Catedral de Santiago de Compostela
Coordenadas: 42°52′50″N 8°32′42″W / 42.88056°N 8.545°W
| Catedral de Santiago de Compostela | ||
|---|---|---|
Fachada do Obradoiro, obra de Casas Novoa |
||
| Tipo | Catedral | |
| Advocación | Santiago o Maior | |
| Ubicación | Santiago de Compostela | |
| Culto | Igrexa Católica | |
| Diocese | Santiago de Compostela | |
| Construción | 1075-1211 | |
| Estilo arquitectónico | Románico, barroco, gótico | |
| Catalogación | Patrimonio da Humanidade (1985) (en conxunto coa cidade vella) Ben de Interese Cultural (1896) |
|
A Catedral de Santiago de Compostela é un templo de culto católico situado na cidade de Santiago de Compostela. Acolle o que, segundo a tradición católica, é o sepulcro do Apóstolo Santiago, o cal converteu o templo nun dos principais destinos de peregrinación de Europa durante a Idade Media a través do chamado Camiño de Santiago, unha ruta iniciática na que se seguía o ronsel da Vía Láctea comunicando a península Ibérica co resto do continente. Isto foi determinante para que os reinos medievais na península participasen nos movementos culturais da época; na actualidade segue a ser un importante destino de peregrinación. Un privilexio concedido en 1122 polo papa Calisto II declarou que serían «Ano Santo» ou «Ano Xubilar» en Compostela todos os anos nos que o día 25 de xullo, día de Santiago, coincidisen en domingo; este privilexio foi confirmado polo papa Alexandre III na súa bula Regis aeterni en 1179.
Foi declarada Ben de Interese Cultural en 1896[1], e cidade vella de Santiago de Compostela, que se concentra ao redor da catedral, foi declarada ben cultural Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1985[2].
[editar] Historia
Segundo a tradición católica, o Apóstolo Santiago o Maior difundiu o cristianismo pola península Ibérica.[3][4] No ano 44 foi decapitado en Xerusalén e os seus restos foron trasladados despois a Galicia nunha barca de pedra[5]. A raíz das persecucións romanas dos cristiáns de Hispania, a súa tumba foi abandonada no século III. Sempre segundo a lenda, esta tumba foi descuberta en torno ao ano 814 polo ermitán Paio (Pelagius) logo de ver unhas luces estrañas no ceo nocturno. O bispo Teodomiro de Iria recoñeceu este feito como un milagre e informou ao rei Afonso II de Asturias e Galicia; o rei ordenou a construción dunha capela no lugar. Di a lenda que o rei converteuse no primeiro peregrino neste santuario. Esta capela foi seguida por unha primeira igrexa o ano 829 e con posterioridade por unha igrexa prerrománica o 899, construída por orde do rei Afonso III, converténdose gradualmente nun importante lugar de peregrinación[6]. O ano 997 esta igrexa primitiva foi reducida a cinzas por Almanzor, comandante do exército do califa de Córdoba. As portas e as campás da igrexa, portadas aos ombreiros por cativos cristiáns ata Córdoba, engadíronse á mesquita alxama[7]. Cando Córdoba foi tomada polo rei Fernando III de Castela en 1236, estas mesmas portas e campás foron transportadas por prisioneiros musulmáns a Toledo, e incluíronse na Catedral de Santa María de Toledo.
A construción da actual catedral iniciouse en 1075 baixo o reinado de Afonso VI e o patrocinio do bispo Diego Páez. Foi construída segundo o mesmo plano que a igrexa de ladrillo monástica de San Sernín de Toulouse, probabelmente o maior edificio románico de Francia. O templo foi construído fundamentalmente en granito. A construción detívose en distintas ocasións e, segundo o Liber Sancti Iacobi, a última pedra foi colocada en 1122 e a catedral foi consagrada en 1128. Segundo o Códice Calixtino, os arquitectos foron «Bernardo o vello, un mestre marabilloso», o seu axudante Galperinus Robertus e, máis tarde, posiblemente «Esteban, mestre de catedrais». Na última etapa «Bernardo, o mozo» (que posiblemente era fillo de Esteban) terminaba o edificio[8], mentres que Galperinus estivo a cargo da coordinación. Tamén construíu unha fonte monumental diante da portada setentrional en 1122.
A última etapa de construción comeza en 1168 cando o capítulo encarga ao Mestre Mateo a realización da cripta e o Pórtico da Gloria, e a catedral é definitivamente consagrada en abril de 1211[9], na mañá do xoves da segunda semana de Pascua, polo arcebispo Pedro Muñiz, en presenza do rei Afonso IX e o seu fillo, ademais de numerosas autoridades eclesiásticas e civís[10][11].
A igrexa convértese en sé episcopal en 1075 e, en boa medida grazas ás xestións do bispo Diego Xelmírez e á súa crecente importancia como lugar de peregrinación, Calisto II consolídaa como sé arcebispal en 1120[12][13]. A catedral foi embelecida e ampliada entre os séculos XVI e XVIII.
[editar] Descubrimento do sepulcro
As orixes do culto a Santiago en Gallaecia pérdense nos anais dos tempos. A finais do século VII difúndese polo noroeste da península Ibérica a lenda de que Santiago o Maior fora enterrado nesas terras, despois de evanxelizalas. Esta idea recóllea na península o tratado De Ortu et Obitu Patrum, de Isidoro de Sevilla e, en Inglaterra o bispo Aldhelmo de Malmesbury.[14] [15]
O ano 813, oito séculos despois da morte do Apóstolo Santiago, un ermitán chamado Pelaio (o Paio, ou Pelagio), xunto con outros fieis, veu unhas luces estrañas nas proximidades dun lugar coñecido polo nome de Solovio, nun bosque chamado Libredón, e comunica este feiro a Teodomiro, bispo de Iria Flavia.
Despois de tres días de xexún, o bispo e os seus acompañantes foron ao lugar e descubriron entre as matogueiras un monumento feito de luosas de mármore, e non tiveron ningunha dúbida de que se trataba do sepulcro do Apóstolo e dos seus dous discípulos, Atanasio e Teodoro.
O bispo comunicou o achado ao rei de Asturias Alfonso II o Casto, que viaxou e inmediato coa súa corte ao lugar e otorgou as terras cercanas ao sepulcro ao bispo, máis as súas correspondentes rendas, e mandou construír unha pequema igrexa sobre o cemiterio (compositum), supra corpus apostoli ("enriba do corpo do Apóstolo"), xunto a un baptisterio e outra igrexa dedicada ao Salvador[16][17].
Tempo despois, nun documento datado o 4 de setembro de 834, o rey dicía:
Esta pequena igrexa foi a orixe da catedral de Santiago de Compostela ("Santo Jacobus do compositum"). (Outros sosteñen que a palabra Compostela provén de campus stellae, "campo das estrelas", debido ás luces que bailaban sobre o cemiterio).
[editar] Igrexa primitiva
No transcurso dunhas escavacións realizadas o ano 1878 baixo a ábsida da catedral dirixidas polo historiador López Ferreiro, sendo arcebispo de Compostela Miguel Payá y Rico, descubríronse os cimentos do sepulcro primitivo, denominado «Arca marmarica», con restos dun altar que constaba dunha laxe lisa sobre un fuste de pedra tamén liso. Presentaba unha planta duns oito metros por lado, con outro corpo central, máis pequeno e rectangular, construído con grandes perpiaños de pedra e os muros exteriores estaban realizados en cachotería. Tiña un pórtico con columnas e pavimento con laxes de granito; unha orla de mosaico romano rodeaba a tapa do sepulcro. A igrexa que mandou construír Afonso II respectou a antiga cela do sepulcro, derribáronse as columnas e construíuse un muro preto da arca marmórea en forma de nave cunha pequena ábsida e finalmente cubriuse todo cun teitume de madeira[19].
[editar] Igrexa prerrománica
Durante o reinado de Afonso III, ante o número crecente de peregrinos e as pequenas dimensións da igrexa, decidiuse a construción doutra edificación, de estilo prerrománico e máis ampla que a anterior. Realizouse cunha planta de tres naves, quedando integramente no seu presbiterio a antiga igrexa. Non se tocaron as sepulturas de Santiago e os seus discípulos, na cabeceira central colocouse un altar dedicado a san Salvador e nas absidiolas laterais á dereita situouse o altar de san Pedro e á esquerda o de san Xoán. A consagración, con grande ostentación, tivo lugar en maio do ano 899 coa asistencia de «a familia real, 17 bispos, 14 nobres e outras personalidades». Nun libro de pergameo da catedral consérvase a escritura de doazón por parte do rei Afonso III de Asturias[20].
No verán do 997 Santiago de Compostela foi atacada por Almanzor, o auténtico dominador do Califato de Córdoba, despois de que, temendo as súas intencións, o bispo Pedro de Mezonzo evacuara a cidade. Almanzor e as súas hostes musulmás queimaron o templo prerrománico dedicado a Santiago, respectando o sepulcro. Iso permitiu a continuidade do Camiño de Santiago. Cara ao ano 1000 volveuse a reconstruír polo bispo Pedro de Mezonzo[21][17].
[editar] Igrexa románica
O templo do século X tamén resultou insuficiente para atender as numerosas peregrinacións que acudían a Santiago de Compostela. Baixo o impulso do rei Alfonso VI o Bravo e do bispo Diego Páez iniciáronse as obras dunha gran catedral románica no ano 1075, a cargo dos mestres de obra Bernardo o Vello e o seu axudante Galperinus Robertus con medio centenar de canteiros, segundo o Códice Calixtino. O bispo Diego Páez foi destituído en 1088, parándose as obras por algún tempo[22].
