La Monumental

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
La Monumental na actualidade

La Monumental é a única praza de touros en activo da cidade de Barcelona. Inaugurada en 1914 co nome de El Sport, foi rebautizada en 1916 co seu nome actual. Está situada no barrio do Fort Pius da cidade condal.

O edificio de 1914, obra de Joaquim Raspall, tiña unha fachada de estilo noucentista e posteriormente encargouse a Ignasi Mas i Morell, en colaboración con Domènec Sugranyes, engadir unha coroa exterior acabada en 1916, que é a fachada que actualmente existe, de estilo mudéxar e bizantino.

A praza ten capacidade para 19.582 espectadores. Actualmente, é a única praza de touros de Barcelona onde aínda se celebran corridas, logo da desaparición das prazas de El Torín e Les Arenes. Ademais, a Monumental é escenario de actos musicais e espectáculos de circo.