Moción de censura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Nos países que adoptan o sistema parlamentarista de goberno, a moción de censura é unha proposta parlamentar presentada pola oposición, normalmente perante un episodio de crise política que tivese provocado a perda do apoio parlamentar maioritario á acción do goberno, coa fin de derrotar ou contrarrestar a este. A moción é aprobada ou rexeitada mediante votación.

Diferéncianse dous tipos de moción de censura:

  • A moción de censura destrutiva, que procura a caída do Presidente do Goberno ou Primeiro Ministro, sen ter forma algunha de substituílo e cubrir dese xeito o baleiro de poder.
  • A moción de censura construtiva, na que o grupo parlamentar que eleva ao Parlamento a moción de censura propón á súa vez un novo Primeiro Ministro ou Presidente do Goberno.

No sistema parlamentar do Estado español, a moción de censura vén recollida nos artigos 113 e 114.2 da Constitución española e nos artigos 175 a 179 do Regulamento do Congreso dos Deputados.[1]

Non debe ser confundida coa moción de confianza.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]