Provincia de Barcelona
| Capital | Barcelona |
| Área | 7.733 km² |
| Poboación | 5.511.147 hab. (2010) |
| Densidade | 712,68 hab./km² |
| Concellos | 311 |
| Xentilicio | barcelonés,-a |
A Provincia de Barcelona é unha provincia situado no nordés de España, que compón unha das catro divisións administrativas da comunidade autónoma de Cataluña. Limita ó nordeste coa provincia de Xirona, ó oeste coa provincia de Lleida, ó suroeste coa provincia de Tarragona e ó sur e sursueste co mar Mediterráneo.
Índice |
Xeografía[editar]
Surcan esta provincia ríos de escasa importancia como o río Llobregat, polo menos se os comparamos co maior río que pasa por Cataluña, Ebro.
Os accidentes xeográficos máis importantes son a Depresión central catalá, os Pireneos, que alcanzan o norte da provincia e diversas serras, coma as de Tallat e Montseny.
Demografía[editar]
Esta provincia ten unha das poboacións provinciais máis elevadas de España: 5 226 354 habitantes segundo o censo do 2005. O núcleo máis importante é a cidade de Barcelona, que ten aproximadamente un terzo da poboación da provincia. Ten unha altísima densidade de poboación: case 680 habitantes/km².
É unha provincia moi dinámica, grazas ás súas actividades industriais e comerciais.
| 1900 | 1930 | 1950 | 1970 | 1981 | 2000 | 2010 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1.054.541 | 1.800.638 | 2.232.119 | 3.929.194 | 4.620.056 | 4.736.277 | 5.507.813 |
Divisións administrativas[editar]
Comarcas[editar]
A provincia de Barcelona está dividida nas seguintes once comarcas:
- Alt Penedès
- Anoia
- Bages
- Baix Llobregat
- Barcelonès
- Berguedà
- Garraf
- Maresme
- Osona
- Vallès Occidental
- Vallès Oriental
Concellos[editar]
- Artigo principal: Lista de concellos de Barcelona.
Os vinte concellos máis habitados da provincia son os seguintes (2007):
- Barcelona (1.595.110 habs.)
- L'Hospitalet de Llobregat (251.848 habs.)
- Badalona (216.201 habs.)
- Terrassa (202.136 habs.)
- Sabadell (201.712 habs.)
- Mataró (119.035 habs.)
- Santa Coloma de Gramenet (116.765 habs.)
- Cornellà de Llobregat (84.477 habs.)
- Sant Boi de Llobregat (80.727 habs.)
- Sant Cugat del Vallès (74.345 habs.)
- Manresa (73.140 habs.)
- Rubí (70.494 habs.)
- Vilanova i la Geltrú (63.196 habs.)
- El Prat de Llobregat (62.663 habs.)
- Viladecans (61.718 habs.)
- Castelldefels (58.955 habs.)
- Granollers (58.854 habs.)
- Cerdanyola del Vallès (57.758 habs.)
- Mollet del Vallès (51.365 habs.)
- Esplugues de Llobregat (46.286 habs.).
Véxase tamén[editar]
|
|||||||