José Luis Rodríguez Zapatero

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

José Luis Rodríguez Zapatero
José Luis Rodríguez Zapatero
Nome completo: José Luis Rodríguez Zapatero
Data de nacemento: 4 de agosto de 1960
Lugar de nacemento: Valladolid, España
Data de falecemento:
Lugar de falecemento: ,
Partido político: Partido Socialista Obrero Español
Cargo(s): Presidente do Goberno de España desde 2004
Secretario Xeral do PSOE dende o 2000
Profesión: Home de estado

José Luis Rodríguez Zapatero (nado o 4 de agosto de 1960 en Valladolid e criado en León), é o quinto presidente do goberno dende a Constitución española de 1978. Asumiu o seu cargo despois da vitoria do PSOE nas eleccións do 14 de marzo de 2004, revalidada nos seguintes comicios, celebrados o 9 de marzo de 2008. Secretario xeral do seu partido dende o ano 2000.

ZP é o alcume popular que recibe José Luis Rodríguez Zapatero. Estas dúas letras foron incluídas nos carteis electorais do PSOE usados durante a campaña electoral de 2004 e son o acrónimo do slogan Zapatero Presidente.

Índice

[editar] Educación e formación

Logo dunha escolaridade en centros relixiosos (Colexio dos Discípulos de Xesús de León, despois ao Colexio Leonés), entra na Universidade de León para seguir os estudos de Dereito seguindo a tradición familiar (o seu pai, decano do Ilustre Colexio de Avogados de León, administra cos seus outros fillos un gabinete de dereito administrativo). En 1983, José Luís Rodríguez Zapatero é graduado en Dereito, cunha tese de final de estudos consagrada ao estatuto da rexión autónoma de Castela e León (última rexión española por constituírse como autónoma nese mesmo ano).

É contratado como profesor adxunto en Dereito Constitucional, e permanecerá en contacto coa formación universitaria ata 1986, ano en que vai consagrarse á súa carreira política.

Durante os seus anos de universitario, non ocultara a súa admiración para as reformas agrarias de Mao Tse Tung e das da Unión Soviética.

[editar] A súa carreira política

Comprométese, xa desde moi xoven do mesmo xeito que a súa familia politicamente ben á esquerda. En 1976, asiches co seu pai á primeira reunión autorizada do PSOE, (Partido Socialista Obreiro Español) en Xixón e en 1978, pegando carteis para este partido de esquerda.

  • Adhírese ao partido socialista en febreiro de 1979 empuxado dunha parte pola súa admiración do discurso do rapaz Felipe González, pero tamén polos ideais herdados do seu avó paterno. Apoiado polo deputado local Ángel Capdevilla, en decembro 1982 é nomeado secretario do partido en León, cando só ten vinte e dous anos. A súa ascensión política monta en frecha desde ese momento e intégrase nas comisións da Constitución, Defensor do Pobo, Xustiza e Interior.
  • Elixido secretario xeral da Federación Socialista de León (FSL) no congreso celebrado en Astorga o 19 de xuño de 1988. Será tamén elixido deputado da súa provincia nas eleccións lexislativas do 22 de xuño de 1989, converténdose no máis novo cargo electo do Congreso.
José Luis Rodríguez Zapatero (Toulouse, 2007)
José Luis Rodríguez Zapatero (Toulouse, 2007)
  • Reelixido á cabeza dos socialistas de León en febreiro de 1991 e de novo como deputado o 6 de xuño de 1993, no Congreso Federal de marzo de 1994 como secretario xeral do FSL, esta vez polo 70% dos delegados, conserva por cuarta vez o seu escano en as Cortes o 3 de marzo de 1996.
  • O PSOE colócao entón á Mesa Bipartidos con Esquerda Unida, ocupándose da reforma do modelo de Financiamento das Autonomías.
  • O 22 de xullo de 2000, consegue as rendas do PSOE no XXXV Congreso por 414 votos (41,7 % dos delegados), contra 405 a Bono (40,8 %) e afirma inmediatamente que desexa «"un cambio tranquilo, sereno e disciplinado e proponse practicar unha oposición socialmente útil."»
  • O 27 de outubro de 2002, Zapatero é oficialmente candidato á Presidencia do Goberno. O naufraxio do buque Prestige fronte ás costas de Galicia, vai verter toneladas de chapapote, contaminando as costas galegas sen que o Goberno tome as xustas medidas necesarias a esta situación. A indignación popular vai favorecer politicamente á oposición que vai acusar ao Goberno de Aznar de desinformación e mentira.

