Metro de Madrid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Metro de Madrid
MetroMadridLogo.svg
Príncipe Pío (Madrid) Línea 10 de metro (4).jpg
Localización Área metropolitana de Madrid, España
Tipo de transporte Metro
Inauguración 17 de outubro de 1919
Lonxitude das liñas 324 km
Número de liñas 12 convencionais, 1 ramal e as 3 liñas de metro lixeiro
Nº de usuarios ao día 1.689.132 (en 2004)
Parque móbil 1.550 coches (en 2004)
Ancho de vía 1,445 m
Control do metro Comunidade de Madrid e Concello de Madrid
Logo da Rede de Metro de Madrid á saída da estación de Delicias

O Metro de Madrid é un sistema de metro que serve á cidade de Madrid, en España. Foi inaugurado o 17 de outubro de 1919 polo rei Afonso XIII.

A rede conta con 238 estacións, das que 200 son sinxelas, en 27 trasbordan dúas liñas, en 10 teñen parada tres liñas e a estación de Avenida de América que serve de transbordo a catro liñas. En tres desas estacións (Tres Olivos, Estadio Olímpico e Puerta de Arganda), faise cambio de tren dentro dunha mesma liña, e en 21 paradas hai correspondencia coa rede de Cercanías Madrid de Renfe. Se se teñen en conta as liñas que pasan por cada estación a cifra de estacións en total asciende a 300 estacións en liña.

A rede de Metro de Madrid compóñena 12 liñas convencionais con 238 estacións, o ramal que une Ópera e Príncipe Pío e as tres liñas existentes de metro lixeiro que suman un total de 27,78 km e contan con 38 estacións, das que Metro de Madrid opera as 9 paradas da liña ML1 de 5,4 km; a lonxitude total da rede é de 293 quilómetros.

É a quinta rede de metro do mundo por quilómetros (despois das de Londres, Nova York, Tokio e Moscova);[1] dato notable tendo en conta que, cuns 3 millóns de habitantes no seu municipio e case 6 millóns na súa área metropolitana, a cidade sitúase no posto 50º entre as metrópoles do mundo. É ademais unha das que máis rapidamente se expande na actualidade, con notables ampliacións durante a última década. Con todo, durante o 2004 contabilizáronse 616.533.167 desprazamentos, que a deixan lonxe das 10 primeiras redes de metro polas súas cantidades de viaxeiros[2].

Actualmente a rede extendeuse máis alá da cidade de Madrid para prestar servizo a varios concellos da súa área metropolitana. Estes son: Alcobendas, San Sebastián de los Reyes, Coslada, San Fernando de Henares, Rivas-Vaciamadrid, Arganda del Rey, Alcorcón, Leganés, Getafe, Móstoles, Fuenlabrada, Pozuelo de Alarcón e Boadilla del Monte (os dous últimos están conectados por liñas de metro lixeiro).

Liñas do metro de Madrid[editar | editar a fonte]

Billete do Metro de Madrid
Plano do Metro actual
Liña Terminais Lonxitude Estacións Gálibo Andén Usuarios (2008)
Liña 1 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea1.svg
Pinar de Chamartín – Valdecarros 23,876 km 33 estreito 90 m 107,9 mill.
Liña 2 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea2.svg
Las Rosas – Cuatro Caminos 14,031 km 20 estreito 60 m e 90 m 32,9 mill.
Liña 3 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea3.svg
Villaverde Alto - Moncloa 16,424 km 18 estreito 90 m 64,0 mill.
Liña 4 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea4.svg
Argüelles – Pinar de Chamartín 16 km 23 estreito 60 m 46,7 mill.
Liña 5 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea5.svg
Alameda de Osuna – Casa de Campo 23,217 km 32 estreito 90 m 81,3 mill.
Liña 6 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea6.svg
Circular 23,472 km 28 ancho 115 m 115,6 mill.
Liña 7 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea7.svg
Hospital del Henares – Pitis 32,919 km 30 ancho 115 m e 90 m 47,5 mill.
Liña 8 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea8.svg
Nuevos Ministerios – Aeropuerto T4 16,467 km 8 ancho 115 m 20,53 mill.
Liña 9 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea9.svg
Mirasierra – Arganda del Rey 39,5 km 28 ancho 115 m 46,9 mill.
Liña 10 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea10.svg
Hospital Infanta Sofía – Puerta del Sur 36,514 km 31 ancho 115 m e 90 m 70,7 mill.
Liña 11 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea11.svg
Plaza Elíptica – La Fortuna 8,5 km 7 ancho 115 m 4,6 mill.
Liña 12 (Metro de Madrid)Madrid-MetroLinea12.svg
MetroSur (circular) 40,96 km 28 ancho 115 m 42,8 mill.
Ramal (Metro de Madrid)Madrid-MetroRamal.svg
Ópera – Príncipe Pío 1,092 km 2 estreito 60 m 3,7 mill.
TOTAL (liñas de metro) 296 km 288 - 685,13 mill.
Liña 1 (Metro lixeiro de Madrid)Madrid MetroLigero1.svg
Pinar de Chamartín – Las Tablas 5,395 km 9 (tranvía) 45 m
Liña 2 (Metro lixeiro de Madrid)Madrid MetroLigero2.svg
Colonia Jardín – Estación de Aravaca 8,680 km 13 (tranvía) 45 m
Liña 3 (Metro lixeiro de Madrid)Madrid MetroLigero3.svg
Colonia Jardín – Puerta de Boadilla 13,699 km 16 (tranvía) 45 m
TOTAL (liñas de tranvía) 27,774 km 38
TOTAL Metro + Tranvía (16 liñas) 324 km 326

Notas[editar | editar a fonte]

  1. O metro máis longo do mundo é o de Londres, con 415 km, seguido do de New York con 368. Os seguintes son os metros de Tokio (292,3 km), Seúl (287 km),Madrid (281,5 km), Moscova (265,2 km), París (212,5 km), e Cidade de México (201,7 km) segundo Curiosidades de los metros del mundo. (en castelán)
  2. Por detrás de Tokio, Moscova, Nova York, Seúl, México D.F., París, Honk Kong, Londres, Osaka, Sao Paulo, San Petersburgo, Pequín e outros: datos da wikipedia en inglés

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Metro de Madrid