Cinco anos máis tarde as obras estaban en marcha, impulsadas polo recentemente nomeado administrador da diocese, Diego Xelmírez, co apoio do novo bispo Dalmacio e de Raimundo de Borgoña. En 1101 abandona a cidade de Compostela o Mestre Esteban deixando completadas as capelas da xirola ou deambulatorio e iniciadas as obras da fachada das Praterías. Desde este momento continuáronse con regularidade os traballos, e durante as dúas primeiras décadas do século XII rematáronse os traballos dos brazos do cruceiro (en 1111), ata a colocación da última pedra, que, si atendemos as indicacións do Códice Calixtino, tivo lugar no ano 1122[23]. Diego Xelmírez, nomeado bispo no 1100 e primeiro arcebispo de Compostela en 1120, foi a figura máis importante na tarefa de impulsar a actividade construtora en Santiago. Aínda que houbo diversas paradas durante a súa construción, a gran cantidade de esmolas conseguidas fixo posible a súa volta ao culto e a súa consagración en 1128. No ano 1140 xa se cubriron seis tramos das naves, e o Mestre Mateo fíxose cargo da dirección das obras en 1168 cando iniciou o Pórtico da Gloria e, aínda que continuaron as obras ata boa parte do século XIII, consagrouse definitivamente a catedral o ano 1211[23].
[editar] Peregrinación
- Artigo principal: Camiño de Santiago.
Aproximadamente desde o 813, co achado das reliquias do Apóstolo e baixo a protección do rei Afonso II de Asturias, a noticia esténdese con rapidez por toda a Europa cristiá e os peregrinos empezan a chegar ao lugar, o denominado Campus Stellae (probablemente a orixe do termo Compostela), e que se converteu progresivamente nun centro de peregrinación coa fundación dun convento e diversas hospedaxes na propia cidade. O ano 850, Gotescalco, bispo francés de Le Puy-en-Velay peregrinou ata o sepulcro e está considerado como o primeiro peregrino estranxeiro documentado[24][17].
Relixiosos vinculados á Orde de Cluny elaboraron o Códice Calixtino (Codex Calixtinus) e a Historia Compostelá para o arcebispo Diego Xelmírez e os reis peninsulares favoreceron a constitución e proxección dunha rede de mosteiros cluniacenses no norte da península e especialmente nas proximidades do Camiño de Santiago, conseguindo así grandes edificacións de estilo románico. Concedeuse un privilexio, confirmado polo papa Alexandre III, consistente en que o ano en que o 25 de xullo, festa de Santiago o Maior, coincidise en domingo poderíanse gañar na igrexa de Compostela as mesmas grazas que se outorgaban en Roma os anos xubilares, que alí adoitan coincidir cada vinte e cinco anos. Trátase da bula de concesión máis antiga que se conserva, a Regis aeterni, datada en 1179. Nesta bula confírmase un privilexio outorgado polo papa Calisto II[25].
Durante o século XIV producíronse grandes convulsións sociais en Europa que desviaron aos peregrinos cara a outros destinos. Por outra banda, a Reconquista desprazou toda a atención económica e gobernamental dos reinos españois cara ao sur. O Cisma de Occidente en 1378 dana e divide a cristiandade. O século XV tampouco axudou á súa revitalización, pleno de desagradables acontecementos no vello continente: guerras, fame, peste e malas colleitas. A pesar de todo, moitos crentes continuaban acudindo ata a tumba do Apóstolo para cumprir a súa penitencia pero posteriormente o Camiño foi caendo no esquecemento, e logo da Idade Media e Moderna foi perdendo importancia. Desde o Ano Santo de 1993, o goberno autónomo galego decidiu potenciar o seu valor enfocándoo como un recurso turístico e dirixido a persoas co perfil do peregrino relixioso tradicional; deste xeito lanzouse unha gran campaña publicitaria para a Compostela dese ano: o «Xacobeo 93». Grazas a este plan de potenciación restauráronse tramos da ruta e as infraestruturas para os peregrinos e contouse coa colaboración das comunidades autónomas polas que atravesa o Camiño. Este atópase indicado por frechas pintadas de amarelo, cunchas de vieira, cruces de Santiago e outros sinais. En 1993 foi considerado ben cultural Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO[26].
Os tramos son carreiros de gran percorrido que teñen xeralmente unha lonxitude de máis de cincuenta quilómetros e están pensados para camiñadas de máis de dúas xornadas. Unhas marcas de pintura branca e vermella van guiando ao camiñante. Os peregrinos que chegan á catedral teñen que mostrar a «credencial» do Camiño, que demostrará que percorreron e aloxáronse nos lugares que nela se mostran[27] A «Compostela» é un certificado expedido polas autoridades eclesiásticas e que se entrega aos peregrinos cando acaban a súa peregrinación na catedral, e para obtela necesítase percorrer un mínimo de cen quilómetros a pé (douscentos se se vai en bicicleta ou dacabalo). Durante a Idade Media a «Compostelá» era un medio de indulxencia, que permitía reducir á metade o tempo de estancia da alma no purgatorio, e se esta fora obtida nun Ano Santo compostelán, obtíñase a indulxencia plenaria[28].
Son numerosas as rutas de peregrinación compostelá que se foron creando ao longo dos séculos. En España iníciase nos portos de Somport (vía tolosana) ou de Roncesvalles (Navarra). Aínda que os camiños polos que chegan os fieis a Santiago son moi numerosos, un dos percorridos máis coñecido é o chamado camiño francés; trátase dun percorrido de gran riqueza cultural e artística ao que van sumándose outras rutas que os novos peregrinos van forxando cada ano, aproveitando os trazados históricos aos cales engaden novas rutas. Os peregrinos van en aumento ano tras ano[29].
[editar] Exterior da catedral
Cada unha das fachadas forma coas súas respectivas prazas magníficos conxuntos urbanísticos. A fachada barroca do Obradoiro foi realizada por Casas Novoa en 1740; tamén é barroca a da Acibechería, obra de Ferro Caaveiro e Fernández Sarela e modificada por Ventura Rodríguez; a de Praterías, construída polo Mestre Esteban en 1103; e sobre todo o Pórtico da Gloria, obra primordial da escultura románica, concluída polo Mestre Mateo en 1188.
[editar] O Pórtico da Gloria
- Artigo principal: Pórtico da Gloria.
O pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela é un pórtico de estilo románico realizado polo Mestre Mateo e o seu obradoiro por encargo do rei Fernando II, quen doou a este efecto cen marabedís anuais, entre 1168 e 1188, data esta última que consta inscrita en pedra na catedral como a da súa finalización. O 1 de abril de 1188 colocáronse os linteis do pórtico e a conclusión do conxunto demorouse ata o ano 1211, momento no que se consagrou o templo coa presenza do rei Afonso IX[10].
O pórtico divídese en tres arcos de medio punto que se corresponden con cada unha das tres naves da igrexa, sostidos por grosos piares con columnas encostadas. O arco central é o maior (o dobre que cada un dos laterais), e é o único que posúe tímpano e está dividido por unha columna central, o parteluz, coa figura de Santiago. Verticalmente, a franxa inferior está formada polas bases das columnas, decoradas con animais fantásticos, a franxa media está formada por columnas que sustentan as estatuas encostadas dos Apóstolos e a superior polos arcos que coroan as tres portas. O conxunto escultórico pretende ser unha representación iconográfica de diferentes símbolos tomados da Apocalipse de san Xoán e doutros textos do Antigo Testamento[30].
[editar] Tímpano
A disposición do tímpano está baseada na descrición de Cristo que fai o evanxelista san Xoán no Apocalipse (Cap. 1,1-18). No centro, móstrase o pantocrátor, coa imaxe de Cristo en Maxestade, mostrando nas mans e nos pés as feridas da crucifixión. Rodeando a Cristo, o tetramorfo coas figuras dos catro evanxelistas cos seus atributos: á esquerda, arriba san Xoán e o aguia e abaixo san Lucas co boi; á dereita, arriba san Mateo sobre o cofre do recadador de tributos e abaixo san Marcos e o león[31].
A ambos os dous lados dos evanxelistas, detrás de san Marcos e san Lucas, aparecen catro anxos a cada lado cos instrumentos da Paixón de Cristo. Uns levan, sen tocalos directamente, a cruz e a coroa de espiñas (á esquerda) e a lanza e os catro cravos (á dereita), outros a columna na cal foi azoutado e a ámboa coa cal lavouse Poncio Pilato. Sobre as cabezas destes anxos, dous numerosos grupos de almas dos benaventurados, corenta en total. Na arquivolta do tímpano central atópanse sentados os vinte e catro anciáns do Apocalipse, sostendo cada un un instrumento musical, como preparando un concerto en honra de Deus[31].
