Ponteareas
| Ponteareas | |
|---|---|
| Casa do concello. | |
| Situación | |
| Xentilicio[1] | ponteareán |
| Xeografía | |
| Provincia | Provincia de Pontevedra |
| Comarca | Comarca do Condado |
| Poboación | 23316 hab. (2010) |
| Área | 125,6 km² |
| Densidade | 185,64 hab./km² |
| Entidades de poboación | 24 parroquias |
| Capital do concello | Ponteareas |
| Política (2011) | |
| Alcalde | Salvador González Solla (PPdeG) |
| Concelleiros | BNG: 5 PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 3 Outros: ACIP - 4 |
| Eleccións municipais en Ponteareas | |
| Uso do galego[2] (2001) | |
| Galegofalantes | 93,33% |
| Páxina web oficial | |
| http://www.ponteareas.es | |
Ponteareas é un concello da Provincia de Pontevedra en Galicia. Pertence á Comarca do Condado. Ten unha extensión duns 125,56 km². A súa poboacion no 2010 (segundo o IGE) era de 23.316 persoas.
Índice |
Poboación [editar]
| Censo Total (Habitantes) | 23.409 |
| Menores de 15 anos | 4.059 (17.34 %) |
| Entre 15 e 64 anos | 15.594 (66.61 %) |
| Maiores de 65 anos | 3.756 (16.04 %) |
Situación xeográfica [editar]
O territorio do concello de Ponteareas sitúase no sur da provincia de Pontevedra, na comarca do Condado. Linda cos concellos de Pazos de Borbén (ó norte); Mondariz, Mondariz-Balneario e As Neves (ó leste), Salvaterra de Miño e Salceda de Caselas (ó sur), e O Porriño e Mos (ó oeste).
Dada a súa localización, conta con dúas vías de comunicación importantes como son a estrada N-120 e a autovía A-52, conectando a vila cos centros maís importantes do seu redor: Vigo a 25 km, Pontevedra a 45, Ourense a 75 e Portugal a 12.
Conta con 220 entidades de poboación repartidas en 24 parroquias.
Historia [editar]
Ata 1833, dentro do reino de Galicia, pertenceu á provincia de Tui. Trala reforma constitucional en 1812 independizouse como concello propio enmarcado na actual provincia de Pontevedra. As súas parroquias integrábanse daquela nas xurisdicións de Sobroso, con señorío do marqués de Sobroso; a de Oliveira, con señorío do bispo de Tui; e a de Salvaterra, con señorío do conde de Salvaterra.
Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Ponteareas, Guláns e Areas. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do Partido xudicial de Ponteareas, créanse o concello de Ponteareas, xunto cos de Mondariz, Setados (As Neves) e Salvaterra. Dende 1835 permanece inalterable na súa estrutura e delimitación xeográfica.
Goberno e política [editar]
- Artigo principal: Eleccións municipais en Ponteareas.
Na actualidade, o alcalde do concello de Ponteareas é Salvador González Solla, do Partido Popular, quen goberna en coalición coa Unión Condado Paradanta de Nava Castro tralas eleccións de xuño de 2007. Os partidos políticos máis relevantes no ámbito local, ademais do PP, son o Bloque Nacionalista Galego, a lista máis votada, cuxo actual portavoz no pleno é Roberto Mera, e o Partido Socialista Obrero Español con Francisco Candeira.
En maio de 2004, os cinco concelleiros do PP e os cinco de Unión Condado Paradanta mediante unha moción de censura déronlle a alcaldía de Ponteareas ao popular Salvador González Solla, quitándolle o mando ao socialista Francisco Candeira, quen lle puxera fin aos 35 anos de goberno do popular José Castro[3] ao gobernar co apoio de dous concelleiros do seu partido e cinco do BNG.[4]
A xunta de goberno, presidida polo alcalde, está composta actualmente polos 6 concelleiros do PP e os 5 de UCP. A corporación municipal está formada por 21 membros, 6 do PP, 6 do BNG, 5 de UCP e 4 do PSOE.
|
||||||||||||||||||||||||||
- Alcalde electo: Francisco de Asís Candeira Mosquera (PSdG-PSOE).
