Cordilleiras Béticas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do Peñón de Ifach ao amencer

As Cordilleiras Béticas ou Sistemas Béticos son un conxunto de sistemas montañosos que se estenden polo sur da Península Ibérica, desde o golfo de Cádiz ata Alacant e Baleares. Forman parte do Arco de Xibraltar e se subdividen nas cordilleiras Subbética e Penibética.

É o máis importante dos conxuntos de relevo de España. É un vasto conxunto montañoso que se alarga máis de 600 km desde o Estreito de Xibraltar ata o Cabo da Nave e que ata continua por baixo do mar para aparecer nas Illas Baleares. O seu extremo máis estreito é na zona de Xibraltar e vaise ensanchando cara á zona oriental, onde se pon en contacto co zócolo herciniano da meseta.

Ao estudar a Cordilleira Bética hai que distinguir os seus trazos morfológicos. Pero tamén, para poder comprender eses trazos morfológicos, temos que ter en conta a estrutura que subxace debaixo desas formas estruturais e a súa evolución xeolóxica. Imos ver como estudan a serra os geólogos e os geógrafos para despois contrastalo.

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas