Ciclismo
Ciclismo é un deporte de carreira de bicicleta no que o obxectivo dos participantes é ben chegar primeiro a determinada meta ou ben cumprir un determinado percurso no menor tempo posíbel.
Foi en Inglaterra, en mediados do século XIX, cando comezou o ciclismo como deporte. As probas ciclistas xeralmente encádranse en tres categorías: probas en estrada, probas en pista e probas de montaña (bicicleta de montaña) e BMX) e practícase con diversos tipos e modelos de bicis.
Nas de bicicleta de montaña existen varias especialidades: o cross, que é unha proba de longa distancia que se disputa en todo o tipo de terreo, de preferencia no monte, e combinando distintas inclinacións e dificultades; o free ride, cun andamento máis extremo en que se dá preferencia a saltos e descidas; o descenso que é a versión máis extrema e perigosa do ciclismo de montaña que consiste soamente en descender, normalmente a velocidades altas, en contrarreloxo, por terreos de monte. Cando se fai en cidade chámase descenso urbano. Unha variante do descenso é o four-cross ou 4x, que consiste nunha competición de descenso de monte onde compiten ao mesmo tempo catro ciclistas e onde á perigosidade e espectacularidade do anterior se lle suma a posibilidade do contacto físico entre as e os participantes.
O ciclismo é ademais parte dalgúns deportes combinados, coma o tríatlon.
Índice |
Ciclismo na sociedade [editar]
Independente de campionatos e torneos, é común que amigos con intereses afíns se reúnan para facer longos paseos de bicicleta, quer no monte ou en estrada. A isto denomínaselle cicloturismo. O practicante do ciclismo chámase ciclista.
En termos de saúde, o ciclismo é unha actividade rítmica e cíclica, ideal para desenvolvemento dos sistemas de enerxía aerobio e anaerobio, dependendo do tipo de adestramento aplicado. Desenvolve o sistema cardiovascular dos practicantes, sendo aínda indicado por médicos especialistas como óptimo exercicio para queima de graxa corporal e desenvolvemento de resistencia de forza muscular de pernas, en adestramentos.
O mundo moderno inventou tamén o ciclismo estático, ou sexa, a práctica do ciclismo en bicicletas ergométricas e en lugares pechados, casa, academia, club, etc, un exercicio aeróbico alternativo e seguro ideal para individuos que desexan maior seguranza, sustentación e facilidade de manexo que o ciclismo de estrada ou de pista.
O ciclismo estático indícase para persoas que presentan determinados tipos de lesións de xeonllos, cadrís, columna e que non poden camiñar; xestantes, enfermos con osteoporose e principalmente obesos.
Competicións [editar]
- UCI ProTour
- Campionato Mundial de Ciclismo en Ruta
- Copa do Mundo de ciclismo
- Probas por tiradas:
- Clásicas:
Ciclistas galegos [editar]
- Delio Rodríguez Barros
- Álvaro Pino
- Óscar Pereiro
- Xesús Blanco Villar
- Xosé Antonio Hermida
- Eva Castro
- Marcos Serrano
- Jose Manuel Oliveira Boga
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- González Martín, Xerardo (2007). 120 anos de ciclismo galego. ISBN 978-84-7154-116-1.
Ligazóns externas [editar]
- Web da Unión Ciclista Internacional
- www.amigosdelciclismo.com, portal adicado ao ciclismo cun programa gratuíto para controlar as saídas en bicicleta.