[editar] Parteluz
No parteluz ou mainel atópase a figura sedente de Santiago Apóstolo cun bastón de peregrino, como patrón da basílica. Santiago aparece cun pergameo onde figura escrito Misit em Dominus (envioume o Señor). A columna acaba sobre a súa cabeza cun capitel onde se representan as tentacións de Cristo en tres das súas caras; na que mira cara ao interior do templo, rezan dous anxos axeonllados. Ao pé do santo hai outro capitel coas figuras da Santa Trindade. Baixo o Apóstolo represéntase a árbore de Xesé, nome que recibe a árbore xenealóxica de Xesucristo desde Xesé, pai do rei David; é a primeira vez que se representa este tema na iconografía relixiosa na península Ibérica. A columna repousa sobre unha base onde hai unha figura con barba ata o peito (quizais unha imaxe de Noé) e dous leóns. Ao pé desta columna central, na parte superior interior mirando cara ao altar maior da catedral, está a figura axeonllada do propio Mestre Mateo, sostendo un cartel no que está escrito Architectus. Esta imaxe coñécese popularmente como «Santo dos croques»[32], pola antiga tradición dos estudantes de golpear a súa cabeza contra a figura para recibir sabedoría, tradición que foi adoptada posteriormente polos peregrinos, aínda que se están tomando medidas para limitar o acceso para intentar frear o deterioramento que por este motivo sufriu a obra.
[editar] Xambas
Nas columnas da porta central e nas dúas portas laterais aparecen representados apóstolos, profetas e outras figuras, cos seus atributos iconográficos. Todas están coroadas co seu respectivo capitel onde se representan diferentes animais e cabezas humanas con motivos de follas. Todas as figuras estaban policromadas e co seu nome inscrito nos libros ou pergameos que sosteñen nas súas mans.
Os catro puntais do pórtico susténtanse sobre fortes envasamentos de columnas onde se representan grupos de diversos animais e cabezas humanas con barba. Para algúns autores estas figuras son imaxes de demos, e simbolizan que o peso da gloria (o pórtico neste caso) esmaga ao pecado. Outras fontes danlle unha interpretación apocalíptica, con guerras, fame e morte (representadas polas bestas), situacións que só se poden salvar grazas á intelixencia humana (as cabezas dos homes anciáns).
[editar] Portas laterais
O arco da porta dereita representa o Xuízo Final. A dobre arquivolta está dividida en dous partes iguais por dúas cabezas. Algúns autores identifican estas cabezas coas figuras de o arcanxo Miguel e Cristo, para outros son Cristo-Xuíz e un anxo, e outras fontes indican que representan a Deus Pai e Deus Fillo. Á dereita destas cabezas aparece representado o Inferno, con figuras de monstros (demos) que arrastran e torturan as ánimas dos condenados. Á esquerda, o Ceo cos escolleitos, con figuras de anxos con nenos que simbolizan as ánimas salvadas[33][34].
O arco da porta esquerda representa escenas do Antigo Testamento, cos xustos que esperan a chegada do Salvador. No centro da primeira arquivolta está Deus creador, que bendice ao peregrino e sostén o libro da Verdade Eterna; á súa dereita está Adán (espido), Abraham (co índice levantado) e Xacobe. Con eles hai dúas figuras máis que poderían ser Noé (novo pai da humanidade para salvala do Diluvio) e Esaú ou Isaac e Xudá. Á esquerda de Deus vemos a Eva, Moisés, Aharón, o rei David e Salomón. Na segunda arquivolta, a superior, dez pequenas figuras representan as doce tribos de Israel[31].
[editar] Fachada do Obradoiro
A praza do Obradoiro á que dá esta fachada fai alusión ao obradoiro de canteiros que funcionaba na praza durante a construción da catedral. Para protexer o Pórtico da Gloria da deterioración que estaba sufrindo polas inclemencias meteorolóxicas, esta fachada e as súas torres xa tiveran varias reformas desde o século XVI. No século XVIII decidiuse construír a actual fachada barroca, obra de Fernando de Casas Novoa. Conta cunhas grandes ventás acristaladas que permiten iluminar a antiga fachada románica e atópase entre as torres das Campás e da Carraca. No medio do corpo central está Santiago Apóstolo e un nivel máis abaixo os seus dous discípulos, Atanasio e Teodoro, todos vestidos de peregrinos. No medio, a urna (representación do sepulcro atopado) e a estrela (representación das luminarias que viu o ermitán Paio) entre anxos e nubes. Na torre da dereita está María Salomé, nai de Santiago, e na torre da esquerda o seu pai, Zebedeo. Sobre a balaustrada desta parte esquerda pode verse a santa Susana e san Xoán e sobre a da dereita a santa Bárbara e Santiago o Menor[35].
Para subir ata a entrada da fachada atópase unha escaleira, realizada no século XVII por Xinés Martínez, de estilo renacentista inspirada na de Giacomo da Vignola do Palacio Farnesio (Roma), en forma de rombo con dúas ramplas que rodean a entrada á antiga cripta románica do século XII do Mestre Mateo, denominada popularmente «Catedral Vella»[36].
Entre o plano existente da fachada do Obradoiro e a antiga portalada románica (Pórtico da Gloria) atópase un nártex cuberto.
Esta fachada converteuse nun símbolo da catedral e da cidade de Santiago de Compostela. Proba da súa representatividade é o gravado que aparece no reverso das moedas españolas de 1, 2 e 5 céntimos de euro.
[editar] Fachada sur ou das Praterías
- Artigo principal: Fachada das Praterías.
A fachada das Praterías é a fachada meridional do cruceiro da catedral de Santiago de Compostela e é a única fachada románica que se conserva na catedral. Edificouse entre 1103 e 1117 e durante os séculos posteriores fóronselle engadindo elementos procedentes outros lugares da catedral[37]. A praza das Praterías está delimitada pola catedral e o claustro en dous dos seus lados; contigua á catedral está a Casa do Cabido.
Consta de dúas portas de entrada en degradación con arquivoltas e tímpanos historiados. As arquivoltas están sobre once columnas encostadas, tres son de mármore branco (a central e as dos extremos) e o resto de granito. Na central aparecen as figuras de doce profetas e nas laterais os Apóstolos. Sobre os tímpanos atópase un gran friso que está separado do corpo superior por unha franxa sostida por canzorros grotescos; neste piso atópanse dúas fiestras que están adornadas por arquivoltas románicas[37].
No friso central atópase Cristo, con personaxes e escenas varias, á súa dereita as seis figuras que pódense ver pertencen ao coro do Mestre Mateo que foron colocadas a finais do século XIX[38]. A disposición orixinal dos elementos iconográficos quedou desvirtuada desde que no século XVIII foron introducidas numerosas imaxes recuperadas da desmantelada fachada da Acibechería. Nun medallón central aparece o Pai Eterno (ou a Transfiguración de Xesús) coas mans abertas e sobre os arcos no extradorso figuran catro anxos con trompetas que anuncian o Xuízo Final[37].
No tímpano da porta esquerda aparece Cristo tentado por un grupo de demos. Á dereita aparece unha muller a medio vestir cunha caveira nas mans, que podería ser Eva ou a muller adúltera; esta figura non está orando de xeonllos senón que está sentada sobre dous leóns. Nas xambas aparecen san André e Moisés. No contraforte esquerdo, o bíblico rei David sentado no seu trono coas pernas cruzadas, translúcidas a través da fina tea da súa roupa, e tocando unha viola, personifica o triunfo sobre o mal e é unha obra destacada do románico, esculpida polo Mestre Esteban ou mestre das Praterías[39]; aparece tamén a creación de Adán e Cristo bendicindo. Moitas destas figuras proceden da fachada románica norte ou do Paraíso (actual fachada da Acibechería) e foron colocadas nesta fachada no século XVIII[37][40].
No tímpano da porta dereita aparecen varias escenas da paixón de Cristo e da adoración dos Reis Magos. Nunha das xambas aparece a inscrición que conmemora a colocación da primeira pedra:
Inscrición que segue o calendario romano e, segundo o cómputo da chamada Era Hispánica, corresponde ao 11 de xullo de 1078. Unha imaxe, non identificada, sobre un raposo que come unha lebre e, fronte a esta, unha muller mal vestida cun animal no colo, proceden doutro lugar. Apoiadas no muro da torre Berenguela aparecen outras imaxes que representan a creación de Eva, Cristo nun trono e o sacrificio de Isaac[37].
[editar] Fachada norte ou da Acibechería
A fachada da Acibechería atópase na Praza da Inmaculada ou da Acibechería, onde desemboca o último tramo urbano dos camiños Francés, Primitivo, do Norte e Inglés a través da antiga porta Franxígena ou porta do Paraíso. O portal románico foi construído en 1122 por Bernardo, tesoureiro do templo. Este portón foi demolido tras sufrir un incendio o ano 1758; algunhas pezas escultóricas que se salvaron foron colocadas na fachada das Praterías. A nova foi proxectada en estilo barroco por Lucas Ferro Caaveiro e terminada por Domingo Lois Monteagudo e Clemente Fernández Sarela en estilo neoclásico, aínda que conservou algúns trazados do barroco, o ano 1769[41].
Na parte superior da fachada atópase unha estatua de Santiago do século XVIII, con dous reis aos seus pés en posición de oración: Afonso III e Ordoño II. No centro atópase a estatua da Fe[42][43].
Esta fachada foi restaurada no ano 2011, adquirindo un estado similar ó orixinal.[44].
[editar] Fachada leste ou da Quintana
A fachada da catedral que dá á praza da Quintana ten dúas portas, a Porta Real, de estilo barroco, iniciada baixo a dirección de José de Veiga y Verdugo por José de la Peña de Toro en 1666 e finalizada por Domingo de Andrade en 1700, que realizou unhas grandes columnas que abarcan dúas plantas de ventás, unha balaustrada con grandes pináculos e unha edícula cunha escultura ecuestre de Santiago (hoxe desaparecida), moi adornado con decoración de acios de froitas e trofeos militares a gran escala. Por esta porta accedían os reis de España á catedral, de aí o seu nome, e sobre o seu lintel atópase o escudo real[37][45].
A chamada Porta Santa ou Porta do Perdón é a máis próxima ás escalinatas, está polo xeral pechada cunha rella e ábrese só nos anos xubilares, o día 31 de decembro do ano anterior. Foi unha das sete portas menores e estivo dedicada a san Paio (cuxo convento está xusto en fronte). Sobre esta porta pódense ver nunhas fornelas a imaxe de Santiago e os seus discípulos Atanasio e Teodoro ao seu lado. No corpo inferior e a ambos os dous lados da porta colocáronse vinte e catro figuras de profetas e apóstolos (entre eles o propio Santiago), que proviñan do antigo coro de pedra do Mestre Mateo. No interior desta porta pasando un pequeno patio atópase a verdadeira Porta Santa, pola que se entra ao deambulatorio da ábsida do templo[37][46].
[editar] Torre das Campás
As primitivas torres que se atopaban na fachada principal da catedral eran románicas (actual fachada do Obradoiro). Denomínanse respectivamente torre das Campás, a situada no lado da epístola (dereita), e torre da Carraca, no lado do evanxeo (esquerda); as dúas teñen unha altura de entre 75 e 80 metros[47]
O primeiro corpo da torre construíuse no século XII; no século XV realizáronse diversas modificacións e o rei Luís XI de Francia doou en 1483 as dúas campás maiores das trece coas que conta[48].
Debido a unha inclinación que se detectou na súa estrutura entre os séculos XVI e XVII tivo que ser reforzada con contrafortes, entre 1667 e 1670 José de la Peña realizou o corpo de estilo barroco en que se atopan aloxadas as campás, e que foi terminado por Domingo de Andrade. A arquitectura das torres ten un gran efecto de perspectiva grazas ás súas liñas verticais e ao escalonamento dos seus pisos[49][50].
[editar] Torre norte ou da Carraca
Está situada á beira esquerda da fachada do Obradoiro, foi edificada como a súa compañeira do lado contrario sobre outra anterior da época románica. Foi proxectada por Fernando de Casas Novoa en 1738 imitando a torre das Campás realizada por Peña del Toro e Domingo de Andrade no século XVII, conseguindo unha decoración barroca con todo tipo de ornamentación que aportou unha unificación arquitectónica en toda a fachada[49].
En abril de 2010 instalouse unha réplica da antiga carraca, por non ser posible a súa restauración, que pasará a formar parte do Museo Catedralicio. A nova é unha copia fiel do antigo instrumento e foi realizada coa mesma clase de madeira de castiñeiro, consta de catro caixas de resonancia rectangulares cunha lingüeta en cada unha que ao virar sobre un eixe dentado e golpealas faias soar; as caixas están colocadas en forma de cruz e cada brazo mide algo máis de dous metros. Este antigo instrumento, na actualidade en desuso na liturxia, facíase tocar durante as celebracións de Semana Santa como símbolo de duelo pola morte de Xesús, para acalar o son das campás durante esta época de recollemento[51]
[editar] Torre do Reloxo, da Trindade ou Berenguela
A Torre do Reloxo, tamén chamada da Trindade ou, non con toda xustiza, a Berenguela, atópase na intersección da praza das Praterías e a praza da Quintana. Tradicionalmente considérase que se iniciou a súa construción en 1316, a instancias do arcebispo Rodrigo de Padrón, como torre de defensa e trala súa defunción continuou coa obra o seu sucesor, o arcebispo Berenguel de Landoria, aínda que algúns autores sosteñen que eses datos poden non ser correctos[48]. Cando foi nomeado mestre maior da catedral, Domingo de Andrade proseguiu a súa construción e entre 1676 e 1680 elevouna dúas plantas máis e coa utilización de diversas estruturas conseguiu un conxunto harmonioso e ornamental cun coroamento en forma piramidal e unha lanterna como remate final (en cuxo interior permanecen acesas, permanentemente, catro lámpadas de incandescencia). Elévase ata os setenta e cinco metros de altitude[50].
En 1833 colocouse un reloxo de catro esferas (unha por cada cara da torre), realizado por Andrés Antelo e que fora un encargo do arcebispo Rafael de Vélez. Como parte do seu mecanismo conta con dúas campás, a das horas, chamada Berenguela, e outra máis pequena que marca os cuartos; as dúas foron fundidas en 1729 por Güemes Sampedro, a Berenguela ten un diámetro de 255 cm e unha altura de 215 cm, cun peso aproximado de 9600 quilos, e a dos cuartos pesa 1839 quilos cun diámetro de 147 cm e unha altura de 150 cm. Ambas campás sufriron un agretamento que obrigou a súa substitución; as réplicas actuais fundíronse en Asten (Países Baixos) pola casa Eijsbouts en 1989 e foron colocadas na catedral en febreiro de 1990[52][53].
[editar] Interior da catedral
A estrutura do edificio está situada sobre un área de oito mil metros cadrados, consta dunha planta en cruz latina de tres naves dunha lonxitude duns cen metros cun cruceiro tamén de tres naves e de preto de setenta metros de lonxitude. A altura na nave central é de vinte e dous metros en todo o seu percorrido e alcanza os trinta e dous de máximo na bóveda do cruceiro. O ciborio, situado sobre o centro do transepto, é gótico e substitúe o antigo de estilo románico[23].
Cerca do altar maior, a xirola ou deambulatorio está composta por diversas capelas románicas absidais, a central de planta cadrada, e tamén ten dúas ábsidas en cada un dos brazos do cruceiro. Sobre as naves laterais, separadas da central por corenta e dúas columnas, atópase un triforio con cuberta de cuarto de canón e balcón de ventás de dobre arquería. A nave central cóbrese con bóveda de canón sobre arcos faxones e as laterais con bóvedas de aresta[23].
A iluminación provén das fiestras dos dous pisos das naves laterais do período románico, na capela maior son polilobuladas e as que corresponden á xirola son ollos de boi. A ornamentación interior pódese apreciar nos capiteis historiados da parte do ábsida e nos adornos vexetais da galería[37].
A catedral dispón de dous grandes órganos situados na parte central dos tramos altos da nave principal. Foron fabricados en 1708 e 1712 por encargo do capítulo catedralicio ao mestre Manuel de la Viña e a caixa ao arquitecto Antonio Afonsín e ao escultor Manuel Romay. En 1978 fusionáronse nun só, a consola foi substituída e incluíronse mecanismos electrónicos e informáticos por unha empresa italiana[54].
[editar] Coros
[editar] Coro de pedra
- Artigo principal: Coro pétreo do Mestre Mateo.
Realizado polo Mestre Mateo e o seu obradoiro en torno a 1200, existiu un coro de pedra que ocupaba catro tramos da nave central, tiña forma de rectángulo con crestería e os asentos cerimoniais estaban decorados con imaxes de apóstolos e profetas que se atopaban entre edificios, nunha representación do Xerusalén celestial. Foi desmantelado da catedral en 1603 para substituílo por outro de madeira, e as súas pezas foron utilizadas para outros fins e tamén utilizadas como cachotería. Vinte e catro esculturas de apóstolos, profetas e patriarcas procedentes deste coro pétreo atópanse na porta da fachada da praza da Quintana. En diversas obras de escavación e restauración da catedral fóronse atopando pezas que pertencían ao coro, e que na actualidade están expostas no museo da catedral. O militar e cronista do Apóstolo Santiago Mauro Castellá Ferrer, testemuña da súa destrución, escribiu: «se ha desecho el mas lindo Coro antiguo que avía en España»[55].
[editar] Coro de madeira
O novo coro de madeira foi obra dos escultores Xoán Davila e Gregorio Español por encargo do arcebispo Xoán V a principios do século XVII, que decidiu o desmantelamento do anterior para a colocación da cátedra arcebispal que lle faltaba ao anterior e para adecualo ás disposicións do Concilio de Trento. Realizouse baixo deseño de Davila con dúas filas de asentos, o primeiro consta de trinta e cinco asentos con respaldos de figuras de medio corpo, e o segundo consta de corenta e nove asentos con personaxes de pé representando apóstolos, profetas, doutores da Igrexa, mártires e outros santos fundadores e locais. A cadeira arcebispal colocada no centro do segundo piso preside o conxunto. Logo de ocupar un espazo na nave central da catedral, en 1945 decidiuse a súa desmontaxe e traslado ao Mosteiro de San Martiño Pinario e un segundo traslado ao de Santa María de Sobrado en 1973. Estas viaxes tiveron como consecuencia que se producisen importantes danos no conxunto do cadeirado, polo cal no ano 2002 decidiuse proceder á súa restauración e a súa montaxe de novo no Mosteiro de San Martiño Pinario[56].
