Lingua occitana
| Occitano (occitan) | ||
|---|---|---|
| Falado en: | Francia, España | |
| Rexións: | Europa | |
| Total de falantes: | de 0,5 a 10 millóns[1] | |
| Posición: | 22 | |
| Familia: | Indoeuropeo Linguas itálicas Linguas romances Linguas galorromances Occitano |
|
| Estatuto oficial | ||
| Lingua oficial de: | Cataluña | |
| Regulado por: | sen regulación oficial | |
| Códigos de lingua | ||
| ISO 639-1: | oc | |
| ISO 639-2: | oci (desde 1500) / pro (antes de 1500) (B) | (T) |
| ISO 639-3: | oci | |
| SIL: | (varios) | |
O occitano é a lingua falada dende a Idade Media no sur da actual Francia, denominada Occitania por algúns sectores políticos e culturais, nas súas variedades dialectais. En Cataluña ademais de ser oficial no Val de Arán coa denominación de aranés, é oficial en todo o país desde o 9 de agosto de 2006, data de entrada en vigor do novo estatuto de autonomía.
Índice |
Literatura[editar]
A literatura occitana foi a máis rica (só por diante do galego) na Europa da época. Dos séculos XII ao XIV foi lingua literaria, especialmente no xénero lírico, en Francia, Italia e norte da Península Ibérica, sendo a lingua dos trobadores medievais desa área. O texto máis antigo en occitano é un refrán vencellado a un poema latino do século X.
Pódese considerar que na etapa medieval as diversas variantes de occitano, o catalán e mailo aragonés constituían unha soa lingua que comezou a se dividir nos séculos XIII-XIV.
No século XVI e no século XVII produciuse unha revitalización, con autores como Louis Bellaud de la Bellaudière, Guilhem Ader, Pèire Godolin, Glaudi Brueis e Francés de Corteta.
Durante o século XIX fixéronse importantes esforzos por revitalizala como lingua poética e literaria por un grupo de persoas coñecidos como Félibrige, que encabezaron Frédéric Mistral, Fèlix Castan ou Joseph Roumanille.Non obstante, non acadaron repercusión suficiente e hoxe emprégase en menos ocasións có francés como forma literario, con arredor de 50 títulos publicados ao ano.
Falantes[editar]
En 1992, as cifras achegadas eran de 750.000 falantes activos en Provenza e entre 1 e 1,5 millóns que entendían a lingua. Un ano antes, unha sondaxe realizada entre 939 persoas entrevistadas en catro departamentos de Languedoc (Aude, Hérault, Lozère e Gard, cun total de 1.751.178 habitantes) amosaba un 48% de cidadáns que entendía a lingua e un 28% que a falaba, mais tan só o 9% o facía a diario.
Táboa de vocabulario[editar]
Esta táboa presenta unha comparativa do occitano con outras linguas romances.
| latín | Francés | Italiano | Español | Occitano (linguadociano) | Catalán (Central) | Galego | Portugués | Romanés |
| clave | clef | chiave | llave | clau | clau | chave | chave | cheie |
| noctem | nuit | notte | noche | nuèit/nuèch | nit | noite | noite | noapte |
| cantare | chanter | cantare | cantar | cantar | cantar | cantar | cantar | cânta |
| capra | chèvre | capra | cabra | cabra | cabra | cabra | cabra | capră |
| lingua | langue | lingua | lengua | lenga | llengua | lingua | língua | limbă |
| platea | place | piazza | plaza | plaça | plaça | praza | praça | piaţă |
| pons | pont | ponte | puente | pònt | pont | ponte | ponte | punte/pod |
| ecclesia | église | chiesa | iglesia | glèisa | església | igrexa | igreja | biserică |
| hospitalis | hôpital | ospedale | hospital | espital | hospital | hospital | hospital | spital |
| caseus (Latín vulgar formaticum) | fromage | formaggio | queso | formatge | formatge | queixo | queijo | cas; |
Notas[editar]
- ↑ Des langues romanes, Jean-Marie Klinkenberg, Duculot, 1994, 1999, pax. 228 : O número de falantes estímase de 10 a 12 millóns ... en calquera caso nunca baixa a cifra dos 6 millóns.
Véxase tamén[editar]
Outros artigos[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Diccionari general occitan de Cantalausa
- (en occitano) (en francés) Ostal d'Occitània de Tolosa
|
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||