- Tras unha moción de censura o 13 de maio do 2004 toma posesión como alcalde Salvador González Solla do PPdeG co apoio dos votos dos concelleiros de UCPA.
|
||||||||||||||||||||||||||
Patrimonio [editar]
- Castro de Troña, é un dos principais enclaves da cultura castrexa de Galicia, destacando polo seu privilexiado enclave e as súas importantes defensas.
- Ponte dos Remedios, ponte medieval mal chamada Ponte romana, que segundo algúns estudos é a que lle dá nome á vila.
- Ponte das Partidas, ponte medieval na parroquia de Moreira, de orixe romana.
- Pena dos namorados, situada na parroquia de Arcos forma parte dun conxunto natural de restos de bólas graníticas que ben merecen ser coñecidas.
- Pena do equilibrio, forma parte do conxunto de bólas graníticas ás que tamén pertence a "pena dos namorados". Destaca por ser un enorme penedo situado enriba doutro en pleno equilibrio sen apoio de ningún tipo.
- Igrexas románicas:
- Castelo de Sobroso, situado no outeiro de Landín, dentro do distrito natural da Entidade Local Menor de Vilasobroso territorio orixinario do antigo Señorio de Sobroso, hoxe forma parte do veciño concello de Mondariz; dista sete quilómetros da Vila de Ponteareas, é unha propiedade mercada polo Concello de Ponteareas en Vilasobroso, no ano 1981 a Dona Zita Teresa Carrera Ferreira, única herdeira de Don Alejo Carrera Muñoz,periodista veciño e natural de Vilasobroso, seu propietario dende 1923 a 1967 quen o restaurou -sen axuda do Estado- Destaca pola súa arquitectura medieval: ten muralla externa, estancias e torre da homenaxe. Foi escenario dos enfrontamentos entre Diego Sarmiento e Pedro Madruga ademais da revolta irmandiña no século XV.Ten unhas impresionantes vistas sobre o seu propio pobo -Vilasobroso- e mais de cincuenta pobos de Galicia ata a fronteira de Portugal. Hoxe as súas estancias albergan o Centro de Recuperación de Cultura Popular, cunha exposición permanente sobre indumentaria tradicional de grande interese.
- O convento franciscano de San Diego de Canedo é un complexo monástico relativamente moderno, construído no século XVIII a raíz da doazón do pazo de Canedo por parte de Diego Sarmiento de Soutomaior aos franciscanos que viron o seu orixinal convento destruído un século antes na guerra con Portugal.
Festas e celebracións [editar]
A festividade do Corpus Christi, o domingo seguinte ó xoves do Corpus, foi declarada en 2009 Festa de Interese Turístico Internacional.
-
A Orotava con Ponteareas
Turismo [editar]
Ponteareas conta dende o 2009 cunha ruta homologada de sendeirismo, o PR-G 120 "Roteiro dos Penedos da Picaraña", apta para o turismo de natureza. Partindo do barrio da Serra, na parroquia de Arcos, ascende ata a Picaraña e retorna ata a Serra, percorrendo numerosos penedos de nomes variados e evocadores: Pena do Equilibrio, Penedo da Chispa, Penedo da Fonte Santa, etc.
Galería de imaxes [editar]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Ponteareas.
Parroquias [editar]
Lugares de Ponteareas [editar]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Ponteareas vexa: Lugares de Ponteareas.
Notas [editar]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Datos de 2001 publicados en 2004.
- ↑ Ponteareas pendente dun pacto de goberno
- ↑ Atención especial aos oito concellos onde houbo moción de censura nesta lexislatura
- ↑ Eleccións municipais de 2003
- ↑ Eleccións municipais de 2007
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial do Concello de Ponteareas
- Ruta sendeirista homologada: PR-G 120 Roteiro dos Penedos da Picaraña - SEGATUR
|
|||||