Madrid
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Madrid (homónimos).
Coordenadas: 40°24′0″N 3°41′0″W / 40.4°N 3.683333°W
| Madrid | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade Autónoma: | |
| Provincia: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 667 msnm |
| Superficie: | 607 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 3.155.359 hab. (INE 2005) |
| Densidade de poboación: | 5.198,29 hab./km² |
| Xentilicio: | Madrileño/a |
| Información | |
| Código postal: | 28001-28080 |
| Alcalde: | Ana Botella (PP) |
| Sitio na web: | www.madrid.es |
Madrid é a capital de España e da Comunidade de Madrid. Está situada no centro da Península Ibérica, ó sur da Serra de Guadarrama, no río Manzanares.
Cunha poboación de 3.232.463 habitantes (INE 2008) é a cidade máis grande e poboada do país e da Península Ibérica, e a terceira da Unión Europea. A súa área metropolitana, de 6.043.031 habitantes, é a terceira área urbana máis poboada da Unión Europea, por detrás das de París e Londres.
Como capital do Estado, Madrid alberga as sedes do Goberno, Cortes Xerais, Ministerios, Institucións e Organismos asociados, así como a residencia oficial dos reis de España.[1] No plano económico, Madrid é a cuarta cidade máis rica de Europa, tras Londres, París e Moscova.[2] É o principal centro financeiro e empresarial de España, actualmente, o 50,1% dos ingresos das 5.000 principais empresas españolas son xerados por sociedades con sede social en Madrid, as cales representan o 31,8% delas. É sede do principal mercado de valores do país, e de varias das máis grandes corporacións do mundo.
Nacida a partir do asentamento fortificado hispanomusulmán de Maǧrīţ,[3] conquistado por Afonso VI de León e Castela en 1083, a vila foi designada en 1561 como sede da corte de Filipe II, sendo a primeira capital permanente da monarquía española. Desde entón, salvo un breve intervalo de tempo entre 1601 e 1606 no que a capitalidade pasou temporalmente a Valladolid, Madrid foi a capital de España e sede do Goberno da Nación.[4]
Índice |
[editar] Xeografía
[editar] Emprazamento
A cidade de Madrid atópase na zona central da Península Ibérica, a poucos quilómetros ao norte do Cerro de los Ángeles, centro xeográfico desta. As coordenadas da cidade son 40°26'N 3°41'O e a súa altura media sobre o nivel do mar é de 667 m, sendo así unha das capitais máis altas de Europa.
O contexto xeográfico e climático de Madrid é o da Submeseta Sur, dentro da Meseta Central. A cidade está situada a poucos quilómetros da Serra de Guadarrama e hidrográficamente atópase emprazada na conca do Texo.
[editar] Hidrografía
O principal río de Madrid é o Manzanares, que penetra en municipio na contorna do Monte do Pardo alimentando o encoro do mesmo nome, ao que tamén chegan as augas dos arroios de Manina e Tejada. Pasado este espazo natural, o río comeza o seu curso urbano ao redor da cidade universitaria, entrando despois, brevemente, na Casa de Campo, onde recibe as augas do arroio de Meaques.
[editar] Clima
O clima de Madrid é un clima mediterráneo continental e está moi influído polas condicións urbanas. A temperatura media é de 12 °C.
Os invernos son fríos, con temperaturas inferiores aos 4-5 °C, xeadas frecuentes e nevadas ocasionais. Os veráns son calorosos con medias ao redor dos 24 °C en xullo e agosto e con máximas que frecuentemente superan os 35 °C. A oscilación diaria é importante na periferia urbana, pero se ve reducida no centro da cidade polo efecto antrópico. A amplitude térmica anual é alta (19 graos, cifra propia da Meseta Sur) como consecuencia da gran distancia ao mar e a altitude (ao redor dos 600 m). As precipitacións anuais son superiores aos 400 mm, con mínimos moi marcados no verán (catro meses secos, de xuño a setembro) e grandes oscilacións entre a zona NO, bastante máis chuviosa, e a zona SE que resulta máis árida.
