Convergència i Unió

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Convergència i Unió (CiU)
Convergència i Unió (logo).jpg
Federación de partidos nacionalistas cataláns (CDC e UDC)
Líder Artur Mas
(Presidente)
Josep Antoni Duran i Lleida
(Secretario Xeral)
Fundación 1978
Sede Còrsega, 331-333, 08037 Barcelona
Ideoloxía nacionalismo catalán
democracia cristiá
liberalismo
centrismo
Representación 16 deputados (de 350) no Congreso dos Deputados
Filiación internacional Partido Europeo Liberal Demócrata Reformista (por Convergència)
Partido Popular Europeo (por Unió)
Páxina web www.ciu.cat

Convergència i Unió (CiU) é unha federación nacionalista catalá composta pola liberal Convergència Democràtica de Catalunya e a democristiá Unió Democràtica de Catalunya. Foi dirixida por Jordi Pujol ata as eleccións de novembro de 2003. O seu actual líder é Artur Mas.

Fundada como coalición electoral en 1978, presenta o seu actual carácter de federación desde o 2001. A federación gobernou a Generalitat de Cataluña entre 1980 e o 2003, e goberna tamén desde o 2010.

É a terceira forza política en escanos (en votos éo Esquerda Unida) no Congreso dos Deputados de España, por detrás de PSOE e PP.

CiU colabora co BNG e o PNV a través de Galeusca para a consecución dun Estado plurinacional.

Resultados electorais[editar | editar a fonte]

* En 1977, a suma de CDC (5) e UDC (1)

Eleccións xenerais españolas ao Congreso dos Deputados
Eleccións Candidato Votos  % Escanos Posición
1979 Jordi Pujol 483.353 2,69% 8
1982 Miquel Roca 772.726 3,67% 12
1986 Miquel Roca 1.014.258 5,02% 18
1989 Miquel Roca 1.032.243 5,04% 18
1993 Miquel Roca 1.165.783 4,94% 17
1996 Joaquim Molins 1.151.633 4,60% 16
2000 Xavier Trias 970.421 4,19% 15 3º *
2004 Josep Antoni Duran i Lleida 835.471 3,23% 10 3º *
2008 Josep Antoni Duran i Lleida 774.317 3,05% 10 3º *
2011 Josep Antoni Duran i Lleida 1.015.691 4,17% 16 3º *

* Nas eleccións xerais de 2000, 2004, 2008 e 2011, CiU obtivo o terceiro lugar en escanos pero non en votos.


Eleccións autonómicas ao Parlamento de Cataluña
Eleccións Candidato Votos  % Escanos Posición
1980 Jordi Pujol 752.943 27,68% 43
1984 Jordi Pujol 1.346.729 46,80% 72
1988 Jordi Pujol 1.232.514 45,72% 69
1992 Jordi Pujol 1.221.233 46,19% 70
1995 Jordi Pujol 1.320.071 40,95% 60
1999 Jordi Pujol 1.178.420 37,70% 56 1º *
2003 Artur Mas 1.024.425 30,94% 46 1º *
2006 Artur Mas 928.212 31,52% 48
2010 Artur Mas 1.198.010 38,47 % 62

* Tanto en 1999 como en 2003, CiU foi o segundo partido en obtención de votos, pero o primeiro en número de escanos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]