As sondaxes para as eleccións lexislativas previstas para o 2004 daban entón aos dous homes a igualdade, pero é durante o ano 2003, coa intervención militar de España en Iraq, que cerca do 90 % dos españois xulgan negativa a iniciativa do Goberno. Para rematar, a só 3 dias das eleccións, prodúcese o atroz atentado do 11-M, causando 192 mortos, a designación primeira de ETA como os únicos autores dese bárbaro atentado, logo as investigacións da policía revelando a pista islámica, a campaña levada a cabo polo partido socialista, acusando ao Goberno de mentir ao pobo crean unha corrente de desconfianza cara aos responsábeis do Ministerio do Interior.

  • O 14 de marzo de 2004, o PSOE gaña as eleccións lexislativas por 42,64 % contra o 37,64 % do PP, 164 escanos contra 146, (a maioría absoluta situábase en 174), fan, o 17 de abril José Luís Rodriguez Zapatero é o quinto presidente da Democracia, ten 43 anos.

No seu o primeiro discurso como Presidente quer recordar a memoria do seu avó (fusilado en 1936) lendo unhas frases do testamento para declarar « "[... ] un desexo infinito para a paz, o amor para o ben e todo o que poida mellorar as condicións sociais de todos" ».

  • O 9 de marzo de 2008, Zapatero imponse con claridade, aínda que sen chegar a acadar a maioría absoluta, nas eleccións lexislativas por segunda vez consecutiva. Conoseguiu 169 escanos (5 máis que nas eleccións de 2004) fronte ós 153 do Partido Popular (5 máis que en 2004).

[editar] Zapatero e o franquismo : a recuperación da memoria

Trinta anos despois da morte do xeneral Franco, o Goberno de Zapatero depositou un proxecto de lei sobre a « recuperación da memoria » [1] no Parlamento, consistindo en indemnizar en particular a todas todas as vítimas da guerra civil e da Ditadura, así como tamén enterrar en lugares máis convenientes os restos das vítimas que atópanse na actualidade en fosos comúns.

O Goberno pide con este motivo que todos os símbolos e brasóns pre-constitucionais da época franquista sexan retirados dos establecementos públicos así como a toponimia franquista das cidades séa revisada e que os monumentos que glorifican este tempo sexan desatrancados ou reconvertidos. Considera que a nova sociedade está hoxe suficientemente madura e preparada , un cuarto de século despois do éxito da pacífica Transición democrática efectuada baixo Adolfo Suárez.

O 17 de marzo 2005, o Ministro de Transportes mandou retirar en plena noite e en catimini a última estatua do xeneral Franco en Madrid. A estatua ecuestre de Franco situábase a algúns metros das dúas esculturas dos líderes socialistas da II República Española (1931-1939), Indalecio Prieto e Francisco Largo Caballero, simbolizando as dúas caras a mesma ferida que foi a guerra civil. Estas últimas foron inmediatamente salpicadas de pintura, en represalias polos nostálxicos do franquismo mentres que outros esixen tamén que estean desatrancadas á súa vez, para evitar dar a impresión de impoñer unha visión manipulada da guerra civil. Algúns días máis tarde, o Goberno anuncia que estudará a sorte do monumento de Basílica da Santa-Cruz do Val dos Caídos onde está enterrado Franco e José Antonio Primo de Rivera. O Consello de Europa pronunciouse a favor dunha adaptación do lugar (que recibe aínda a máis da 400.000 visitantes ao ano) un lugar tamén de memoria das vítimas dos aliados de esquerda do PSOE, como IU, estes pronunciáronse a favor da transferencia dos restos de Franco e de José Antonio nun cemiterio privado.

O 23 de marzo 2005, seguindo os pasos do Presidente do Goberno, o alcalde socialista de Guadalaxara fai tamén retirar en plena noite e en «catimini» dúas estatuas situadas no pleno centro da súa cidade, unha de Franco ( construída despois da morte do ditador por subscrición popular) e o outra de José Antonio.

En setembro de 2005, o alcalde socialista da Pobla de Vallbona (Valencia) fai á súa vez retirar sen anuncio e pola mañá moi cedo o busto de Franco (creado en 1973 sobre o lugar central da cidade), mentres que os aliados políticos do PSOE van máis lonxe pedindo que a estatua ecuestre do xeneral Miguel Primo de Rivera, situada ao centro da cidade de Xerez, sexa ela tamén desatrancada. Cara a esta recuperación xulgada unilateral e maniche da memoria histórica española, a oposición denuncia ao Goberno de Zapatero como "o máis radical, sectario e revanchista da historia democrática española".

