteles en Tesalónica, Grecia.
Rúa Aristóteles en Tesalónica, Grecia.

A antiga Grecia tiña límites con Iliria e Macedonia ao norte, ao leste co Mar Exeo, ao oeste co Mar Xónico, e ao sur co Mar Mediterráneo. Tiña 77.000 Km². As súas montañas, co ceo case sempre azul e o seu clima suave facía de Grecia un dos máis marabillosos países do mundo antigo.

Foi nese pequeno país no que a primeira civilización europea comezou hai máis de dous mil anos. Naquel tempo, Grecia dominaba grandes áreas das marxes do Mediterráneo e do mar Negro. Actualmente, Grecia ten un poder reducido, sendo un dos países menos desenvolvidos da Europa. Atenas é a capital e maior cidade do país. En Atenas e noutras partes da Grecia, existen espléndidas ruínas que son monumentos do pasado glorioso da nación.

Hai milleiros de anos, os gregos estabeleceran tradicións de xustiza e liberdade individual que son as bases da democracia. A súa arte, filosofía e ciencia tornáranse fundamentos do pensamento e da cultura occidentais. Os gregos da antigüidade chamábanse a si mesmos helenos (todos os que falaban grego, aínda que non vivisen en Grecia), e daban o nome de Hélade á súa terra. Os que non falaban grego eran chamados bárbaros. Nunca chegaron a formar un goberno nacional, porén estaban unidos pola mesma cultura, relixión e lingua.

Ver tamén Grecia Clásica

[editar] Política

Desde 1975, coa adopción da nova Constitución, Grecia é unha democracia republicana parlamentaria. A monarquía foi rexeitada o 8 de decembro de 1974. Grecia obtivo a independencia en 1829, separándose do Imperio Otomano. A Constitución foi estabelecida o 1 de xuño de 1975.

O sistema legal baséase no código romano. Con cortes divididas en asuntos civís, administrativos e criminais.

O voto é obrigatório e universal, sendo adquirido ese dereito aos dezoito anos. O poder executivo é rexido polo Xefe do Estado, que é elixido polo parlamento. Alén diso, existe aínda o Xefe do Goberno, elixido polo presidente e o Gabinete do Goberno, cuxos membros son tamén elixidos polo presidente, tendo en conta as recomendacións do primeiro ministro. O poder lexislativo é unicameral e o xudicial conta cunha Corte e un Tribunal Supremo.

[editar] Xeografía

Mapa xeográfico de Grecia.
Mapa xeográfico de Grecia.

Grecia consiste nun territorio continental na extremidade sur dos Balcáns, na península do Peloponeso, separada do continente pola canle de Corinto, e de numerosas illas, incluíndo Creta, Rodes, Eubeia e os arquipélagos do Dodecaneso e das Cíclades no Mar Exeo, e das Illas Xónicas no Mar Xónico. Grecia ten máis de 14.880 km de costas e unha fronteira terrestre de 1.160 km.

Preto do 80% da Grecia é territorio montañoso ou, polo menos, accidentado. A maior parte do país é terra seca e rochosa. Só o 28% da terra é arábel. A Grecia occidental contén lagos e zonas húmidas. O Pindo, a cadea montañosa central, ten unha elevación media de 2.650 m. O lexendario monte Olimpo é o punto máis alto de Grecia, atinxindo 2.917 m por riba do nivel do mar.

O clima grego é semellante ao portugués, con invernos suaves e húmidos e veráns quentes e secos. As temperaturas só raramente atinxen valores extremos, aínda que ten nevado nas montañas e ata mesmo en Atenas, nalgúns invernos.

[editar] Economía

Véxase: Economía de Grecia.



Unión Europea
Alemaña | Austria | Bélxica | Chequia | Chipre | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Malta | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Suecia
Membros desde o 1 de xaneiro de 2007:
Bulgaria | Romanía
Países candidatos:
Croacia | Macedonia | Turquía


Organización do Tratado do Atlántico Norte (OTAN)
Alemaña | Bélxica | Bulgaria | Canadá | Chequia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estados Unidos | Estonia | Francia | Grecia | Hungría | Islandia | Italia | Letonia | Lituania | Luxemburgo | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | Turquía


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Ferramentas persoais
Outras linguas