Aeroporto de Barcelona-El Prat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Aeroporto de Barcelona-El Prat
Aeroport de Barcelona-El Prat

Aeroport de Barcelona 1.jpg

IATA: BCN – ICAO: LEBL
Sumario
Tipo Público
Operador AENA
Cidade/Illa Barcelona
Ubicación El Prat de Llobregat
Elevación (msnm) 12 pés / 3,8 metros
Coordenadas 41°17′49″N 02°04′42″E / 41.29694°N 2.07833°E / 41.29694; 2.07833Coordenadas: 41°17′49″N 02°04′42″E / 41.29694°N 2.07833°E / 41.29694; 2.07833
Web AENA-Aeroporto de Barcelona
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
7L/25R 3.743 12.281 Formigón
7R/25L 2.660 8.727 Asfalto
2/20 2.540 8.334 Asfalto
Estatísticas (2008)
Pasaxeiros 30.272.084
Operacións 321.4693
Carga (ton.) 103.996

O Aeroporto de Barcelona-El Prat (IATA: BCN, OACI: LEBL) é un aeroporto español da rede de AENA que dá servizo á cidade de Barcelona. Atópase 10 km ao suroeste da cidade, no municipio de El Prat de Llobregat, a unha altura de 4 metros sobre o nivel medio do mar. É o maior aeroporto en extensión e tráfico de Cataluña, e o segundo de maior tráfico de España tralo Aeroporto de Barajas (Madrid),[1] co que mantén o corredor aéreo regular de pasaxeiros máis transitado do mundo.[2] Ademais é o oitavo aeroporto de Europa por pasaxeiros e o 35º do mundo.

Índice

Historia [editar]

O primeiro campo de aviación de Barcelona situouse en El Remolar (Viladecans) en 1916 en terreos dunha granxa avícola chamada La Volatería, da que tomou o seu nome. Dous anos máis tarde un novo campo de aviación foi aberto en El Prat de Llobregat a uns centos de metros do anterior emprazamento. O primeiro avión en aterrar foi un Latecoere Salmson 300 da liña de Pierre-Georges Latécoère, que chegou de Toulouse con destino final Casablanca. O aeroporto foi utilizado como sede do Aeroclub de Cataluña e como base para a flota de Zeppelin e hidroavións da Armada e do Exército de Terra Español. Os servizos comerciais regulares comezaron en 1927 coa liña de Iberia que o unía co Aeroporto de Cuatro Vientos de Carabanchel Alto. Esta liña foi a primeira liña de Iberia.

Na década de 1940 decidiuse ampliar o aeroporto, para o que entre 1941 e 1946 realizáronse unha serie de obras para unir os dous aeródromos. En 1948 estreouse a pista 07-25 e operou o primeiro voo intercontinental operado pola aeroliña Pan American a Nova York con avións Lockheed Constellation. Entre 1948 e 1952 construíuse unha segunda pista perpendicular á anterior, así como rúas de rodaxe e unha terminal para atender aos pasaxeiros. En 1963 alcanzouse o millón de pasaxeiros anuais e dous anos máis tarde volveuse a ampliar a pista principal e engadíuselle unha rúa de rodaxe con rúas de saída rápida. Ese mesmo ano tamén se construíu unha torre de control e unha nova plataforma de estacionamento de aeronaves. En 1968 abriuse unha nova terminal que actualmente é o á máis vella da terminal T2B.

O día 3 de agosto de 1970 a compañía aérea Pan American inaugurou unha liña regular entre Barcelona-El Prat, Lisboa e Nova York operada cun Boeing 747SP. O 4 de novembro Iberia iniciou o servizo de ponte aérea entre Barcelona-El Prat e Madrid-Barajas. Poucos anos máis tarde, en 1976, inaugurouse unha terminal específica para esta ruta, unha terminal exclusiva para carga, un servizo anexo de correos e unha plataforma de estacionamento para avións de carga aérea. No ano 1977 o aeroporto supera os 5 millóns de pasaxeiros anuais.