| 1971-2000 | xan | feb | mar | abr | mai | xuñ | xul | ago | set | out | nov | dec | Total |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura máxima (°C) |
9,7 | 12,0 | 15,7 | 17,5 | 21,4 | 26,9 | 31,2 | 30,7 | 26,0 | 19,0 | 13,4 | 10,1 | 19,4 |
| Temperatura mínima (°C) |
2,6 | 3,7 | 5,6 | 7,2 | 10,7 | 15,1 | 18,4 | 18,2 | 15,0 | 10,2 | 6,0 | 3,8 | 9,7 |
| Precipitacións (mm) | 37 | 35 | 26 | 47 | 52 | 25 | 15 | 10 | 28 | 49 | 56 | 56 | 436 |
| 1971-2000 | xan | feb | mar | abr | mai | xuñ | xul | ago | set | out | nov | dec | Total |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Temperatura máxima (°C) |
10,6 | 12,9 | 16,3 | 18,0 | 22,3 | 28,2 | 33,0 | 32,4 | 27,6 | 20,6 | 14,7 | 11,0 | 20,6 |
| Temperatura mínima (°C) |
0,3 | 1,5 | 3,2 | 5,4 | 8,8 | 13,0 | 16,1 | 16,0 | 12,7 | 8,3 | 3,8 | 1,8 | 7,6 |
| Precipitacións (mm) | 33 | 34 | 23 | 39 | 47 | 26 | 11 | 12 | 24 | 39 | 48 | 48 | 386 |
[editar] Historia
- Artigo principal: Historia urbana de Madrid.
Madrid é habitado dende tempos prehistóricos, pero a primeira referencia escrita está nas crónicas do Califato de Córdoba. Mohamed I construíu un pazo no século IX (onde hoxe está o Pazo Real), e a cidade foi chamada Magerit (de onde provén Madrid).
Afonso VI conquistou a cidade no 1085 na súa marcha ata Toledo, e derrubou a mesquita construíndo a igrexa da Virxe da Almudena.
[editar] Poboación
A poboación de Madrid foi experimentando un importante aumento dende que se converteu en capital. Foi especialemente significativo no século XX, debido a gran cantidade de inmigración, tanto interio coma exterior.
Non obstante, este aumento desacelerouse en favor dos concellos da zona metropolitana a partir dos anos setenta, nos que Madrid comeza a perder poboación. No comezo do século XXI hai un aumento da inmigración. Segundo os derradeiros datos dispoñíbeis, a 1 de xullo de 2005 a poboación de Madrid ascendía a 3.228.914 habitantes, cun aumento de 271.856 habitantes respecto ao censo do 2001.
[editar] Xentilicio
O xentilicio dos habitantes de Madrid é «madrileño» ou «matritense». Así e todo, aos habitantes de Madrid chamóuselles tamén «gatos» debido a que, segundo conta a lenda, a conquista da cidade polas tropas de Alfonso VI a finais do século XI realizouse mediante o asalto da muralla pola que agatuñaron as tropas castelás.
Outras lendas sinalan que o apelativo de gatos outorgouse aos cidadáns de Madrid na Idade Media pola súa grande habilidade á hora de gabear polas murallas e penedos coas mans espidas.
[editar] Distritos e barrios
A cidade divídese administrativamente en 21 distritos, divididos ao mesmo tempo en distintos barrios. Estes son:
- Centro: Palacio, Embajadores, Cortes, Justiza, Universidad, Sol.
- Arganzuela: Paseo Imperial, Acacias, Chopera, Legazpi, Delicias, Palos de la Frontera, Atocha.
- Retiro: Pacífico, Adelfas, Estrella, Ibiza, Gerónimos, Neno Xesús.
- Salamanca: Recoletos, Goya, Fuente del Berro, Guindalera, Lista, Castellana.
- Chamartín: El Viso, Prosperidad, Ciudad Jardín, Hispanoamérica, Nueva España, Pza. Castilla.
