MotoGP

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
MotoGP
Fundación1949
RexiónInternacional
Sitio webwww.motogp.com

MotoGP é a máxima categoría do Campionato do Mundo de Motociclismo de Velocidade. En 2002 pasou a substituír a categoría de 500cc (motocicletas de dous tempos de ata 500cc de cilindrada), aínda que inicialmente permitíronse motores de catro tempos de ata 990cc. Desde a tempada 2012, a cilindrada máxima permitida son os 1.000 cc.

A súa organización vén determinada pola Federación Internacional de Motociclismo, do mesmo xeito que ocorre coas outras categorías do campionato (Moto2 e Moto3).

Historia[editar | editar a fonte]

Cronoloxía[editar | editar a fonte]

Valentino Rossi coa Yamaha nos adestramentos do GP de Indianapolis de 2009
  • 2002: Créase a nova categoría de MotoGP, que substitúe a de 500cc. Admítense motores de 4 tempos ata 990cc ou de dous tempos ata 500cc.
  • 2004: As grellas de saída pasan de 4 a 3 motos por fila. Makoto Tamada gaña por primeira vez unha cursa de MotoGP con pneumáticos Bridgestone, no GP do Brasil.
  • 2005: Adóptase a norma flag-to-flag, permitindo aos pilotos parar en boxes para cambiar a moto en caso de empezar a chover a media carreira.
  • 2007: A categoría restrínxese a 800cc e 4 tempos.
  • 2008: Dunlop retírase.
  • 2009: Michelin retírase e Bridgestone queda como único provedor de pneumáticos. Kawasaki suspende as actividades na categoría durante o 2009 e estuda privatizar o seu equipo.
  • 2011: O piloto italiano Marco Simoncelli morre no circuíto de Sepang.
  • 2012: Auméntase a máxima cilindrada a 1.000cc.

Regulamento[editar | editar a fonte]

Honda RC212V (Dani Pedrosa, 2007)
Yamaha YZR-M1 (Jorge Lorenzo, 2011)

Especificacións do motor[editar | editar a fonte]

  • Configuración: V2, V4 ou 4 en liña
  • Cilindrada: 1.000 cc
  • Ciclo do motor: 4 tempos
  • Válvulas: 16 válvulas
  • Distribución: Árbore de levas (DOHC), 4 válvulas por cilindro.
  • Combustible: Sen chumbo, 100 octanos (calquera tipo de combustible).
  • Alimentación: Inxección.
  • Aspiración: Motor de aspiración natural.
  • Potencia: 240 CV
  • Lubricación: Cárter húmido.
  • Máximo de revolucións: 17.500 - 18.000 rpm.
  • Velocidade màxima: 349 Km/h
  • Refrixeración: Bomba de auga individual.

Pesos mínimos[editar | editar a fonte]

Número de
cilindros
Mínimo 2002 Mínimo 2007 Mínimo 2010
2 135 kg 137 kg 135 kg
3 135 kg 140,5 kg 142,5 kg
4 145 kg 148 kg 150 kg
5 145 kg 155,5 kg 157,5 kg
6 155 kg 163 kg 165 kg

Pneumáticos[editar | editar a fonte]

En 2007, as novas regulacións da categoría limitaron o número de pneumáticos a usar durante os adestramentos, cualificacións e carreira a un máximo de 31 por piloto (14 anteriores e 17 posteriores). O único equipo que participaba con pneumáticos Dunlop durante o 2007, Yamaha Tech 3, pasouse a Michelin en 2008. Aquela tempada, as regras volveron ser modificadas para permitir máis pneumáticos cada fin de semana de carreiras, deixándoos en 40 (18 anteriores e 22 posteriores). Nas tempadas 2009, 2010 e 2011, a FIM designou como provedor de pneumáticos a Bridgestone e Michelin deixou de abastecer a MotoGP. Bridgestone proporciona 4 diferentes tipos de pneumáticos anteriores, 6 posteriores e un tipo para mollado para a tempada enteira. Para cada Gran Premio, este provedor proporciona só 2 tipos de anteriores e posteriores. Para garantir a imparcialidade, os pneumáticos asígnanse aos corredores ao chou.[1]

Campións[editar | editar a fonte]

Edición Piloto Motocicleta
2002 Italia Valentino Rossi Honda
2003 Italia Valentino Rossi Honda
2004 Italia Valentino Rossi Yamaha
2005 Italia Valentino Rossi Yamaha
2006 Nicky Hayden Honda
2007 Australia Casey Stoner Ducati
2008 Italia Valentino Rossi Yamaha
2009 Italia Valentino Rossi Yamaha
2010 España Jorge Lorenzo Yamaha
2011 Australia Casey Stoner Honda
2012 España Jorge Lorenzo Yamaha
2013 España Marc Márquez Honda
2014 España Marc Márquez Honda
2015 España Jorge Lorenzo Yamaha
2016 España Marc Márquez Honda
2017 España Marc Márquez Honda
2018 España Marc Márquez Honda

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bridgestone: How MotoGP Spec Tires Will Work". SuperbikePlanet.com (en inglés). 2 de abril de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de febreiro de 2009. Consultado o 4 de febreiro de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]