Desde finais dos setenta ata principios dos noventa o aeroporto estivo estancado tanto en tráfico como investimentos ata que a preparación para os Xogos Olímpicos de 1992 impulsou unha nova reforma que consistiu na modernización e ampliación da terminal existente naquel momento (terminal B) e a construción das outras dúas (terminais A e C) que xa incorporaban pasarelas de acceso directo ao avión. Esta reforma foi deseñada polo arquitecto Ricardo Bofill Levi. En 1996 inaugúrase a nova torre de control tamén deseñada por Ricardo Bofill Levi.

Debido á forte baixada do tráfico aéreo que se sufriu logo de 1999 e a crise do sector aéreo en 2001, desviáronse a Barcelona-El Prat moitas operacións chárter que se realizaban nos aeroportos de Xirona e Reus, o cal axudou ao aeroporto a aguantar a crise.

Ata o 6 de xuño de 2011, o aeroporto chamábase oficialmente Aeroporto de Barcelona, na que o Ministerio de Fomento ante as presións do Concello de El Prat de Llobregat decide cambiar o nome oficial polo de Aeroporto de Barcelona-El Prat.

Compañías aéreas e enlaces [editar]

Terminal T2A [editar]

Compañía aérea Destinos
Aer Lingus Belfast-International, Cork, Dublin
Aeroflot Moscova-Sheremetyevo
Aerolíneas Argentinas Bos Aires-Ezeiza
Aeroméxico Mexico City
Air Algérie Algiers
Alitalia Milán-Linate, Roma-Fiumicino
Alitalia operated by Air One Roma-Fiumicino
Ándalus Líneas Aéreas Xibraltar
Arkefly Ámsterdam
Arkia Israel Airlines Tel Aviv
Atlas Blue Marrakech, Tangier
Avianca Bogotá
Blue Air Bucharest-Bǎneasa
Bmibaby Birmingham, Cardiff, Manchester
Brussels Airlines Bruxelas
Bulgaria Air Sofia
Croatia Airlines Zagreb (estacional)
Czech Airlines Praga
Delta Air Lines Atlanta, Nova York-JFK
EgyptAir Cairo, Luxor
Estonian Air Tallinn [seasonal]
Finnair Helsinki
Germanwings Cologne/Bonn, Stuttgart
Iceland Express Reykjavik-Keflavik [begins 5 June]
Icelandair Reykjavik-Keflavik [seasonal]
Jet2.com Leeds/Bradford
Jet4You Casablanca, Nador, Tangier
LOT Polish Airlines Varsovia
Meridiana Florencia
Monarch Airlines Manchester
MyAir Bari, Venice-Marco Polo
Norwegian Air Shuttle Oslo-Gardermoen
Pakistan International Airlines Islamabad, Karachi, Lahore
Rossiya San Petersburgo
Royal Air Maroc Casablanca, Tangier
Royal Jordanian Amman
SkyEurope Bratislava, Vienna
Swiss International Air Lines Geneva, Zürich
Swiss operated by Swiss European Airlines Basel/Mulhouse
Transaero Airlines Moscow-Domodedovo, St. Petersburg [begins 23 May]
transavia.com Amsterdam, Copenhagen
Tunisair Tunis, Monastir (estacional)
Turkish Airlines Estambul-Atatürk
Ukraine International Airlines Kiev-Boryspil, Lviv
Ural Airlines Yekaterinburg
US Airways Philadelphia (estacional)
VIM Airlines Moscova-Domodedovo
Wind Jet Catania, Forli, Palermo
Wizz Air Bucharest-Băneasa, Budapest, Cluj-Napoca, Katowice, Sofia, Timişoara

Terminal T2B [editar]

Terminal B
Compañía aérea Destinos
Adria Airways Ljubljana (estacional)
Aegean Airlines Atenas
Air Baltic Riga
Air Berlin Berlin-Tegel, Düsseldorf, Hamburgo, Palma de Mallorca
Air Europa Fuerteventura (estacional), Ibiza, Lanzarote, La Palma (estacional), Las Palmas de Gran Canaria, Madrid, Menorca, Palma de Mallorca, Sevilla, Tenerife-Norte, Tenerife-Sur, Tunis
Air France París-Charles de Gaulle
Air France operado po Brit Air Lyon, Paris-Orly
Air France operado por Régional Bordeaux, Nantes
Air Transat Montréal-Trudeau, Toronto-Pearson, Vancouver
American Airlines Nova York-JFK
Austrian Airlines operado por Austrian Arrows Vienna
Blue1 Helsinki
British Airways London-Gatwick, London-Heathrow
British Airways operado por BA CityFlyer London-City
Clickair A Coruña, Alicante, Amsterdam, Asturias, Athens, Bilbao, Brussels, Bucharest-Otopeni, Budapest, Casablanca, Dubrovnik, Granada, Ibiza, Las Palmas de Gran Canaria, Lisbon, Málaga, Malta, Marrakech, Menorca, Milan-Malpensa, Moscow-Domodedovo [begins 2 June], Naples, Palermo, Palma de Mallorca, Paris-Orly, Pisa, Prague, Rome-Fiumicino, Santiago de Compostela, Sevilla, San Petersburgo, Tenerife-Norte, Varsovia, Venice-Marco Polo, Verona, Vienna, Vigo
Continental Airlines Newark
easyJet Belfast-International, Berlin-Schönefeld, Bristol, Dortmund, East Midlands, Liverpool, London-Gatwick, London-Luton, London-Stansted, Lyons, Milan-Malpensa, Newcastle, Paris-Charles de Gaulle, Paris-Orly
easyJet Switzerland Basel/Mulhouse, Geneva
El Al Tel Aviv
Flyglobespan Edinburgh, Glasgow-International
Iberia Londres-Heathrow
KLM Amsterdam
Lufthansa Frankfurt, Munich
Lufthansa operated by Lufthansa Italia Milán-Malpensa
Lufthansa Regional operated by Lufthansa CityLine Düsseldorf, Munich, Stuttgart
Luxair Luxembourg
Scandinavian Airlines System Copenhagen, Oslo, Stockholm-Arlanda
Singapore Airlines Singapore
Spanair A Coruña, Algiers, Alicante, Asturias, Banjul [begins 4 July], Bilbao, Copenhagen, Fuerteventura, Granada, Gran Canaria, Ibiza, Jerez de la Frontera, Lanzarote, Madrid, Malaga, Minorca, Munich, Palma de Mallorca, Santiago de Compostela, Seville, Stockholm-Arlanda, Tenerife-North, Tenerife-South, Valencia, Vigo
Sun d'Or International Airlines Tel Aviv
TAP Portugal Lisboa
TAP operated by Portugália Porto
TAROM Bucharest-Otopeni

Terminal T2C [editar]

Compañía aérea Destinos
Iberia Madrid
Iberia operado por Air Nostrum Albacete, Almeria, Badajoz, Bologna, Burgos, Ciudad Real, Corfu [begins 26 July], Leon, Logroño, Marseilles, Melilla, Murcia, Nantes, Nice, Olbia [seasonal], Pamplona, Salamanca, San Sebastián, Santander, Turin, Valencia, Valladolid, Vitoria
Vueling Airlines Amsterdam, Athens, Brussels, Granada, Ibiza, Jerez de la Frontera, Lisbon, Madrid, Malaga, Milan-Malpensa, Minorca, Nice, Paris-Charles de Gaulle, Rome-Fiumicino, Santiago de Compostela, Seville, Venice

Corporate and General Aviation [editar]

Voos de carga [editar]

Compañía aérea Destinos
British Airways World Cargo East Midlands, London-Heathrow, London-Luton
Cargolux Hong Kong, Jeddah, Luxembourg
DHL Vitoria-Gasteiz
Emirates SkyCargo Dubai, Mexico City
FedEx Express Paris-Charles de Gaulle
Jade Cargo International Brescia, Shanghai-Pudong, Shenzhen
Swiftair
TNT Airways Liege, Bruxelas
United Parcel Service Cologne/Bonn, Valencia

Notas [editar]

  1. O Aeroporto de Palma de Mallorca posúe puntas de tráfico moito maiores no verán que o Aeroporto de Barcelona, pero o cómputo global anual é lixeiramente inferior
  2. [1] Nota de prensa da noticia

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]