- Tetuán: Bellas Vistas, Cuatro Caminos, Castillejos, Almenara, Valdeacederas, Berruguete.
- Chamberí: Gaztambide, Arapiles, Trafalgar, Almagro, Vallehermoso, Ríos Rosas.
- Fuencarral-El Pardo : El Pardo, Fuentelarreina, Peñagrande, Barrio del Pilar, La Paz, Valverde, Mirasierra, El Goloso.
- Moncloa-Aravaca: Casa de Campo, Argüelles, Ciudad Universitaria, Valdezarza, Valdemarín, El Plantío, Aravaca.
- Latina: Los Cármenes, Puerta del Ángel, Lucero, Aluche, Las Águilas, Campamento, Cuatro Vientos.
- Carabanchel: Comillas, Opañel, San Isidro, Vista Alegre, Porta Bonita, Boavista, Abrantes.
- Usera: Orcasitas, Orcasur, San Fermín, Almendrales, Moscardó, Zofio, Pradolongo.
- Puente de Vallecas: Entrevías, San Diego, Palomeras Bajas, Palomeras Sureste, Portazgo, Numancia.
- Moratalaz: Pavones, Horcajo, Marroquina, Media Legua, Fontarrón, Vinateros.
- Ciudad Lineal: Ventas, Pueblo Nuevo, Quintana, La Concepción, San Pascual, San Juan Bautista, Colina, Atalaya, Costillares.
- Hortaleza: Palomas, Valdefuentes, Canillas, Pinar del Rey, Apóstol Santiago, Piovera.
- Villaverde: San Andrés, San Cristóbal, Butarque, Los Rosales, Los Ángeles (Villaverde).
- Villa de Vallecas: Casco Histórico de Vallecas, Santa Eugenia.
- Vicálvaro: Casco Histórico de Vicálvaro, Ambroz.
- San Blas: Simancas, Hellín, Amposta, Arcos, Rosas, Rejas, Canillejas, Salvador.
- Barajas: Alameda de Osuna, Aeropuerto, Casco Histórico de Barajas, Timón, Corralejos.
[editar] Rañaceos en Madrid
- Artigo principal: Lista de rañaceos en Madrid.
O máis alto é a torre Picasso, 157 m de altura, sendo a segunda torre máis alta de España tras a torre Bali en Benidorm. Ten 46 andares. O segundo rañaceos máis alto da cidade é a torre Madrid no centro mesmo da cidade, na praza de España, con 142 metros, sendo no seu día o rañaceos máis alto do continente. O terceiro rañaceos máis alto é o edificio España, con 117 metros, situado tamén na praza de España, que data do ano 1953. Este foi o rañaceos máis alto até 1957. O cuarto é a torre Colón, na praza de Colón, con 116 metros, e do ano 1976. Séguenlle as torres Kio na Praza de Castela, con 114 metros. Hai moitos máis rañaceos na cidade que superan os 100 metros.
E hai tamén proxectadas novas construcións tales como catro torres de máis de 230 metros, o chamado Catro Torres Business Area. Este será un parque empresarial no que se atopará o rañaceos máis alto de España, a Torre Repsol, con case 250 metros.
[editar] Cultura e Ocio
[editar] Museos e Galerías
Madrid conta con importantes pinacotecas, as cales constitúen unha das principais atraccións turísicas da cidade. Tres dos principais museos atópanse no chamado triángulo do arte: o Museo do Prado, O Museo Thyssen-Bornemisza e o Museo Raíña Sofía.
Os máis significativos son:
- O Museo do Prado.
- O Museo Thyssen-Bornemisza.
- O Museo Raíña Sofía.
- O Museo da Real Academia de Belas Artes de San Fernando.
- O Museo Arqueolóxico Nacional.
- O Museo das Descalzas Reais.
- O Museo da Encarnación.
- O Museo Sorolla.
- O Museo das Ciencias Naturais.
- O Museo Nacional do Ferrocarril.
- O Museo Municipal.
