Suíza - Schweiz

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

(Redirixido dende Suíza)
Confederatio Helvetica
Schweizerische Eidgenossenschaft
Confédération Suisse
Confederazione Svizzera
Confederaziun Svizra
Confederación Helvética
Confederación Suíza
Bandeira de Suíza - Schweiz Escudo de Suíza
Bandeira Escudo
Lema nacional: Un para todos, todos para un

en Latin: Unus prol omnibus, omnes prol un

Himno nacional: Cantique Suisse
 
 
Capital
 • Poboación
Berna
136.338 (2003)
Cidade máis poboada Zúric
Linguas oficiais Alemán, francés, italiano, romanche
Forma de goberno República federal
Micheline Calmy-Rei (P)

Pascal Couchepin (VP) Christoph Blocher Hans-Rudolf Merz Samuel Schmid Doris Leuthard Moritz Leuenberger

Independencia
do Sacro Imperio Romano

1 de agosto de 1291 24 de outubro de 1648

Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 132º
41.285 km2
3,7%
1.852 km
0 km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 92º
7.261.200
176 hab/km2
PIB (nominal)
 • Total (2005)
 • PIB per cápita
Posto 17º
US$ 365.937 millóns
50.532
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 36º
US$ 252,900 millóns
37.369
Moeda Franco suízo (CHF) = 100 rappen
Xentilicio Suízo, -a

helvecio, -a helvético, -a

Fuso horario UTC 1
Dominio Internet .ch
Prefixo telefónico +41
Prefixo radiofónico HEA-HEZ, HBA-HBZ
Código ISO 756 / CHE / CH
Membro de: ONU, EFTA, OCDE, OSCE
Tódolos países do mundo

A Confederación suíza é un pequeno estado federal sen saída para o mar na Europa central, tendo fronteiras ao norte coa Alemaña, ao leste coa Austria e Liechtenstein, ao sur coa Italia e ao oeste coa Francia. A nación ten unha forte tradición de neutralidade política e militar, mais tamén de cooperación internacional, sendo sede de moitas organizacións internacionais. A Confederación Helvética ou Suíza é unha nación "multiétnica, multilingüística e multicultural, froito dunha vontade política" segundo as propias autoridades suízas. Ten estrutura confederal desde 1848. O seu nome oficial é Confoederatio Helvetica (CH; latín para Confederación Suíza), que se traduce da seguinte forma nas catro linguas nacionais:

Índice

[editar] Historia

Véxase artigo principal Historia da Suíza

En 1291, representantes dos cantóns forestais de Uri, Schwyz e Unterwalden asinaron a Carta de Alianza. Iso uniunos na loita contra o dominio "estranxeiro" dos Habsburgo, entón detentores do trono do Sacro Imperio Romano-Xermánico. Na Batalla de Morgarten en 1315, os suízos derrotaran o exército Habsburgo e garantiron a súa independencia de feito como a Confederación suíza.

Na Paz de Westfalia de 1648, os países europeos recoñeceron a independencia helvética do Sacro Imperio e a súa neutralidade. En 1798, os exércitos da Revolución francesa conquistaron a Suíza. O Congreso de Viena de 1815 restableceu a independencia do país e as potencias europeas concordaron en recoñecer a súa neutralidade de forma permanente.

Suíza adoptou unha constitución federal en 1848, que sufriu extensas emendas en 1874 e que estabelecía responsabilidade federal para defensa, comercio e asuntos legais. Desde entón, melloras continuas nos campos político, económico e social teñen caracterizado a historia do país. Historicamente neutros, os suízos non participaran en ningunha das guerras mundiais.

En 2002, de acordo coa constitución federal de 1999, a Suíza finalmente se tornou membro integral das Nacións Unidas.

[editar] Política

Véxase artigo principal Política da Suíza

De acordo coa constitución de 1999, os cantóns deteñen todos os poderes non especificamente delegados á Confederación. O parlamento bicameral suízo, a Asemblea Federal, é principalmente quen exerce o poder. As dúas casas, o Consello de Estados e o Consello Nacional, teñen poderes iguais en todos os aspectos, inclusive canto á iniciativa lexislativa.

