Ateísmo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

O termo ateísmo, na súa noción etimolóxica refírese á falta de crenza na existencia de calquera deus, que é a definición máis aceptada no ámbito filosófico. Sen embargo existen outras definiciones máis ou menos amplias do término, na súa maioría surxidas da cultura popular.

O termo provén do adxetivo grego αθεος (azeós), que significaba ‘sen deus’ (en cualqueira dos deus sentidos, de non crer en un ou máis deuses ou de non veneralos debidamente); sendo a a partícula negativa ‘non’ ou ‘sen’; e theós: ‘deus’ (literalmente Zeus).

Dentro de esta definición son ateístas tanto as persoas que negan a existencia de deuses, como as que sen crer en deus algún, non negan a súa existencia. Sen embargo, unha noción frecuente da palabra exclúe a estes últimos, diferenciándoos como agnósticos, e considerando ateístas só a quenes negan explicitamente a existencia de todo deus. Moitos autodenominados agnósticos néganse a recoñecerse como ateístas.

No seu sentido filosófico máis estrito, o ateísmo inclúe aquelas personas que declaran non crer en ningún deus determinado (como Brahma o Alá) pero cren no sobrenatural, como o Ki xaponés ou a astroloxía. É importante distinguir o ateísmo da falta de relixión, xa que existen relixións que negan ou non mencionan a existencia de deus algún, e que por conseguinte, son ateas. Sen embargo, no uso popular da palabra estas persoas están excluídas, xa que a cultura popular considera ás veces o ateísmo como sinónimo de escepticismo científico.

A palabra "ateo", é ás veces percibida como pexorativa, e hai persoas que prefiren o uso da palabra "ateísta".

A pesares do surximiento de elementos relixiosos na conducta dos ateístas, e das comunidades ateístas, é importante resaltar que o ateísmo non é unha relixión por sí mesmo, senón unha postura filosófica respecto á existencia de deuses.

Ferramentas persoais