- O Museo da Armada.
[editar] Monumentos
- Desde as orixes até ao s. XVI
- Muralla de Madrid
- Igrexa de San Nicolás dos Servitas
- Igrexa de San Pedro o Grande
- Casa dos Lujanes
- Século XVI
- Capela do Bispo
- Casa Cisneros
- Mosteiro das Descalzas Reais
- Casa das Sete Chemineas
- Ponte de Segovia
- Século XVII
- Casa da Panadaría
- Mosteiro da Encarnación
- Palacio de Uceda (Capitanía)
- Claustro de San Xerónimo o Real
- Praza Maior
- Igrexa Colexiata de San Isidro
- Casa da Vila (Concello)
- Convento das Trinitarias Descalzas
- Século XVIII
- Palacio Real
- A Casa de Correos
- A Casa de Postas
- A Real Casa de Aduanas
- Fonte da Cibeles
- Fonte de Apolo
- Fonte de Neptuno
- Porta de Alcalá
- Xardín Botánico
- Ponte de Toledo
- Observatorio Astronómico
- Século XIX
- Praza de Oriente
- Teatro Real
- Porta de Toledo
- Palacio do Senado
- Palacio do Congreso
- Teatro da Zarzuela
- Porta do Sol
- Biblioteca Nacional
- Banco de España
- Casón do Bo Retiro
- Palacio de Cristal
- Sociedade de Autores
[editar] Transporte
[editar] Autovías
As principais autovías de Madrid teñen un percorrido radial. As máis importantes son as coñecidas nacionais:
| Identificador | Percorrido |
|---|---|
| A-1 | Madrid – Aranda de Duero – Burgos – Miranda de Ebro – Vitoria – San Sebastián |
| A-2 | Madrid – Guadalajara – Zaragoza – Lleida – Barcelona |
| A-3 | Madrid – València |
| A-4 | Madrid – Córdoba – Sevilla – Jerez de la Frontera – Cádiz |
| A-5 | Madrid – Talavera de la Reina – Navalmoral de la Mata – Mérida – Badajoz – fronteira portuguesa |
| A-6 | Madrid – Medina del Campo – Benavente – Astorga – Ponferrada – Lugo – A Coruña |
Estas autovías son herdeiras das anteriores radiais (numeradas con números romanos: N-I, N-II, etc.). Algúns tramos destas autovías son de peaxe denominándose entón AP-X. Nestes tramos adoita perdurar a correspondente estrada radial sen peaxe.
Outras autovías que teñen a súa orixe en Madrid e de gran importancia pola densidade da súa trafico son a A-42 que une Madrid con Toledo e a M-607, unha autovía autonómica que une Madrid co porto de Navacerrada, dando servizo ás localidades de Colmenar Viejo e Tres Cantos. A A-52 é o ramal que se toma en Benavente en dirección a Ourense e Vigo.
Madrid ten ademais unha serie de estradas circunvalatorias á súa ao redor, estás son a M-30, que delimita a améndoa central da cidade, a M-40 nos barrios residenciais da cidade, a M-45, bordeando o municipio polo sueste, e a M-50, que non pecha o seu percorrido polo norte á altura do Pardo. Estas autovías serven para evitar que para que dirixirse dun punto a outro da periferia haxa que atravesar a cidade.
[editar] Metro
- Artigo principal: Metro de Madrid.
Actualmente o Metro de Madrid[5] é a segunda rede de metro máis extensa de Europa Occidental logo da de Londres[6].
A rede de Metro de Madrid ten unha lonxitude de 281,780 km e comprende trece liñas. Delas, discorren integramente polo concello de Madrid nove e o ramal, tres teñen parte do seu trazado fose do concello e unha discorre integramente por outros concellos.
O metro ten correspondencia con 19 estacións da rede de proximidades de Renfe.
[editar] Ferrocarril
- Artigo principal: Proximidades Madrid.
