Afonso X o Sabio

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Afonso X e a súa corte, do Libro dos Xogos
Afonso X e a súa corte, do Libro dos Xogos
Portada das Sete Partidas de Afonso X O Sabio. Exemplar de 1555
Portada das Sete Partidas de Afonso X O Sabio. Exemplar de 1555

Afonso X (Toledo, 1221Sevilla, 4 de abril de 1284) foi rei de Castela e León. Foi alcuñado "O Sabio" pola súa cultura e a potenciación cultural que mantivo, entre a que podemos salientar a creación da Escola de Tradutores de Toledo e a produción de moitas obras: Las Siete Partidas (recompilación xurídica e principios de dereito), tratados de xadrez e poesía en galego como as Cantigas de Santa María e mesmo poemas trobadorescos.

[editar] Biografía

Fillo de Fernando III o Santo e de Beatriz de Suabia, aínda infante, participou na tomada de varias prazas andaluzas, entre elas Cádiz; porén, tivo que renunciar á posesión do reino do Algarve (polo Tratado de Badaxoz de 1267), ben como ás súas aspiracións sobre o reino de Navarra. Tamén fracasou na disputa pola coroa do Sacro Imperio Romano-Xermánico.

En 1246, casou con Violante, infanta de Aragón (12361301), filla da princesa Iolanda da Hungría e de Xaime I de Aragón.

Deste casamento naceron:

  • Berengaria, infanta de Castela (1252 – Guadalaxara, 1300)
  • Beatriz, infanta de Castela (1253) — casou con Guillerme VII, margrave de Montferrato
  • Fernando de La Cerda, infante de Castela (1255–1275) — casou con Branca, princesa de Francia
  • Sancho IV, rei de Castela (1258–1295) — casou con María de Molina, señora de Molina e Mesa
  • Pedro, infante de Castela, señor de Ledesma (1260)
  • Xoán, infante de Castela, señor de Valencia de Campos (1264)
  • Violante, infanta de Castela (1265–1300) — casou con Diego Lopéz de Haro, señor de Biscaia
  • Xaime, infante de Castela, señor de Los Cameros (1268-1294)
  • Isabel, infanta de Castela
  • Leonor, infanta de Castela

De Maior Guillén de Guzmán tivo a Beatriz de Castela (1242–1303), que casou con Afonso III de Portugal (1210–1279), en 1254, e foi nai de Don Dinis I, rei de Portugal (1261–1325). Afonso X e Maior de Guzmán tamén foron pais de Martín Afonso e de Dona Urraca.

O primero fillo de Afonso, Fernando de La Cerda morreu antes que o pai. Foi o segundo, Sancho, quen o sucedeu no trono.

Afonso X, o Sabio faleceu a 4 de abril de 1284, con 63 anos. O seu corazón foi enterrado no Monte Calvario de Xerusalén.

[editar] Afonso X e a literatura

Afonso X fomentou a actividade cultural através da Escola de Tradutores de Toledo e el mesmo foi un bo poeta en galego. Ten unha extensa obra, tanto xurídica como científica, histórica e literaria. Destacan El fuero real de Castilla, onde se promulgan e analizan os foros casteláns, o Codigo de las siete partidas, as Tablas alfonsíes, a Crónica general e grand estoria (aproximación histórica), e as Cantigas de Santa María (poesía en galego que marcou o cumio do galego escrito medieval), así como o Lapidario e os Libro dos xogos.

Afonso X realizou tamén a primeira reforma (normativización) ortográfica do castelán, lingua que adoptou como oficial do reino en troques do latín.

A Escola de Tradutores atraeu un grupo de estudiosos cristiáns, xudeus e musulmáns que desenvolveron un importante labor científico, rescatando textos da antigüidade e despois verténdoos ás linguas occidentais, poñendo así os piares do renacemento científico na Europa medieval.


Precedido por:

Fernando III o Santo

Reis de Castela e León Sucedido por:

Sancho IV


Historia en progreso: Este artigo relacionado coa historia é, polo de agora, só un bosquexo. Ti podes colaborar e contribuír así que a Galipedia mellore e medre. Hai tamén outros relacionados que precisan ser completados.
Ferramentas persoais