[editar] Capela maior
A capela maior era románica na súa orixe pero foi reformada durante o barroco por orde do novo mestre de obras, José de Vega y Verdugo, nomeado por Inocencio X. Conta na entrada con púlpitos renacentistas a ambos os dous lados con escenas da vida do Apóstolo realizados por Juan Bautista Celma en 1578. Un baldaquino do século XVII sostido por anxos e un camarín barroco. O altar foi construído por Domingo de Andrade sobre o sepulcro do Apóstolo e no que puxo tres representacións do santo, dentro do camarín unha imaxe de Santiago sedente de pedra policromada do século XIII vestido como peregrino cunha esclavina de prata adornada con gran pedrería; pódese subir pola parte posterior do altar para realizar o tradicional abrazo ao santo[57]. Sobre o tabernáculo está representado Santiago nunha estatua ecuestre e catro reis fanlle honores: Afonso II, Ramiro I, Fernando o Católico e Filipe IV. Finalmente atópase en cada ángulo a representación das virtudes cardinais: a prudencia, a xustiza, a fortaleza e a temperanza. O arcebispo de orixe mexicana Antonio Monroy foi o mecenas que doou a prata para a construción do frontal do altar, o sagrario, o expositor e a imaxe da Inmaculada[49].
[editar] Cripta sepulcral
Baixo o camarín[58] está o suposto sepulcro de Santiago e dos seus dous discípulos, Atanasio e Teodoro. Por temor ás frecuentes incursións de piratas ingleses, especialmente de Francis Drake que ameazara Compostela tras desembarcar na Coruña en 1589, por orde do arcebispo Xoán V (Juan de San Clemente), as reliquias foron trasladadas aquel mesmo ano e escondidas no solo da ábsida do templo ao lado da capela maior.
[editar] Fe ou lenda: polémica sobre a autenticidade dos restos
Co tempo foise esquecendo este lugar e, en xaneiro do ano 1879 o cardeal Miguel Payá y Rico decidiu recuperar as reliquias, realizándose diversas escavacións (dirixidas por López Ferreiro, como quedou dito) até encontrar unha urna que contiña ósos na zona da ábsida.
Despois dunha análise por parte da Universidade compostelán, a Santa Sede realizou un proceso que culminou na súa autentificación polo papa León XIII en 1884 mediante a bula Deus Omnipotens.[59]
Realizáronse reformas na cripta para mostrar as reliquias nunha nova urna de prata cicelada de estilo románico coa imaxe central de Maiestas Domini dentro dunha mandorla rodeado polo tetramorfo e os Apóstolos a ambos os lados, que foi realizada segundo deseño de José Losada en 1886 e colocada sobre un altar de mármore.[60]
Pero no 1900 o haxiógrafo Louis Duchesne publica na revista de Toulouse Annales du Midí un artigo, baixo o título "Saint Jacques en Galice", no que suxire que quen realmente está enterrado en Compostela é Prisciliano, baseándose na viaxe que os seus discípulos fixeron cos restos mortais do herexe até a súa terra natal, e segundo esta teoría, o Camiño de Santiago tería os seus inicios nesa ruta.
Realmente, xamais se realizaron probas científicas sobre os restos que se conservan baixo o altar da catedral de Compostela, e a autenticidade dos mesmos foron postas en dúbida en numerosas ocasións, entre outros, polo historiador católico Claudio Sánchez Albornoz:
Outros que dubidaron da presenza dos restos do apóstolo na catedral de Santiago foron Unamuno e San Josemaría Escrivá de Balaguer.[Cómpre referencia]
Por unha parte, documentouse arqueoloxicamente a existencia previa dun cemiterio de orixe céltica e reutilizado en distintas épocas por diversos grupos: polos primeiros cristiáns chegados á zona de Galicia (despois do ano 250, aproximadamente), polos suevos, que ocuparon o reino de Galicia entre 411 e 585), polos visigodos ("godos do oeste", pobo xermano que ocupou Hispania entre 585 e 711, que conquistaron o reino suevo, e que nese período tiña a súa capital en Toledo), e polos musulmáns no século VIII.
Estes descubrimentos só proban que Compostela era una necrópole precristiá, pero non soluciona nada con respecto á tumba de Santiago, cuxos restos poderían pertencer ben ao mesmo apóstolo (o tráfico de reliquias comezaba a desenvolverse nese período), ben a calquera outro mártir cristián.
Incluso algúns propoñen, como Duchesne, que se trata dos restos de Prisciliano. E esta teoría pasou a converterse nunha hipótese moi popular, alternativa á tradición cristiá.
Opoñéndose a esta teoría, José Guerra Campos [61] indica a existencia dun lugar que podería ser o lugar de enterramento de Prisciliano: Os Martores, pertencente á parroquia de San Miguel de Valga, Pontevedra. Alí hai unha ermida, dedicada a San Mamede, en cuxo interior apareceron sarcófagos antropoides tallados en pedra que ben puideran pertencer ao século IV.
A teoría de Guerra Campos baséase na denominación popular coa que se coñeceu aos discípulos de Prisciliano axustizados en Tréveris, até moito tempo despois da súa morte: os mártires (en galego dialectal os mártores), sendo este o único topónimo destas características en toda Galicia.
Por outra parte, unha última teoría (sobre a tumba de Prisciliano), foi exposta por Celestino Fernández de la Vega, que establece o posíbel lugar de enterramento de Prisciliano en Santalla de Bóveda, localidade próxima a Lugo.[62]
[editar] Outras capelas
Ó redor da planta principal da Catedral ábrense diferentes capelas de diversa antigüidade, dimensións e riqueza ornamental. Comezando polo Pórtico da Gloria e en sentido inverso ás agullas do reloxo, son as seguintes:
[editar] Capela de Alba
[editar] Capela das Reliquias
Esta capela foi construída entre 1520 e 1535 por encargo do arcebispo Alonso III de Fonseca ao arquitecto Juan de Álava (discípulo de Juan Gil de Hontañón) que a realizou cunha cuberta de bóveda de crucería. Contén unha importante colección de reliquias que se iniciou durante a Idade Media ao ser utilizada para conter os restos mortais dos diferentes bispos da catedral. Os relicarios están colocados nun retablo neogótico de 1924 deseñado por Rafael da Torre sobre un anterior de Bernardo de Cabrera e Gregorio Español do ano 1630 e que quedou medio esnaquizado por un incendio en 1921, aínda que non sufriron dano os relicarios nin as súas reliquias[63].
- Panteón Real
- Artigo principal: Panteón Real da catedral de Santiago.
No Panteón Real atópanse diversas sepulturas que foron trasladadas en 1535 desde a súa localización orixinal na capela de santa Catalina. Un século máis tarde construíronse uns arcosolios nos muros da capela onde foron colocados os sepulcros de Fernando II[64], Berenguela de Barcelona[65], Afonso IX[66], Raimundo de Borgoña[67], e Xoana de Castro, segunda esposa de Pedro I[63].
[editar] Capela do Pilar
Esta capela está formada pola unión das antigas capelas de san André e san Froitoso construídas por encargo do arcebispo Diego Xelmírez. A súa nova edificación foi debida ao desexo do arcebispo Antonio Monroy e para utilizar como sancristía. Encargou a obra en 1694 a Domingo de Andrade y Novoa e foi continuada polo novo mestre de obras Fernando de Casas tras a defunción do anterior en 1712. O retablo foi realizado por Romay seguindo o deseño de Fernando de Casas. A imaxe central da Virxe do Pilar é de pedra e contén entre outras as figuras dos santos Domenec, Sebastián, Tomé e Xoán. Atópase tamén o sepulcro do arcebispo Antonio Monroy representado en actitude de oración, realizado por Diego Fernández de Sande. A capela ten unha cúpula oitavada cunha lanterna adornada con tallas de motivos militares e heráldicos. Foi utilizada como sancristía ata 1879 cando, por orde do cardeal Miguel Payá y Rico, pasou a ter unicamente a función de capela[68].
[editar] Capela de Mondragón
A capela da Piedade, coñecida como capela de Mondragón, fundada en 1521 polo cóengo Juan de Mondragón con licenza do arcebispo Alonso III de Fonseca e terminada ao ano seguinte, é de estilo oxival gótico flamíxero do século XVI[69]. Destaca o relevo en terracota do Descendemento de Xesús ou Lamentación sobre Cristo morto, obra de Miguel de Sevilla do ano 1526[50].
[editar] Capela da Azucena ou de san Pedro
Situada xunto á Porta Santa, a seguinte capela pola xirola, chamada antigamente de san Pedro e posteriormente da Azucena, foi fundada por Mencía de Andrade en 1571, quen ten tamén na capela o seu sepulcro con estatua xacente realizada por Juan Bautista Celma. O retablo barroco foi deseñado por Fernando Casas Novoa e construído por Francisco de Moas en 1731, e nel pódense ver as imaxes da Virxe da Azucena e dos santos Pedro, Xosé, Xudas Tadeo e Rita de Casia[70][71].
[editar] Capela do Salvador
É a capela que está situada no centro da xirola e é por onde se comezou a construción da catedral románica no século XI polo mestre Bernardo o Vello, como demostran as inscricións en dous dos capiteis do arco da entrada na capela, un coa representación do rei Afonso VI e outro con dous anxos portadores dunha banda onde se pode ler:
e o outro, que representa ao bispo Diego Peláez, coa inscrición que sosteñen os anxos que reza:
Nesta capela atópase un retablo en mármore policromado de estilo plateresco cuxo comitente foi o arcebispo Alonso III de Fonseca, a principios do século XVI. Contén este retablo as imaxes do Salvador, da Nai de Deus co Neno e de Santiago peregrino[72].