A compañía pública de ferrocarriles (Renfe) opera en case todas as liñas de tren españolas. As estacións de ferrocarril máis importantes de Madrid son as de Puerta de Atocha, Chamartín e, para o transporte de mercancías, a estación de clasificación de Vicálvaro, ao leste da cidade.
Das estacións de Atocha e Chamartín parten ademais liñas de tren cara a todas as capitais de provincia españolas. As redes de tren, proximidades e metro están amplamente interconectadas con intercambiadores como os de Atocha, Chamartín, Príncipe Pío ou Nuevos Ministerios.
Existe ademais unha rede de trens de alta velocidade, actualmente en crecemento, que parten de Madrid. As liñas que operan actualmente son:
- Madrid - Ciudad Real - Puertollano - Córdoba. Ramais a Sevilla e Málaga
- Madrid - Guadalaxara - Calatayud - Zaragoza - Lleida - Tarragona - Barcelona
- Madrid - Toledo
- Madrid - Segovia - Valladolid
E as seguintes están en execución:[7]
- Madrid – Cuenca – València
- Madrid – Cáceres – Mérida – Badajoz – Lisboa
- Madrid - Segovia - Valladolid - León - Oviedo - Xixón
- A ampliación desde Barcelona ata Francia para conectala coa rede francesa de alta velocidade.
[editar] Autobuses
Existe unha rede de autobuses urbanos xestionada, como o resto da rede de transporte público, polo Consorcio de Transportes de Madrid e pola Empresa Municipal de Transportes de Madrid, que conta con máis de 2.000 vehículos e 194 liñas. Moitos habitantes dos barrios periféricos da capital, a mesma autonomía e provincias limítrofes utilizan os servizos do ferrocarril de proximidades e autobuses interurbanos para chegar á capital e logo utilizar o metro. Por iso tamén a rede de autobuses está amplamente interconectada cos ferrocarrís. Os principais intercambiadores son os de Avenida de América e Méndez Álvaro, aínda que hai outros menores como os de Moncloa, Príncipe Pío e Plaza Elíptica.
[editar] Transporte aéreo
- Artigo principal: Aeroporto de Madrid-Barajas.
O principal aeroporto de Madrid é o de Madrid-Barajas, situado no nordeste da cidade, a 12 quilómetros do centro. Iniciou o seu servizo en 1928, aínda que se inaugurou oficialmente en 1931 e actualmente está xestionado por AENA. É ademais o principal aeroporto de España por tráfico de pasaxeiros. [8]
En 2005 o aeroporto moveu 45,5 millóns de pasaxeiros, cun crecemento respecto ao anterior do 8%. Ocupou o posto número 13 a nivel mundial e quinto europeo por número de pasaxeiros transportados. En 2007, o tráfico de pasaxeiros ascendeu a 52.122.702, convertendo a Barallas no décimo do mundo por volume de pasaxeiros e o cuarto de Europa, superando ao de Amsterdam-Schiphol que ata agora ostentaba ese posto dentro dos aeroportos europeos.[9]
O aeroporto está comunicado coa cidade a través da liña 8 de Metro e de numerosos autobuses e taxis.
A cidade conta ademais cun aeroporto de segunda categoría, o de Cuatro Vientos, destinado ao uso militar e escola de voo. Este último foi o primeiro en construírse de España.
[editar] Galería de imaxes
- Vexa o artigo principal en: Galería de imaxes de Madrid
[editar] Notas
- ↑ O monte de El Prado
- ↑ Expansion.com Madrid e Barcelona volven situarse entre as cidades máis ricas do mundo.
- ↑ Madrid Histórico
- ↑ Excepto durante a Guerra Civil de 1936-39, cando desde novembro de 1936 a xaneiro de 1939, o Goberno da República trasladouse primeiro a Valencia e logo a Barcelona.
- ↑ Metro de Madrid
- ↑ http://www.urbanrail.net/eu/mad/madrid-es.htm
- ↑ Altavelocdad.Org Os trazados
- ↑ Passenger Traffic 2006, informe de Airport Council International (ACI).
- ↑ [1]
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
|
|||||