Cinc

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cinc
CobreCincGalio
-
  Hexagonal.svg
 
30
Zn
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Zn
Cd
Táboa periódica dos elementos
Información xeral
Nome, símbolo, número Cinc, Zn, 30
Serie química Metal de transición
Grupo, período, bloque 12, 4, d
Densidade 7140 kg/m3
Aparencia Azul pálido
N° CAS
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica 65,409 u
Radio medio 135 pm
Radio atómico (calc) 142 pm
Radio covalente 131 pm
Radio de van der Waals 139 pm
Configuración electrónica [Ar]3d104s²
Electróns por nivel de enerxía
Estado(s) de oxidación
Óxido
Estrutura cristalina hexagonal
Propiedades físicas
Estado ordinario Sólido
Punto de fusión 692,68 K
Punto de ebulición 1180 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 115,3 kJ/mol
Entalpía de fusión 7,322 kJ/mol
Presión de vapor 192,2
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 3700 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling)
Calor específica 390 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 16,6 x 106 S/m
Condutividade térmica 116 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 906,4 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1733,3 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 3833 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 5731 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
64Zn 48,63% estable con 34 Neutróns
65Zn Sint. 244,26 d ε 1,352 65Cu
66Zn 27,90% estable con 36 Neutróns
67Zn 4,10% estable con 37 Neutróns
68Zn 18,75% estable con 38 Neutróns
70Zn 0,62% estable con 40 Neutróns
72Zn Sint. 46,5 h β 0,458 72Ga
Nota: unidades segundo o SI e en CNPT, salvo indicación contraria.

O cinc ou zinc (do alemán Zink) é un elemento químico de símbolo Zn, número atómico 30 (30 protóns e 30 electróns) con masa atómica 65,4 uma. A temperatura ambiente, o cinc encontrase no estado sólido. Está situado no grupo 12 (2 B) da Clasificación Periódica dos Elementos.

As aliaxes de cinc teñen sido utilizadas durante séculos (pezas de latón datadas de 1400-1000 a.C. foron encontradas na Palestina), e outros obxectos con até 87% de cinc foron achados na antiga rexión da Transilvania.

A principal aplicación do cinc (cerca de 50% do consumo anual) é na galvanización do aceiro ou ferro para protexelos da corrosión, isto é, o cinc é utilizado como ánodo de sacrificio. Tamén pode ser usado en protectores solares, en forma de óxido, pois ten a capacidade de barrar a radiación solar.

O cinc é un elemento químico esencial para as persoas: intervén no metabolismo de proteínas e ácidos nucleicos, estimula a actividade de máis de 100 enzimas, colabora no bo funcionamento do sistema inmunolóxico, é necesario para a cicatrización das feridas, intervén na percepción do sabor e do olfacto e na síntese do ADN.

Foi descuberto en 1746 polo alemán Marggraf.

Características principais[editar | editar a fonte]

O cinc é un metal, ás veces clasificado como metal de transición aínda que estritamente non o sexa, presenta semellanzas co magnesio e o berilio e outros metais do seu grupo. Este elemento é pouco abundante na cortiza terrestre, porén pode ser obtido con facilidade.

É un metal de coloración branca azulada que arde no ar con chama verde azulada. O ar seco non o ataca, porén, na presenza de humidade, forma unha capa superficial de óxido ou carbonato básico que aílla o metal e o protexe da corrosión.

Polo xeral, o único estado de oxidación que presenta é +2. Reacciona con ácidos non oxidantes pasando para o estado de oxidación +2 e liberando hidróxeno, e pode disolverse en bases e ácido acético. O metal presenta unha grande resistencia á deformación plástica a frío que diminúe co quecemento, obrigando a laminalo por riba dos 100 °C. Non se pode endurecer por acritude e presenta o fenómeno de fluencia a temperatura ambiente.

O cinc é empregado na fabricación de aliaxes como o latón e bronce, alén de ser utilizado na produción de tellas. O cinc é, aínda, utilizado como metal de sacrificio para preservar o ferro da corrosión en algunhas estruturas, na produción de pilas secas e como pigmento en tinta de coloración branca.

Aplicacións[editar | editar a fonte]

A principal aplicación do zinc -preto do 50% do consumo anual- é o galvanizado do aceiro para protexelo da corrosión, protección efectiva ata cando se greta o recubrimento xa que o zinc actúa como ánodo de sacrificio. Outros usos inclúen:

Papel biolóxico[editar | editar a fonte]

O cinc é un elemento químico esencial para as persoas: intervén no metabolismo de proteínas e ácidos nucleicos, estimula a actividade de máis de 100 enzimas, colabora no bo funcionamento do sistema inmunolóxico, é necesario para a cicatrización das feridas, nas percepcións do sabor e olfacto e na síntese do ADN. O metal é encontrado na insulina, nas proteínas dedo de cinc (zinc finger) e en diversas enzimas como a superóxido dismutasa.

