Motor (máquina)
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Motor.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa física é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa física que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
Un motor é un tipo de máquina que transforma calquera forma de enerxía en enerxía mecánica (isto é, en movemento). Os motores clasifícanse segundo a fonte de enerxía que utilizan e estúdanse na rama da ciencia correspondente a ese tipo de máquinas:
- Motores térmicos que obteñen a súa enerxía do intercambio de calor entre dous focos, incluíndo os motores de combustión interna
- Motores eléctricos transforman electricidade en movemento.
- Motores hidráulicos obteñen a súa enerxía dun líquido, normalmente un óleo mineral ou sintético a presión.
- Motores neumáticos utilizan ar comprimido.