Os 46 membros do Consello de Estados (dous de cada cantón e un de cada un dos antigos semicantóns) elíxense directamente en cada cantón, mentres os 200 membros do Consello Nacional son electos directamente nun sistema de representación proporcional. O mandato dos membros da Asemblea é de catro anos. A través de referendos o pobo pode contestar calquera lei votada polo parlamento federal e por iniciativas introducir emendas á Constitución federal, o que fai da Suíza unha democracia semi-directa.

O órgano executivo máximo é o Consello Federal, un colexiado de sete membros. Aínda que a constitución determine a responsabilidade da Asemblea Federal pola elección e supervisión dos membros deste Consello, el asumiu gradualmente un papel destacado na dirección do proceso lexislativo, alén da súa atribución na execución da lei federal. O Presidente da Confederación elíxeno os sete conselleiros pola Asemblea Federal, e por un ano asume funcións representativas especiais.

Desde 1959, os catro partidos maioritarios están representados no Consello Federal de acordo coa "fórmula máxica", proporcional á súa representación no Parlamento federal: dous demócratas cristiáns (CVP/PDC), dous socialdemócratas (SPS/PS), dous radicais demócratas (FDP/PRD), e un do Partido Popular da Suíza (SVP/UDC). Esta distribución tradicional dos asentos non está sustentada por ningunha lei, e nas eleccións de 2003 para o Consello Federal o CVP/PDC perdeu o seu segundo asento para o SVP/UDC.

O Tribunal Federal cela polo cumprimento da lei e resolución de conflitos oriúndos de violacións de autonomías cantonais e comunais, ben como de tratados internacionais; aprecia aínda reclamacións por violación de dereitos constitucionais. Os seus xuíces son elixidos pola Asemblea Federal para mandatos de seis anos.

[editar] Cantóns

Véxase artigo principal Cantóns da Suíza

A Confederación suíza divídese en 26 cantóns:

Os semicantóns están marcados con *. Posúen só un representante no Consello de Estados.

Os cantóns están divididos nun total de 2.889 comunas (31 de decembro de 2001).

Mapa de Suiza
Mapa de Suiza

[editar] Xeografía

Véxase artigo principal Xeografía da Suíza

Mapa da Suíza
Mapa da Suíza

A paisaxe suíza caracterízase polos Alpes, unha alta cadea montañosa que se estende polo centro-sur do país. Entre os altos picos dos Alpes suízos, o máis alto dos cales é o Pico Dufour, de 4.364 m, encóntranse innúmeros vales, algúns con glaciares. Delas, as nacentes de moitos ríos europeos como o Rin, o Ródano, o Inn, o Aar ou o Tesino descenden para lagos como o Léman, o de Zurich, o Neuchátel e o de Constanza e continúan a descender.

O norte do país é máis aberto e máis habitado, mais tamén ten ondulacións como o macizo do Xura, unha cadea menor no noroeste. O clima suízo é en xeral temperado, mais as variacións rexionais son grandes, observando desde as rigorosas condicións nas altas montañas ao agradábel clima mediterráneo no extremo sur.

[editar] Economía

Véxase artigo Economía da Suíza

[editar] Demografía

Ver artigo principal: Demografía da Suíza.

A Suíza encóntrase no cruzamento de diversas das principais culturas europeas, que influenciaron profundamente as linguas e prácticas culturais do país.

Os diferentes idiomas suízos:  púrpura> francés  amarelo> suízo-alemán  verde> italiano  romanche
Os diferentes idiomas suízos:
púrpura> francés
amarelo> suízo-alemán
verde> italiano
romanche

Hai catro linguas oficiais: o alemán no norte e no centro (64% da poboación), o francés ao oeste (19%), o italiano ao sur (8%) e por fin o romanche, unha lingua románica falada por unha pequena minoría (<1%) no cantón dos Grisións.

