América

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

América, as Américas, ou o Novo Mundo é unha división do mundo que se extende no Hemisferio Occidental desde o oceáno Ártico polo norte até case o océano Antártico polo sur, e está entre o océano Pacífico ao oeste, e o océano Atlántico ao leste. Está formado por dous subcontinentes (América do Norte e América do Sur), unidos por un estreito istmo. O seu nome deriva do explorador europeo Américo Vespucio.

Ás veces, e de forma incorrecta, chámase con este nome aos Estados Unidos de América.

Índice

Xeografía física [editar]

Hai moitas semellanzas xerais entre os dous subcontinentes de América. Ambos os dous teñen montañas moi altas nas súas rexións occidentais e montañas máis pequenas no leste. Ademais, estas montañas occidentais e orientais están separadas por grandes extensións de terra chá. Os extremos de América no norte e no sur son ambos os dous máis fríos, e a terra no centro é máis quente e tropical. Tamén, cada continente ten un río importante, máis grande que todos os outros: o río Amazonas en Sudamérica, e o río Mississippi en América do Norte.

Etnografía [editar]

A poboación americana está constituída polos descendentes de 3 grandes grupos étnicos e a súa mestura: amerindios e esquimós (que constituíron os habitantes autóctonos de América); europeos (de orixe británica, española, francesa, portuguesa, alemá, italiana e holandesa sobre todo), e africanos negros descendentes de escravos. Hai tamén outros emigrantes máis recentes, como os árabes de Oriente Medio e os chineses e xaponeses.

Idiomas [editar]

Idiomas de américa.png

Fálanse varios idiomas europeos e indíxenas en América. O idioma máis falado en América é o español, falado como lingua nativa por máis de 350 millóns de persoas en moitas nacións, rexións, illas e comunidades ao longo do continente.

Outros idiomas importantes son:
(enumerado por número de falantes)

En menor medida, tamén se falan:

Coa inmigración, hai moitas comunidades onde se falan outros idiomas de todas as partes do mundo, especialmente nos Estados Unidos e Canadá, dous destinos importantes para os inmigrantes.

O total de idiomas de América sobrepasa a centena.

Historia [editar]

Segundo a teoría máis aceptada actualmente, os amerindios descenden de grupos de cazadores-colleitadores de orixe siberiana que migraron a América polo estreito de Bering durante a última glaciación. A súa situación de illamento físico durante milenios respecto ás sociedades do Vello Mundo, permitiu o desenvolvemento de sociedades autónomas e moi orixinais, como os maias, os aztecas e os incas.

A partir de finais do século XV, produciuse a conquista europea do continente.

Xeografía política [editar]

Como resultado deste devir histórico, América conta actualmente cos seguintes países e dependencias:

Mapa de América

América do Norte [editar]

América Central [editar]

América do Sur [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

LocationAfrica.png
África
LocationAntarctica.png
Antártida
LocationAsia.png
Asia
LocationAmericas.png
América
LocationEurope.png
Europa
LocationOceania.png
Oceanía

Supercontinentes xeolóxicos

Gondwana  Laurasia  Panxea  Pannotia  Rodinia  Columbia  Kenorland  Ur  Vaalbara

Continentes míticos ou teóricos

Atlántida  Lemuria  Mu  Terra Australis