Reis Magos
Os Reis Magos (tamén coñecidos como os Magos de Oriente) é o nome polo que tradicionalmente se denomina aos visitantes que, tras o nacemento do Neno Xesús, acudiron desde países estranxeiros para renderlle homenaxe e entregarlle agasallos de gran riqueza simbólica: ouro, incenso e mirra.
Índice |
Tradición [editar]
Nalgúns países (como en Galicia) existe a tradición de representar aos reis traendo os agasallos que os nenos lles pediron nas súas cartas durante a noite anterior á Epifanía.
Orixe [editar]
O nome de magos provén do latín "magi" e este de o grego "μάγοι". Este termo, sen ter o mesmo significado que o actual, era un título que se lle daba ás castes sacerdotais do zoroastrismo. Como parte da súa relixión, estes sacerdotes prestaban unha especial atención ao estudo das estrelas, e gañaron unha reputación internacional pola astroloxía.
A figura dos Reis Magos ten a súa orixe nos relatos do nacemento de Xesús, algúns dos devanditos relatos foron integrados dos evanxeos canónicos que hoxe conforman o Novo Testamento da Biblia. Concretamente o Evanxeo de Mateo é a única fonte bíblica que menciona a uns magos (aínda que non especifica o número nin o título de "reis") quen, tras seguir unha estrela, buscan ao Rei dos Xudeus que naceu en Xerusalén, guiándolles dita estrela ata Xesús nacido en Belén, e a quen ofrecen ofrendas de ouro, incenso e mirra. As tradicións antigas que non foron recollidas na Biblia, por exemplo o chamado Evanxeo do Pseudo Tomás (ou Evanxeos da infancia de Tomé) do século II, con todo, dan o seu número e asígnanlles nome: Melchor, Gaspar e Baltasar, posiblemente sacerdotes zoroastristas provenientes de Persia. Os nomes son ademais diferentes segundo a tradición siriaca. Segundo posteriores interpretacións os Magos foron considerados orixinarios de África, Europa e de Asia.
Non é ata o século XV cando Baltasar pasará a ser representado como unha persoa de cor ou incluso de etnia india[Cómpre referencia].
Galería de imaxes [editar]
-
Adoracións dos Reis. Tímpano da igrexa Santa María de Iria Flavia, Padrón.
Véxase tamén [editar]
|
|
|||||