O alemán falado na Suíza é predominantemente un dialecto suízo coñecido como Suízo-alemán (Schwycerdütsch), mais os xornais e algúns programas de televisión usan o Alto-alemán. Moitos suízos falan máis dunha lingua e estranxeiros, residentes ou traballadores temporais, suman aproximadamente o 20% da poboación.

A maior relixión, practicada por 43% dos suízos, é o Catolicismo romano, seguido por diversas crenzas Protestantes (35%). A inmigración estableceu o Islamismo (4%) e a Ortodoxia Oriental (2%) como minorías relixiosas dignas de nota. Os demais pertencen a minorías moito pequenas ou non practica relixión algunha. A estabilidade e prosperidade da Suíza, combinada coa poboación lingüística e relixiosamente diversa, leva a algúns a describir o país como un Estado consociacional.

[editar] Cultura

Véxase artigo principal Cultura da Suíza

Os suízos son famosos polos seus bancos, o seu chocolate, os seus queixos, os seus fondues, os seus reloxos, a súa neutralidade e os seus internados privados.

Suíza foi influída por varias das maiores culturas europeas, desde as súas prácticas culturais ata nos idiomas.

En Suíza hai catro idiomas nacionais (art. 4 da Constitución): alemán no norte e centro do país (63,7%, amarelo), francés ao oeste (20,4%, púrpura), italiano ao sur (6,5%, verde) e unha pequena minoría fala romanche no cantón dos Grisones (<1%, vermello). Respecto das linguas oficiais, a Constitución di na súa art. 70 que "As linguas oficiais da Confederación son o alemán, o francés e o italiano. O retorromano é tamén unha lingua oficial nas relacións que a Confederación manteña con persoas desta lingua". Ademais, cada cantón determina cal é a súa lingua oficial, aínda que sempre baixo o mandato constitucional de preservar a harmonía entre as comunidades lingüísticas e protexer ás minorías idiomáticas.

O alemán falado é predominantemente o dialecto suízo, coñecido como alemán suízo (Schwyzerdütsch) dividido en varios subdialectos que forman dous conxuntos: os dialectos alamánicos ao oeste e os sajones ao leste, pero nos medios de comunicación úsase o alto alemán (Hochdeutsch ou Schriftdeutsch), é dicir, o alemán normativo; en canto ao francés, este estendeuse na idade contemporánea sobre o substrato de dialectos arpitanos. Moitos suízos falan máis dun idioma; o 20,6% da poboación está formada por residentes e traballadores temporais estranxeiros, moitos deles italianos, ex iugoslavos e turcos.

A relixión máis practicada en Suíza é o catolicismo romano, á cal pertence o 41,8% da poboación; o 35,3% son protestantes e debido á inmigración hai unha minoría musulmá do 4,3%; o catolicismo ortodoxo figura cun 2% e un 11,1% di non ter relixión. A estabilidade e prosperidade de Suíza, combinada coa súa diversidade de poboación, levou a que algúns describan ao país como un estado consociacional.

Os suízos son recoñecidos polos seus bancos, chocolates, queixos, medicamentos e reloxos.

O 1 de agosto celébrase a Festa Nacional de Suíza.

[editar] Linguas

Os cantóns do Tesino e do Xura defínense lingüisticamente como italiano o un e francés o outro, a pesar de que haxa comunidades de maioría alemá. Hai ademais tres cantóns bilingües, Friburgo, Berna e o Valais, ademais do cantón trilingüe dos Grisones.

Oficialmente hai rexións que se denominan bilingües: as comunidades de Biel-Bienne, Friburgo, Murten-Morat e Sierre-Siders. Nos Grisones, pola súa banda, as comunidades defínense en moitas ocasións como retorromanas, aínda que o alemán domine como lingua de comunicación. Nestes casos, o retorromano é a lingua administrativa e escolar, mentres que na vida cotiá a lingua utilizada é o suízo alemán.