[editar] Capela da Nosa Señora a Branca
A capela da nosa Señora a Branca, chamada tamén dos España, en memoria do seu fundador Juan de España (cuxo sepulcro atópase nesta capela) e familia, os cales ao morrer sen sucesión cedérona a Pedro de Arosa. O seu retablo neogótico é de 1906, contén no centro a imaxe barroca da Nosa Señora a Branca, talla de Gregorio Fernández Prieto de 1747, e nun lateral atópase a imaxe da Virxe de Montserrat. Nesta capela o gremio de prateiros dá culto a santo Eloi[73][74][75].
[editar] Capela de san Xoán
A capela de san Xoán, antigamente de santa Susana, foi fundada polo arcebispo Diego Xelmírez para renderlle culto a este santo. O seu retablo contén as imaxes de san Xoán, do século XV, e a de santa Susana e de santo Domingo de la Calzada obras modernas realizadas por Mariñas en 1902. Nesta capela atópase a sepultura do bispo Miguel Novoa Fuente no chan e a da irmá do arcebispo Xoán de San Clemente[76].
[editar] Capela de san Bartolomeu ou da Santa Fe
A capela, chamada antigamente da Santa Fe e agora de san Bartolomeu, ten un retablo plateresco en mármore policromado, obra do flamenco Mateo Arnao, que contén as imaxes da Virxe do Bo Consello no centro, coas representacións de san Bertomeu e de Santiago peregrino a ambos os dous lados. Na mesma capela atópase o sepulcro renacentista realizado tamén polo mestre Arnao, onde se atopan sepultados os restos de Diego de Castela, bisneto do rei Pedro I o Cruel, falecido no ano 1521[75].
Conta a sepultura coa figura dun corpo xacente vestido con capa pluvial e adornos de bordados, a cabeza está sobre dúas almofadas e os pés repousan sobre un león. Debaixo atópase unha inscrición que di:
Sobre o sarcófago hai un baixorrelevo da Resurrección de Xesús[77].
[editar] Capela da Concepción ou da Prima
A capela da Concepción de María, chamada tamén da Prima porque os cóengos celebraban nela a «missa prima», foi reformada e proxectada o ano 1525 por Juan de Álava e dedicada á Inmaculada Concepción, cuxa imaxe foi realizada en pedra policromada por Cornelis ou Cornielles de Holanda no século XVI. O seu retablo con dobre altar é obra de Simón Rodríguez e a imaxe do Descenso da Cruz do altar da esquerda é obra de Diego Fernández de Sande, todo realizado en 1721. No chan está soterrado o arquitecto Domingo Antonio de Andrade[78].
[editar] Capela do Espírito Santo
A capela do Espírito Santo atópase preto da porta de entrada á igrexa-capela da Corticela, no brazo norte do cruceiro, foi fundada a finais do século XIII, con dotación para doce clérigos aos cales, no século XV, o arcebispo Álvaro de Isorna outorgoulles o título de «racioneiros do Espírito Santo» coa obrigación, entre outras, de cantar todas as tardes a Salve Regina á nosa Señora. Destacan nesta capela os magníficos sepulcros dos séculos XIII ao XVI. Foi ampliada no século XIV e reformada con posterioridade en diversas ocasións[49].
A imaxe da Virxe da Soidade, realizada en 1666, foi trasladada desde detrás do coro da catedral ata esta capela para o seu culto. O manto bordado é un agasallo do arcebispo e relixioso capuchino, frei Rafael de Vélez. A peaña, os anxos e as pezas ornamentais son tamén pezas doadas, e o frontal de prata realizouno Antonio Morales en 1747[75].
[editar] Capela de San Nicolao
[editar] Capela da Corticela
Tivo a súa orixe nun oratorio dedicado a Santa María, chamado da Corticela, que foi destruído no século IX. Reconstruído nos séculos XII e XIII, foi integrado no trazado da catedral cara ao século XVIII; accédese a esta capela por un pasadizo do cruceiro norte[79].
A porta románica consta de diversas arquivoltas con columnas e capiteis decorados con motivos vexetais e zoomorfos, e no tímpano represéntase a adoración dos Reis Magos. A planta consta de tres naves separadas por arcos de medio punto con columnas de capiteis tamén decorados con motivos vexetais. Á ábsida da cabeceira ten unha ventá con decoración xaquelada (axadrezada). Na nave lateral dereita atópase a sepultura do cardeal Gonzalo Eans, falecido en 1342, coa súa figura xacente instalada baixo un arco oxival con moldura decorada de puntas de diamante[80][81].
[editar] Capela de San Andrés
[editar] Capela de San Antón
[editar] Capela de Santa Catalina
[editar] Capela da Comuñón
Tamén chamada do Sagrado Corazón, atópase na nave do lado do evanxeo; no muro de entrada atópase unha imaxe de alabastro da Virxe do Perdón. Esta capela foi fundada por Lope de Mendoza no ano 1451 para a súa sepultura. No século XVIII sufriu reformas baixo o mandato do arcebispo Bartolomé de Raxoi, transformando o arquitecto Miguel Ferro Caaveiro (fillo de Lucas Ferro Caaveiro) boa parte da capela ao estilo neoclásico cunha cúpula sobre oito columnas de orde xónica. O retablo é de Francisco de Lens e contén catro imaxes de doutores da Igrexa realizadas polo astorgano Gregorio Español e por Juan Dávila, de ascendencia castelá, quen tamén executaron o cadeirado do coro da catedral entre 1599 e 1608 e que actualmente se conserva no mosteiro de Sobrado do Bispo. O sepulcro do arcebispo Raxoy atópase á dereita da capela e na parte esquerda está o do arcebispo Lope de Mendoza[49][75][82].
[editar] Capela do Cristo de Burgos
A capela do Cristo de Burgos debe o seu nome á imaxe dun Cristo tallado en madeira en Burgos en 1754 de autor anónimo. Foi fundada polo arcebispo Pedro Carrillo y Acuña como capela funeraria e nela atópase a súa escultura en actitude de oración na parte esquerda da capela. A súa construción realizouse por parte de Melchor Velasco y Agüero en 1665 coa planta en forma de cruz grega e unha cúpula de artesóns. Conta con dous altares laterais de estilo barroco executados por Melchor de Prado; no altar da parte dereita represéntase a escena evanxélica de María Salomé intercedendo en favor dos seus fillos Santiago e Xoán ante de Cristo, e no altar esquerdo móstrase a escena do lamento de san Pedro logo de negar a Xesús[75].
[editar] Museo e tesouro catedralicio
- Artigo principal: Museo da Catedral de Santiago de Compostela.
Fundado no ano 1930 Museo da Catedral de Santiago de Compostela é unha institución que acolle e expón diversas obras artísticas e arqueolóxicas, propiedade da Sé compostelana, que abarcan desde a época romana até a actualidade. O museo está situado na mesma catedral.
O museo abranxe diversos espazos catedralicios, con diferente situación dentro da fábrica catedralicia:
- Museo-Claustro, con ingreso desde o lado meridional da praza do Obradoiro.
- Cripta do Pórtico da Gloria, accédese pola escalinata de ingreso á catedral, na mesma praza indicada.
- Tesouro e Panteón Real, actualmente pódese visitar desde a entrada ao Museo-Claustro.
- Pazo de Xelmírez, éntrase nel desde o lado norte da mesma praza do Obradoiro.
Á beira da capela das Reliquias atópase unha capela gótica que contén diversos tesouros catedralicios entre os que destaca a custodia procesional realizada en 1544 polo ourive Antonio de Arfe; mide metro e medio de altura e ten catro pisos formados por columnas de estilo plateresco con gran cantidade de figuras dos Apóstolos e un Cristo resucitado, e na peana atópanse gravadas escenas da vida do Apóstolo Santiago. Ademais móstranse outras cruces pertencentes a diversos arcebispos e de diferentes épocas, imaxes de prata dos séculos XVI e XVII, crucifixos de marfil así como unha Virxe, tamén deste material, do século XVI[63].
[editar] Claustro e Arquivo
O claustro ten unha planta cadrada de trinta e catro metros de lado e foi construído a principios do século XVI segundo os planos dos arquitectos Juan de Álava e Juan Gil de Hontañón; na súa construción interviñeron diversos mestres desde o seu inicio en 1521 ata a súa finalización en 1590. É de estilo gótico-renacentista da escola castelá e coróase cunha balaustrada calada con pináculos. Como é habitual nos antigos claustros existen sepulturas de personaxes relacionados coa catedral. No lado norte atópase a capela de Alba, fundada en 1530, que garda no seu interior un retablo coa Transfiguración de Xesús, obra que data do século XVIII. Nun ángulo do claustro atópanse as campás orixinais da torre Berenguela[83].
Desde o claustro accédese á Sala capitular, edificada por Lucas Ferro Caaveiro, e ao Arquivo-Biblioteca da catedral, onde se atopan manuscritos como o Códice Calixtino (desaparecido dende que foi roubado o 5 de xullo do 2011) do Liber Sancti Iacobi, entre moitos outros libros e documentos que fan referencia á catedral e á historia de Galicia desde a Idade Media ata os nosos días.
[editar] Tapices
A catedral conta cunha colección de tapices que se atopa en cinco salas habilitadas para a súa exposición, unha delas dedicada só para os doce de Francisco de Goya que foron legados á catedral en 1814 por Pedro Acuña y Malvar. Estes tapices foran realizados na Real Fábrica de Tapices de Santa Bárbara por encargo do rei Carlos III de España para os Reais Sitios de El Pardo entre os anos 1776 e 1780[84]. Nas outras salas móstranse diferentes tapices de David Teniers, Mariano Salvador Maella, Ramón Bayeu e Peter Paul Rubens[85].
