Salmo (xénero)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Salmo
Salmón do Atlántico (Salmo salar)
Salmón do Atlántico (Salmo salar)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Actinopterygii
Superorde: Protacanthopterygii
Orde: Salmoniformes
Familia: Salmonidae
Subfamilia: Salmoninae
Xénero: ''Salmo''
Linnaeus, 1758
Especies

Ver no texto

Sinonimia

Acantholingua (Hadzisce, 1960)
Salmothymus (Berg, 1908)

Os salmóns e troitas do Atlántico e do "Vello Mundo" (o xénero Salmo) son peixes mariños e de auga doce da familia dos salmónidos, distribuídos polos océanos e mares de todo o mundo agás mp océano Pacífico, así como especies que só viven en auga doce en Europa e Asia.[1] O seu nome procede do latín salmo, que é como chamaban na antiga Roma a estes peixes.[2] Xeneticamente son parentes próximos dos salmóns e troitas do Pacífico, do xénero Oncorhynchus e con anatomía semellante, aínda que a análise de ADN mitocondrial amosou que ambos os dous xéneros son diferentes.

Hábitat e bioloxía[editar | editar a fonte]

Algunhas das especies deste xénero son anádromos:[1] nacen en augas doces, migran ao océano e volven ás augas doces para procrear; atribúeselles a capacidade de volver ao mesmo sitio onde naceron para reproducirse e os estudos recentes amosan que polo menos un 90% dos salmóns que remontan unha corrente naceron nela. Non se sabe como se orientan, mais pode ser que o seu fino sentido do olfacto recoñeza a química do seu río natal.[3] Outras moitas especies pasan toda a súa vida no río ou en lagos.[1]

Importancia para o home[editar | editar a fonte]

Son especies moi valoradas na pesca, tanto para a súa comercialización como alimento para humanos como na pesca deportiva; tamén moitas son moi empregadas na acuicultura.[1]

Valor alimenticio[editar | editar a fonte]

O salmón é un alimento habitual e razoablemente san polo seu alto contido en proteínas e ácidos graxos omega-3, ten un contido moderado en graxas. O salmón é un peixe azul ou graxo que achega uns 11 gramos de graxa por cada 100 gramos de carne, un contido semellante ao das sardiñas, o xurelo ou o atún. A graxa é rica en omega-3, que contribúen a diminuír os niveis de colesterol e triglicéridos plasmáticos, e ademais aumentan a fluidez do sangue, o que prevén a formación de coágulos ou trombos. Por este motivo, recoméndase o consumo habitual de salmón á poboación xeral, e en particular en caso de trastornos cardiovasculares. O salmón é unha excelente fonte de proteínas de alto valor biolóxico, do mesmo xeito que o resto de peixes.

Segundo informes da revista Science os salmóns de criadeiro poden ter altos contidos de dioxinas. Os niveis de PCB (Bifeníl Policlorinado) poden ser até 8 veces máis altos nos criados cá nos ceibes e o contido en Omega-3 pode ser menor. Malia iso a autoridade de alimentación Británica (FSA) recomenda o consumo, mesmo de salmón criado pois os seus beneficios superan os riscos. Por outra banda o salmón é un dos peixes menos afectados polo mercurio (metilmercurio). Entre as enfermendades causadas polo seu consumo atópase a aparición do Diphyllobothrium nihonkaiense.

Acuicultura[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Acuicultura de salmónidos.

O seu cultivo a niveis comerciais apareceu nos anos setenta. A produción mundial estímase hoxe en día en aproximadamente 700.000 toneladas por ano, sendo o principal produtor Noruega cunhas 300.000 toneladas por ano.

Especies[editar | editar a fonte]

Existen as seguintes especies válidas neste xénero:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Nelson, J.S. (1994). Fishes of the world (3ª edición ed.). New York. pp. 600 p.
  2. Romeu, P. (2002). An etymological dictionary of taxonomy. Madrid.
  3. Riede, K., 2004. "Global register of migratory species - from global to rexional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081". Federal Agency for Nature Conservation, Bonn, Alemaña. 329 p.
  4. Modelo:FishBase family
  5. 5,0 5,1 Turan, D., Kottelat, M. e Engin, S., 2009. "Two new species of trouts, resident and migratory, sympatric in streams of northern Anatolia (Salmoniformes: Salmonidae)". Ichthyol. Explor. Freshwaters, Vol. 20, Non. 4, pp.333-364

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Salmo

Outros artigos[editar | editar a fonte]