O cinc é encontrado en diversos alimentos como nas ostras, carnes vermellas, aves, algúns peixes, mariscos, fabas e noces. A inxesta diaria recomendada de cinc é en torno de 10 mg, menor para bebés, rapaces e adolescentes (debido ao menor peso corporal), e algo maior para as mulleres grávidas e durante a lactación.

A deficiencia de cinc pode producir retardamento no crecemento, perda de cabelo, diarreas, impotencia sexual, lesións oculares e da pel, perda de apetito, perda de peso, aumento do tempo de cicatrización de feridas e anomalías no sentido do olfacto. As causas que poden provocar unha deficiencia de cinc son a insuficiente cantidade na dieta alimentaria e a dificultade na absorción do mineral que pode ocorrer en casos de alcoholismo, cando é eliminado pola urina ou, aínda, debido á excesiva eliminación por causa de desordes dixestivas.

O exceso de cinc tense asociado con baixos niveis de cobre, alteracións na función do ferro, diminución da función inmunolóxica e dos niveis de colesterol bo.

Historia[editar | editar a fonte]

As aliaxes de cinc téñense utilizado durante séculos - pezas de latón datadas de 1000-1400 a.C. foron encontrados na Palestina, e outros obxectos com até 87% de cinc foron achados na antiga rexión da Transilvania - debido ao seu baixo punto de fusión e reactividade química o metal tende a evaporarse, motivo polo cal a verdadeira natureza do cinc non foi comprendida polos antigos.

Sábese que a fabricación do latón era coñecida polos romanos desde -30. Plinio e Dioscórides describen a obtención de aurichalcum (lató ) polo quecemento dunha mistura de cadmio (calamina) con cobre. O latón obtido é posteriormente fundido ou forxado para fabricar obxectos.

A fusión e extracción de cinc impuro xa era efectuada no ano 1.000 na India - na obra Rasarnava (c. 1200) de autor descoñecido o procedemento foi descrito - e posteriormente na China. En 1597 Andreas Libavius describe unha peculiar clase de estaño que fora preparada na India que recibira en pequenas cantidades a través dun amigo ; deduciu que se trataba do cinc mesmo non chegando a recoñecelo como o metal procedente da calamina.

No occidente, en 1248, Alberto Magno describe a fabricación do latón na Europa. No século XVI xa se coñecía a existencia do metal. Agrícola observou en 1546 que se formaba un metal branco prateado condensado nas paredes dos fornos nos cales se fundían minerais de cinc, adicionando nas súas notas que un metal similar denominado zincum era producido na Silesia. Paracelso foi o primeiro em suxerir que o zincum era un novo metal e que as súas propiedades diferían dos metais coñecidos, sen dar ningunha indicación sobre a súa orixe; nos escritos de Basilio Valentino son encontrados tamén mencións sobre o zincum. En tratados posteriores son frecuentes as referencias ao cinc, con diferentes nomes, referíndose xeralmente ao mineral e non ao metal libre, e moitas veces confundido co bismuto.

Johann Kunkel en 1677 e pouco máis tarde Stahl en 1702 indican que ao preparar o latón co cobre e a calamina, esta última se reduce previamente en cinc libre, que foi illado posteriormente polo químico Anton von Swab en 1742 e por Andreas Marggraf en 1746, cuxo exhaustivo e metódico traballo Sobre o método de extracción do cinc dun mineral verdadeiro, a calamina sedimentou a metalurxia do cinc e a súa reputación como descobridor do metal.

En 1743 foi fundado en Bristol o primeiro establecemento para a fundición do metal en escala industrial, porén, o procedemento ficou en segredo. Setenta anos despois Daniel Dony desenvolveu un procedemento industrial para a extracción do metal, construíndose a primeira fábrica no continente Europeo.

Logo do desenvolvemento da técnica de flotación do sulfato de cinc se desprezou a calamina como fonte principal de obtención do cinc. O método de flotación, actualmente, é empregado para a obtención de varios metais.

Abundancia e obtención[editar | editar a fonte]

O cinc é o 23º elemento máis abundante na cortiza terrestre. As menas máis ricas conteñen cerca de 10% de ferro e entre 40% e 50% de cinc. Os minerais dos cales se extrae o cinc son: [[]] (óxido).