O sistema escolar suízo obriga a cada cantón a ensinar como mínimo unha lingua nacional aparte da lingua oficial do cantón. O conxunto de cantóns e territorios nos que predomina o idioma alemán é chamada Suíza Alemá, a parte francesa Suíza Romana ou Romandía e a parte italiana Suíza Italiana ou Suíza do Sur.


[editar] Festas e días festivos

Soamente a festa nacional do 1 de agosto está inscrita na Constitución. Cada cantón é libre de fixar ata 8 días festivos ao ano. 21 cantóns utilizan integralmente esta posibilidade. Legalmente os días festivos contan como un domingo, polo que hai as mesmas restricións en materia de transporte, salarios e a apertura de almacéns (prohibida os domingos, con excepción dos sitios autorizados, como as estacións de tren e aeroportos máis grandes do país, ou no caso de que o dono do almacén traballe tamén).

Os días festivos varían moito dun cantón a un outro. Soamente o Nadal e o Ano Novo son celebrados por todos os cantóns. Outras festas, como Pascua, Luns de Pentecostés, Ascensión, Todos os Santos, son festas de orde relixiosa, que varían dependendo da confesión do cantón, sexa esta católica ou protestante.

Data Nome da festa Cantóns onde o día é festivo Cantóns onde o día é inhábil
1 de xaneiro Ano Novo Todos
2 de xaneiro Berchtoldtag Berna, Xura, Argovia, Zug, Neuchatel (soamente se o 1 é domingo) Xura, Vaud, Friburgo, Neuchatel, Argovia, Glaris, Lucerna, Obwalden, Schwyz, Soleura, Zúric
6 de xaneiro Epifanía Schwyz, Tesino, Uri
1 de marzo Independencia Neuchatel
19 de marzo San José Tesino, Valais, Lucerna (medio día), Nidwalden, Schwyz, Uri
21 de marzo Santa Benedicta Lucerna
1 de abril Fahrtsfest Glaris
movible Venres Santo Todos salvo Tesino e Valais
movible Luns de Pascua Xenebra, Xura, Tesino, Vaud, Argovia, Appenzell Rodas-Interiores, Appenzell Rodas-Exteriores, Berna, Basilea-Cidade, Basilea-Campaña, Glaris, Grisones, Sankt-Gallen, Schaffhausen, Schwyz, Turgovia, Uri, Zúric Neuchatel, Lucerna, Obwalden, Nidwalden, Soleura, Zug
movible Ascensión Todos
movible Luns de Pentecostés Berna, Xenebra, Xura, Tesino, Argovia, Appenzell Rodas-Interiores, Appenzell Rodas-Exteriores, Berna, Basilea-Cidade, Basilea-Campaña, Glaris, Grisones, Sankt-Gallen, Schaffhausen, Schwyz, Turgovia, Uri, Zúric Friburgo, Vaud, Neuchatel, Lucerna, Obwalden, Nidwalden, Soleura, Zug
19 de abril Sechseläuten Zúric
1 de maio Día do Traballo Xura, Tesino, Basilea-Cidade, Basilea-Campaña, Schaffhausen, Soleura, Uri, Zúric
23 de xuño Conmemoración do plebiscito Xura
movible Corpus Christi Valais, Friburgo, Xura, Lucerna, Tesino, Argovia, Appenzell Rodas-Interiores, Obwalden, Nidwalden, Soleura, Schwyz, Uri, Zug
29 de xuño San Pedro e San Pablo Tesino
1 de agosto Festa nacional Todos (federal)
15 de agosto Asunción Valais, Friburgo, Xura, Lucerna, Tesino, Argovia, Appenzell Rodas-Interiores, Obwalden, Nidwalden, Soleura, Schwyz, Uri, Zug
xoves despois do 1 domingo de setembro Xaxún ginebrino Xenebra
luns seguinte ao terceiro domingo de setembro Luns de xaxún federal Vaud Neuchatel
2 de outubro Leodegar Lucerna
25 de setembro Festa de San Nicolás de Flüe Obwalden
1 de novembro Día de Todos Los Santos Friburgo, Xura, Tesino, Valais, Lucerna, Argovia, Appenzell Rodas-Interiores, Glaris, Obwalden, Nidwalden, Sankt-Gallen, Soleura, Schwyz, Uri, Zug
O cuarto luns do novembro O mercado de cebolas Berna
8 de decembro Inmaculada Concepción Friburgo, Tesino, Valais, Lucerna, Argovia, Lucerna, Obwalden, Nidwalden, Schwyz, Uri, Zug
12 de decembro A escalada Xenebra
25 de decembro Nadal Todos
26 de decembro Santo Esteban Berna, Neuchatel (soamente se o 25 cae un domingo), Tesino, Argovia, Zúric, Lucerna, Appenzell Rodas-Interiores, Appenzell Rodas-Extariores, Berna, Basilea-Cidade, Basilea-Campaña, Glaris, Grisones, Sankt-Gallen, Schaffhausen, Schwyz, Turgovia, Uri Friburgo, Obwalden, Nidwalden, Soleura, Zug
31 de decembro Restauración da República Xenebra