[editar] O Botafumeiro
- Artigo principal: Botafumeiro.
O Botafumeiro é un inmenso incensario de latón bañado en prata que pesa 62 quilogramos baleiro e mide 1,60 metros de altura. O Botafumeiro anterior pesaba 60 kg, pero no ano 2006 engadíuselle un baño de prata que incrementou o seu peso ata os 62 kg da actualidade. A corda que o sostén, atada ao cruceiro da catedral, na actualidade é dun material sintético, ten unha lonxitude de 65 m, 5 centímetros de diámetro e pesa 90 kg. Anteriormente as cordas estaban feitas de cánabo ou esparto. O Botafumeiro énchese cuns 40 kg de carbón e incenso (co que supera os 100 kg de peso ao comezo dos seus movementos), despois átase con fortes nós a unha longa corda que vai ata o teito do edificio, e desprázase mediante un mecanismo de poleas pola nave da igrexa; para conseguilo, un grupo de oito homes, que reciben o nome de «tiraboleiros», empúxano primeiro para polo en movemento, e despois tiran cada un dun cabo da corda para ir conseguindo velocidade. O movemento do Botafumeiro pode alcanzar unha velocidade de 68 km/h durante o seu desprazamento polo cruceiro da catedral, desde a porta da Acibechería á porta das Praterías, describindo un arco de 65 m e unha altura máxima de 21 m (un ángulo de 82º). Para chegar a esta altura máxima necesítanse 17 percorridos completos[86].
A tradición di que o uso do incensario na catedral de Santiago empezou no século XI, coa idea de arrecender o templo e eliminar o mal cheiro que deixaban os peregrinos, cansados, suorentos e desaseados e moitos deles enfermos. No ano 1200 cambiouse o sistema inicial de poleas por un sistema de rodaxes que permitía o desprazamento lateral, co cal podía percorrer uns 150 cm, que era a distancia que permitía a corda. O rei Luís XI de Francia doou á catedral en 1400 unha suma de diñeiro para substituír o incensario medieval, que non se realizou ata 1554. O mecanismo de rodaxe actual do Botafumeiro instalouse en 1604.
O novo incensario foi realizado completamente en prata, pero foi roubado polas tropas de Napoleón en abril de 1809 durante a Guerra da Independencia española, sendo substituído polo actual, que foi creado polo ourive José Losada en 1851[87].
Unha proba da importancia simbólica do Botafumeiro en España é o deseño das moedas de 5 pesetas do ano 1993, cun gravado do incensario compostelán.
[editar] Notas
- ↑ Igrexa Catedral Metropolitana. Patrimonio Histórico. Base de datos de bienes inmuebles. Ministerio de Cultura de España. Consultado o 19 de abril de 2011.
- ↑ «Sede de uno de los más célebres lugares de peregrinación de la cristiandad y símbolo de la lucha de los cristianos españoles contra el Islam, esta ciudad del noroeste de España fue arrasada por los musulmanes a finales del siglo X. Totalmente reconstruida en el siglo siguiente, Santiago de Compostela es una de las zonas urbanas de mayor belleza del mundo, realzada por sus monumentos románicos, góticos y barrocos. Los más antiguos se concentran en torno a la catedral, tumba del apóstol San Santiago, a la que se accede por el magnífico Pórtico de la Gloria». Ciudad vieja de Santiago de Compostela (1985) (castelán). World Heritage Centre. UNESCO. Consultado o 9/10/2010.
- ↑ Orlandis, J. (1990), «Algunas consideraciones en torno a los orígenes cristianos en España» Universidad de Murcia Cristianismo y aculturación en tiempos del imperio romano, pp. 63-71.
- ↑ Lligadas, J. (2005), El libro de los santos, Centro De Pastoral Liturgic. ISBN 8498050413.
- ↑ Franco Maside, R. e Pereira Menaut, G. (2005). "Muerte Y Ritual Funerario en la Historia de Galicia". SEMATA. Ciencias Sociais e Humanidades 17: pp. 35-60. Universidad de Santiago de Compostela. ISSN 1137-9669.
- ↑ Garrido Torres 2000: p. 100
- ↑ Garrido Torres 2000: p. 101
- ↑ Gómez Moreno 1947: p. 121
- ↑ Na páxina web do 800 aniversario da catedral que se celebrou en 2011 estabelécese como data da consagración o 21 de abril de 1211, e existe bibliografía ([1][2][3]) que cita a mesma data, malia que a Pastoral do Arcebispado de Santiago de Compostela, a raíz do aniversario fala do día 3, e outros autores ([4][5][6]) tamén citan ese día como data da consagración.
- ↑ 10,0 10,1 Bravo Lozano 1999: p. 235
- ↑ Armesto, V. (1971), Editorial Galaxia Galicia feudal, 2ª ed., pp. 188 e 287.
- ↑ Portela Silva, E. (2003), Universidade de Santiago de Compostela Historia de la ciudad de Santiago de Compostela, p. 176. ISBN 8497501373.
- ↑ González López, E. (1978), Editorial Galaxia Grandeza e decadencia do reino de Galicia, pp. 219-220. ISBN 8471543036.
- ↑ Santiago y los orígenes del cristianismo en España
- ↑ Santiago en los textos literarios
- ↑ Flórez, Enrique e Risco, Manuel (1756): España Sagrada: Theatro Geographico-Historico De La Iglesia De España: Tomo XIX. Antonio Marín, páxs. 64-65.
- ↑ 17,0 17,1 17,2 Villanueva, Jesús (2010). "Santiago de Compostela. La ciudad del Apóstol". Historia National Geographic (79): pp. 64-78. ISSN 1696-7755D.
- ↑ Bravo Lozano, Millán (1999): Camino de Santiago Inolvidable. León: Everest. ISBN 84-241-3905-4, páx. 5.
- ↑ Navascués 1997: p. 219
- ↑ Navascués 1997: p. 220
- ↑ Vaqueiro 1998: p. 448
- ↑ Navascués 1997: p. 221
- ↑ Bravo Lozano 1999: p. 6
- ↑ Santana, José María Que é un Ano Santo Compostelán?. venacompostela.com. Consultado o 4/01/2011.
- ↑ Camino de Santiago de Compostela (1993) (castelán). World Heritage Centre. UNESCO. Consultado o 14/10/2010.
- ↑ Esta «credencial» é un pequeno caderno de papel que se pode obter nalgúns albergues e igrexas, que, polo xeral, é selada un par ás veces ao día.
- ↑ La Compostela y La Credencial (castelán). Portal de la Archidiócesis de Santiago de Compostela. Consultado o 15/10/2010.
- ↑ Peregrinos en los últimos años (castelán). Portal de la Archidiócesis de Santiago de Compostela. Consultado o 15/10/2010.
- ↑ Vázquez/Yzquierdo/García/Castro 1996: pp. 76-77
- ↑ 31,0 31,1 31,2 Pórtico de la Gloria y el Maestro Mateo (castelán). Románico en La Coruña. Arteguias. Consultado o 17/10/2010.
- ↑ El Maestro Mateo o el Santo dos Croques (castelán). El camino de Santiago. Centro virtual Cervantes. Consultado o 17/10/2010.
- ↑ La Catedral Metropolitana (castelán). Pórtico de la Gloria. Portal de la Archidiócesis de Santiago de Compostela. Consultado o 17/10/2010.
- ↑ El Pórtico de la Gloria, Alzado (castelán). Rincones de Santiago. Consultado o 17/10/2010.
- ↑ Fachada del Obradoiro (castelán). Rincones de Santiago. Consultado o 17/10/2010.
- ↑ Bendala Galán, Manuel (2003), Silex Manual del Arte Español, pp. 542-543. ISBN 84-7737-099-0.
- ↑ 37,0 37,1 37,2 37,3 37,4 37,5 37,6 37,7 Navascués 1997: p. 223
- ↑ Fachada de Platerías (castelán). Fundación Barrie. Consultado o 18/10/2010.
- ↑ Gómez Moreno 1947: p. 128
- ↑ Miguel Ángel García Guinea (1998), Santa María la Real Vida cotidiana en la España medieval: actas del VI Curso de Cultura Medieval, celebrado en Aguilar de Campóo (Palencia) del 26 al 30 de septiembre de 1994, pp. 133-134. ISBN 8486547466.
- ↑ Belda Navarro, Cristóbal (1997), Akal Los siglos del barroco, p. 116. ISBN 84-460-0735-5.
- ↑ Exteriores: fachadas e prazas. Catedral. Percorrido da Catedral. Web oficial de turismo de Santiago de Compostela. Consultado o 18/10/2010.
- ↑ Santiago de Compostela. RuralPoint Turismo Rural. Consultado o 18/10/2010.
- ↑ Concluyen las obras de restauración de la fachada de Azabachería de la catedral de Santiago (castelán). La Voz de Galicia. Consultado o 10 de setembro de 2011.
- ↑ Vila, Mª Dolores Vega y Verdugo y la introducción del Barroco (castelán). Artehistoria Revista Digital. Junta de Castilla y León. Consultado o 19/10/2010.
- ↑ Otero Pedrayo 1965: pp. 405-406
- ↑ Catedral do Apóstolo Santiago - Santiago de Compostela (Galicia) (castelán). Inventario de las campanas de las Catedrales de España. Campaners de la Catedral de València (2010). Consultado o 19/10/2010.