As reservas mundiais: a súa exploración é economicamente viábel pasa dos 220 millóns de toneladas, a maior parte nos Estados Unidos , Australia, China e Casaquistán. As reservas mundiais (incluíndo aquelas cuxa extracción actualmente non é viábel) son estimadas en 2000 millóns de toneladas.

A produción mundial foi en 2003, segundo dados da Axencia de Prospección Xeolóxica dos Estados Unidos (US Geological Survey) de 8,5 millóns de toneladas, liderada pola China con 20% e Australia con 19%. Estímase que un terzo do cinc consumido é reciclado.

A produción do cinc comeza coa extracción do mineral que pode ser realizada tanto a ceo aberto como subterráneas. Os minerais extraidos son triturados e, posteriormente, sometidos a un proceso denominado flotación para a obtención do mineral concentrado.

Os minerais con altos teores de ferro son tratados por vía seca. O concentrado é queimado ( calcinación ) para transformar o sulfato en óxido, que recibe a denominación de calcina. O óxido obtido é reducido con carbono producindo o metal ( o axente redutor na práctica é o monóxido de carbono formado ).

As reaccións por etapas son: Por vía húmida o minerío é calcinado ( queimado ) para a obtención do óxido, posteriormente lixiviado con ácido sulfúrico diluído. A lixivia obtida é purificada para a separación dos diferentes competentes, principalmente o sulfato de cinc. O sulfato é sometido a un proceso de electrólise con ánodo de chumbo e cátodo de aluminio, sobre o cal se deposita o cinc, formando placas de algúns milímetros. O cinc obtido é fundido e lingotado para a súa comercialización.

Como subprodutos, diferentes metais son obtidos, como mercurio, cadmio, ouro, prata, cobre e chumbo, en función da composición dos minerais. O dióxido de xofre obtido na calcinación é usado para producir o ácido sulfúrico utilizado na lixivación. O excedente é comercializado.

Os tipos de cinc obtidos se clasifican segundo a norma ASTM en función da súa pureza:

  • SHG, Special High Grade (99,99%)
  • HG, High Grade (99,90%)
  • PWG Prime Western Grade (98%)

A norma EN 1179 considera cinco niveis ( Z1 a Z5 ) con teores de cinc entre 99,995% e 98,5% , existindo normas equivalentes no Xapón e Australia. Para harmonizar todas as normas a ISO publicouse en 2004 a norma ISO 752 regulando a clasificación e requisitos necesarios en relación ao cinc.

Aliaxes[editar | editar a fonte]

As aliaxes máis empregadas son as de aluminio ( 3,5-4,5%, Zamak; 11-13%, Zn-Al-Cu-Mg; 22%, Prestal , liga que presenta superplasticidade ) e cobre ( aproximadamente 1% ) que mellora as características mecánicas do cinc e a súa aptitude ao molde.

É compoñente minoritario en diversas aliaxes, principalmente de cobre como latóns ( 3 a 45% de cinc) , alpacas ( Cu-Ni-Zn ) e bronces ( Cu-Sn ) de molde.

Compostos[editar | editar a fonte]

O óxido de cinc é o mais coñecido e utilizado industrialmente, especialmente como base de pigmentos brancos para pintura, tamén en cremas solares. Outros compostos importantes son o clorato de cinc ( desodorizantes ) e sulfato de cinc ( pinturas luminiscentes ). A cuarta parte, aproximadamente, do cinc consumido é na forma de compostos.

Isótopos[editar | editar a fonte]

O cinc existente na natureza é formado por catro isótopos estábeis, Zn-64 ( 48,6% ), Zn-66, Zn-67, e Zn-68. Se teñen caracterizado 22 radioisótopos sendo os máis estábeis Zn-65 e Zn-72 con vidas-medias de 244,26 días e 46,5 horas, respectivamente. Os demais isótopos radiativos presentan medias-vidas menores que 14 horas, e a maioría menores que un segundo. O cinc ten catro estados meta-estábeis.

Precaucións[editar | editar a fonte]

O cinc metálico non é considerado tóxico, porén algúns dos seus compostos, como o óxido e o sulfato, son nocivos.

Na década dos 40 se observou que na superficie do aceiro galvanizado se formaba co tempo fíos de cinc que liberados ao ambiente provocaban curtos-circuítos e fallas en compoñentes electrónicos. Estes fíos se forman logo dun período de incubación que pode durar días ou anos, e crecen nun ritmo da orde de 1 mm por ano.


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Cinc

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]