Armenia - Հայաստան
| Հայաստանի Հանրապետություն Hajastani Hanrapetut’jun República de Armenia |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Armenia é un país localizado no Cáucaso, resultante da desagregación da Unión Soviética. Limita ao norte con Xeorxia, ao leste co Acerbaixán, ao sur con Irán e co enclave acerbaixaní de Nakhicheván, e a oeste con Turquía. Capital: Iereván.
Índice |
[editar] Historia
- Artigo principal: Historia de Armenia.
Armenia foi un imperio rexional cunha cultura rica nos anos que antecederon o século I. No 301, Armenia foi o primeiro estado en adoptar formalmente o cristianismo como relixión oficial de estado, doce anos antes de Roma. Oscilou entre diversas dinastías, mais despois dunha sucesión de ocupacións (parta (iraní), romana, árabe, mongol e persa), a Armenia enfraqueceu substancialmente. No 1454, o Imperio Otomán e a Persia Safavida dividiron a Armenia entre si.
[editar] Independencia
No 1813 e 1828, a Armenia actual (que consta dos Khanatos de Ereván e de Karabakh) foi temporariamente incorporada ao Imperio Ruso. O mesmo voltou a suceder coa incorporación da Armenia na URSS no 1920, na condición de RSS da Armenia, despois de existir brevemente como estado independente.
[editar] Xenocidio armenio
- Artigo principal: Xenocidio Armenio.
Durante os anos finais do Imperio Otomán (1915-1923), unha gran proporción dos armenios que vivían na Anatolia oriental (chamada polos armenios "Armenia Occidental") morreron no coñecido como xenocidio armenio, un esforzo de deportación e erradicación foi levado a cabo polos otomanos co patrocinio do estado turco. As estimacións do número de armenios que foron asasinados durante eses acontecimentos varían entre 200.000 e 1.800.000. A morte desas persoas lémbrana os armenios en todo o mundo o 24 de abril.
[editar] Guerra por Nagorno-Karabakh
Armenia continúa envolvida nun longo conflito co Acerbaixán a propósito do Nagorno-Karabakh, un enclave poboado por armenios que incluiu Stalin no Azerbaixán soviético. Armenia e o Acerbaixán comezaron a loitar polo enclave en 1988 e a guerra estalou despois de obteren os dous países a independencia da Unión Soviética en 1991. En maio de 1994, cando se acordou un alto o fogo, as forzas armenias controlaban non só o Nagorno-Karabakh senón tamén un anaco do propio Acerbaixán. As economías de ambos os dous lados víronse afectadas pola súa incapacidade en facer calquera tipo de progreso substancial cara á resolución pacífica do conflito, e mais por bloqueos económicos mutuos.
[editar] Política
[editar] Xeografía
O terreo é principalmente montañoso, con ríos de fortes correntes e poucos bosques. As montañas do Cáucaso atravesan o país do leste ao oeste. O clima é continental de altura: veráns quentes e invernos fríos. O punto máis alto é o Monte Ararat, con 4095 m de altura sobre do nivel do mar.
[editar] Economía
- Artigo principal: Economía de Armenia.
[editar] Subdivisión administrativa
Armenia subdivídese en 11 provincias (marzer, singular - marz):
|
[editar] Mapas e imaxes
Commons ten fotos sobre Armenia
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
- Armenica.org: Informacións sobre Armenia (en inglés)
- Informacións sobre Armenia (en inglés)
- Imaxes de Armenia (en inglés)
|
||||||||