- ↑ 48,0 48,1 Vázquez Castro, J. (1998). "La Berenguela y la Torre del Reloj de la Catedral de Santiago". Semata Ciencias Socias E Humanidades 10: 111-148. Universidad de Santiago de Compostela. ISSN 1137-9669.
- ↑ 50,0 50,1 50,2 Santiago de Compostela. Catedral (castelán). Centro Virtual Cervantes. Consultado o 19/10/2010.
- ↑ Concha Pino. "A carraca, muda e musealizada", La Voz de Galicia, 31/12/2010. Consultado o 9/3/2011.
- ↑ Llop i Bayo, Francesc (2010) La torre del reloj de la catedral (castelán). Campaners de la Catedral de València. Consultado o 20/10/2010.
- ↑ Pedrals, Joan (2010) Les campanes originals del rellotge de la Catedral de Santiago de Compostela (catalán). Campaners de la Catedral de València. Consultado o 20/10/2010.
- ↑ Jiménez Gómez, E. (agosto 2004). "In corpore et anima: el despertar de los órganos". Música de órgano'04 Santiago de Compostela: pp. 9-12. Consultado o 21/10/2010.
- ↑ Reconstrucción del coro pétreo del maestro Mateo. Historia (castelán). Fundación Pedro Barrié de la Maza. Consultado o 21/10/2010.
- ↑ Rosende Valdés, A. A. y Suárez Otero, J. (2010) El coro lígneo de la catedral de Santiago de Compostela: Memoria Histórica, Recuperación y Restauración (castelán). Fundación Caixa Galicia. Consultado o 21/10/2010.
- ↑ Goikoetxea, I. (1993), Guía práctica para recorrer el camino de Santiago, p. 175, Txertoa, Editorial. ISBN 8471482800.
- ↑ Un camarín é unha capela pequena, situada detrás dun altar, na que se venera algunha imaxe.
- ↑ Llorca Vives, B.; García Villoslada, R. & Montalbán, F. J. (1960): Historia de la Iglesia Católica en sus cuarto grandes edades: Antigua, media, nueva, moderna. Volume I: Edad antigua (1-681). Editorial Católica, páx. 142. [7]
- ↑ Yzquierdo Perrín, R. (2003): Los caminos a Compostela: el arte de la peregrinación. Ed. Encuentro. ISBN 8474906938, páx. 19. [8]
- ↑ José Guerra Campos (1983): Exploraciones arqueológicas en torno al sepulcro del Apóstol Santiago. Santiago de Compostela: Cabildo de la Catedral. ISBN 84-7009-192-1
- ↑ Fernández de la Vega, Celestino: voz "Lugo", en Gran Enciclopedia Gallega, Editorial Silverio Cañada, Oviedo, 1974.
- ↑ Elorza, Juan e Lourdes Vaquero (1990), Junta de Castilla y León. Consejería de Cultura y Bienestar Social: Editorial Evergráficas El Panteón Real de las Huelgas de Burgos. Los enterramientos de los reyes de León y de Castilla, p. 57. ISBN 84-241-9999-5.
- ↑ Vila Jato, Dolores e Jaime Díaz (2000), Editorial Everest, S.A. Catedral de Santiago de Compostela, p. 57. ISBN 84-241-3622-5.
- ↑ Vila Jato, Dolores e Jaime Díaz (2000), Editorial Everest, S.A. Catedral de Santiago de Compostela, p. 56. ISBN 84-241-3622-5.
- ↑ Del Arco y Garay, Ricardo (1954), «XIII» Instituto Jerónimo Zurita. Consejo Superior de Investigaciones Científicas Sepulcros de la Casa Real de Castilla, p. 200.
- ↑ Navascués 1997: p. 226
- ↑ Villa-Amil 1866: p. 124
- ↑ Villa-Amil 1866: pp. 125-126
- ↑ Villaverde Solar, D. (2008). "La representación de la muerte en Galicia durante el siglo XVI". Cuadernos de Estudios Gallegos LV (121): pp. 235-262. ISSN 0210847X.
- ↑ Santiago de Compostela: Catedral (castelán). arquivoltas.com. Consultado o 23/10/2010.
- ↑ Charco, Orosio La catedral de Santiago de Compostela (castelán). Atlas Visual de Galicia. La Voz de Galicia. Consultado o 23/10/2010.
- ↑ Las cinco miradas a la Catedral de Santiago. Dinamis: Art, Bíblia i Símbol. Consultado o 23/10/2010.
- ↑ 75,0 75,1 75,2 75,3 75,4 Barros Guede, José (2010) El Apóstol Santiago, sus Caminos y Compostela en el Año Santo Xacobeo (castelán). Ecclesia digital. Consultado o 25/10/2010.
- ↑ Fraguas 2004: p. 20
- ↑ García Iglesias 1993: p. 319
- ↑ Fraguas 2004: p. 19
- ↑ Castro Fernández, Belén María, Universidad de Santiago de Compostela Francisco Pons-Sorolla y Arnau, arquitecto-restaurador: sus intervenciones en Galicia (1945-1985).
- ↑ La Corticela (castelán). Rincones de Santiago. Consultado o 25/10/2010.
- ↑ Chamoso Lamas, M.; Oronoz; Taranilla de la Varga, C. J. (1981), Everest Catedrales de España, 2ª ed., p. 85. ISBN 8424146735.
- ↑ Villa-Amil 1866: pp. 145-146
- ↑ Navascués 1997: p. 229
- ↑ Tapices de Goya (castelán). Museo de la Catedral de Santiago de Compostela. Consultado o 27/10/2010.
- ↑ Museo da Catedral (castelán). Acompostela.com. Consultado o 27/10/2010.
- ↑ Pontevedra, Silvia R.. "Debú para peregrinos ingleses", El País, 11/7/2007. Consultado o 28/10/2010. (en castelán)
- ↑ Sanmartín 1984: pp. 937-945
[editar] Véxase tamén
[editar] Bibliografía
- Barral Iglesias, Alejandro, e Suárez Otero, José (2003), Edilesa Catedral de Santiago de Compostela y Museo. ISBN 84-8012-435-0.
- Bravo Lozano, Millán (1999), Everest Camino de Santiago Inolvidable. ISBN 84-241-3905-4.
- Carro Otero, Xosé (1997), Editorial Everest Santiago de Compostela. ISBN 84-241-3625-X.
- Chamorro Lamas, Manuel; González, Victoriano; Regal, Bernardo (1997), Ediciones Encuentro Rutas románicas en Galicia/1. ISBN 84-7490-411-0.
- Fraguas Fraguas, Antonio (2004), Editorial Galaxia Romerías y santuarios de Galicia, p. 20. ISBN 978-84-8288-704-3.
- Fuertes Domínguez, Gregorio (1969), El Eco Franciscano Guía de Santiago, sus monumentos, su arte, Depósito Legal C. 325-1969.
- García Iglesias, José Manuel (1993), Xuntanxa A catedral de Santiago: A Idade Moderna. ISBN 8486614694.
- Garrido Torres, Carlos (2000), El País Las Guías visuales de España: Galicia, Depósito legal: B 18469.
- Gómez Moreno, María Elena (1947), Instituto Gallach Mil Joyas del Arte Español, Piezas selectas, Monumentos magistrales: Tomo primero Antigüedad y Edad Media.
- Navascués Palacio, Pedro (1997), Espasa Calpe Catedrales de España. ISBN 84-239-7645-9.
- Otero Pedrayo, Ramón (1965), Editorial Galaxia Guía de Galicia, 4ª ed., pp. 351 e seguintes.
- Sanmartín, Juan R. (1984). "O Botafumeiro: Parametric pumping in the Middle Ages". American Journal of Physics 52 (10): pp. 937-945. DOI: 10.1119/1.13798.
- Vaqueiro, Vítor (1998), Galaxia Guía da Galiza máxica, mítica e lendaria. ISBN 8482882058.
- Vázquez Varela, J. M.; Yzquierdo Perrín, R.; García Iglesias, Castro, J. M. (1996), Nigra Arte 100 obras mestras da arte galega. ISBN 84-87709-50-8.
- Villa-Amil y Castro, José (1866), Impr. de Soto Freire Descripción histórico-artístico-arqueológica de la catedral de Santiago.
- Barral Iglesias, A. e R. Yzquierdo Perrín (1993), Guía de la catedral de Santiago, León. EDILESA. ISBN 84-8012-033-9.
- Conant, Kenneth John (1983), Arquitectura románica da Catedral de Santiago de Compostela, Vigo. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. ISBN 84-85665-07-4.
- García Iglesias, Xosé Manuel (1990), A catedral de Santiago e o Barroco, Santiago de Compostela. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. ISBN 84-85665-20-1.
- Varios (2000), A catedral de Santiago de Compostela, Pepe Carreiro (debuxos), Vigo. Promocións Culturais Galegas / A Nosa Terra. ISBN 84-95350-18-1.
[editar] Outros artigos
- Apóstolo Santiago.
- Fachada do Paraíso.
- Lista de arcebispos de Santiago de Compostela.
- Mestre Mateo.
- Santiago de Compostela.
- Camiño de Santiago.
[editar] Ligazóns externas
- Catedral de Santiago de Compostela
- La Catedral Metropolitana. Archidiócesis de Santiago de Compostela
- Reconstrución do coro pétreo da Catedral
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||