Filipe IV de Francia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Filipe IV de Francia, coñecido como Filipe o Fermoso, naceu en 1268, e morreu o 29 de novembro de 1314 en Fontainebleau; foi rei de Francia de 1285 a 1314, o décimo primeiro da dinastía dos chamados "capetos directos".

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Era fillo de Filipe III de Francia (1245-1285), rei de Francia, e da súa primeira esposa Isabelle de Aragón (1247-1271).

O 14 de agosto de 1284, casou con Xoana I de Navarra, (raíña de Navarra de 1274 a 1305) e levou por iso el mesmo o título de rei de Navarra (Filipe I) de 1284 a 1305.

Desta unión son froito sete fillos:

Para sanear as finanzas do reino e que os seus cabaleiros puidesen ofrecerse as sonadas esporas de ouro da batalla de Courtrai, atacou ós que tiñan cartos, incluíndo os relixiosos tales como a Igrexa católica, os xudeus e os templarios.

Planeou o atentado de Agnani e instalou a Clemente V como papa, facéndoo residir en Aviñón, no sur de Francia.

O 13 de outubro de 1307, os Templarios foron encarcerados e torturados despois para admitir a herexía na súa orde. O gran mestre, Jacques de Molay morreu na fogueira, en París en 1314.

Filipe morreu nun accidente de caza.

Foi inhumado na basílica de Saint-Denis. A súa sepultura, como a dos outros príncipes e dignatarios que están neste lugar, foi profanada polos revolucionarios en 1793.