[editar] Educación

Suíza conta con catro linguas, culturas variadas, unha fermosa paisaxe e completa calma política. Por iso ten un papel destacado no panorama da educación internacional.

Con todo, para o inmigrante con fillos pequenos, a diversidade de idiomas expón un problema. Tomando como exemplo os cantóns de fala alemá, o neno inmigrante vese confrontado cunha variedade de idiomas no ámbito escolar que lle esixen un esforzo para adaptarse correctamente. Este neno inmigrante falará no seu fogar o idioma materno, cos nenos locais deberase comunicar en dialecto suízo, situación que se prolongará durante todo o kindergarten, e paulatinamente deberá incorporar o alemán normativo, que é a lingua de instrución, tanto falado como escrito, na escola primaria e superior.

É así que o dialecto suízo falado no kindergarten representa unha lóxica transición para o neno local, que deberá pasar do dialecto falado no seu fogar ao alemán normativo (linguaxe de instrución na escola primaria). Pero para o neno inmigrante, isto representa unha complicación, pois deberá facer o esforzo de aprender en 2 anos (a habitual duración do kindergarten), o dialecto suízo que logo deberá substituír polo alemán normativo durante a duración das clases, e seguirse comunicando en dialecto local cos seus compañeiros locais durante os recreos. Debido a isto, moitos padren inmigrantes con medios suficientes envían aos seus fillos a kindergartens de ensino en lingua exclusivamente alemá ou bilingües (inglés/alemán), para simplificar a aprendizaxe do idioma alemán, que é o idioma oficial da Suíza alemá. Aínda que isto facilita a aprendizaxe do alemán normativo (cuxo dominio é altamente apreciado polos locais), isto non resolve totalmente o complexo problema de integración, dado que os locais prefiren comunicarse informalmente en dialecto suízo, aínda que a súa instrución escolar sexa en alemán normativo, idioma que segue sendo considerado por moitos un idioma estranxeiro. Isto crea unha división cultural entre locais e inmigrantes que non dominen o dialecto local. Hai canles de televisión (p.ej. TeleBasel) e radios (p.ej. Radio Basilik) que actualmente transmiten os seus programas en dialecto suízo.


Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:


[editar] Miscelánea


[editar] Cidades


Países do mundo | Europa
Albania | Alemaña | Andorra | ARI Macedonia | Austria | Bielorrusia | Bélxica | Bosnia - Hercegovina | Bulgaria | Chequia | Chipre | Croacia | Dinamarca | Eslovaquia | Eslovenia | España | Estonia | Finlandia | Francia | Grecia | Hungría | Irlanda | Islandia | Italia | Letonia | Liechtenstein | Lituania | Luxemburgo | Malta | Moldova | Mónaco | Montenegro | Noruega | Países Baixos | Polonia | Portugal | Reino Unido | Romanía | San Mariño | Serbia | Suecia | Suíza | Ucraína | Cidade do Vaticano
Países con parte do seu territorio en Europa

Rusia | Turquía

Ferramentas persoais
Outras linguas