O conservador Mariano Rajoy, dirixente do PP, acusa a Zapatero "que rompe co espírito da Transición" mentres que o antigo Presidente de Goberno socialista Felipe González desaproba esa iniciativa que xulga tardía e mesquiña.

Segundo varios historiadores, as decisións de Zapatero son un absurdo xa que algunhas das rexións de España mantivésense con Franco desde o principio da guerra civil e que este pertence ao seu patrimonio histórico. Segundo algúns deles, Zapatero abriría a caixa de Pandora. Se tres das catro claves da transición democrática - perdón recíproco, concertación entre Goberno e oposición, filosofía da rexionalización - deberíanse discutir de novo, pois nada indica que a Monarquía, restaurada segundo o desexo do ditador foi unha monarquía imposta. Segundo unha sondaxe do diario El Mundo, 41,3% dos Españois considerarían en 2005 que o Goberno "abre de novo as feridas do pasado", contra 25% crendo ao contrario que a política gobernamental contribuirá ao borrado definitivo dos rancores. Un terzo dos preguntados non se pronuncia. Pola outra banda, 4 de novembro 2005 un proxecto de recomendación da Asemblea parlamentaria do Consello de Europa declarouno no documento Doc. 10737 a Necesidade de condenar o franquismo a nivel internacional (en francés).

O proxecto mantén que a violación dos dereitos humanos non son un asunto interno non so só concírnea a España , razón para o cal o Consello de Europa está disposto a establecer un debate serio sobre este tema a nivel internacional. Ademais pide que a Asemblea española debata o asunto no Consello de Ministros para que tamén declare a data do 18 de xullo como « día oficial da condena do réxime franquista ».

[editar] Ideoloxía

José Luís Rodríguez Zapatero
José Luís Rodríguez Zapatero

Á hora de situarse no espectro político, Zapatero afirmou que "Máis que un socialdemócrata son un demócrata social". Para Zapatero, "O programa dunha esquerda moderna pasa por unha economía ben gobernada con superávit das contas públicas, impostos moderados e un sector público limitado. Todo iso, conxugado coa extensión dos dereitos civís e sociais"[1]. Zapatero afirmou que aínda que "Hai moita xente neste país que bota de menos un partido de centro", "Eu nunca serei dese partido de centro". Respecto dos seus rivais de dereitas, matizaba a súa afirmación á popular revista Marie Claire de que nada me ensinou a dereita"[2] dicindo que "A dereita neste país ensinoume que a esquerda fai avanzar a democracia". Igualmente resaltou que "Os grandes avances no mundo fixéronse defendendo a causa dos dominados"[3]. Neste sentido, Zapatero falou en numerosas ocasións de como a memoria do seu avó fusilado, Juan Rodríguez Lozano, motivou as súas convicións políticas.

Zapatero móstrase tamén como un fervente pacifista e partidario do diálogo para solucionar os conflitos, tendo promovido a retirada das tropas españolas de Iraq, a Alianza de Civilizacións ou o proceso de paz con ETA. Neste seso, o presidente de Goberno, preocupado por unha necesaria loita contra a deterioración ambiental á que non se destinan os mesmos recursos que á guerra contra o terrorismo, afirmou que o cambio climático "provocou xa máis vítimas que o terrorismo internacional e o seu potencial de destrución é tamén moi superior" [4].

[editar] Notas

  1. http://www.elmundo.es/2006/04/16/opinion/1958194.html
  2. http://www.abc.es/hemeroteca/historico-19-10-2005/abc/Nacional/zapateiro-alardea-de-vermello-e-feminista-en-marie-claire_611662040312.html Entrevista a Zapatero da revista «Marie Claire»
  3. http://www.elmundo.es/elmundo/2006/04/15/espana/1145129815.html
  4. http://www.elmundo.es/elmundo/2006/11/04/internacional/1162654299.html?a=6b060ae1be26cb7a27810e209bdb5362 "O cambio climático provocou xa máis mortos que o terrorismo internacional"

[editar] Véxase tamén

[editar] Bibliografía

[editar] Ligazóns externas

Lista de Presidentes do Goberno de España

Segue a:
José María Aznar
José Luis Rodríguez Zapatero
Precede a:
por elixir
PSOE
Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais