Conxunto arqueolóxico de Mérida

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Conxunto arqueolóxico de Mérida
Maqueta de Emerita Augusta
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísEspaña España
Localización38°55′N 6°20′O / 38.917, -6.333
TipoCultural
CriteriosIII, IV
Inscrición1993 (17ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador664

O conxunto arqueolóxico de Mérida é un dos principais e máis extensos conxuntos arqueolóxicos de España. Foi declarado Patrimonio da Humanidade en 1993 pola Unesco.

Teatro romano[editar | editar a fonte]

Teatro romano de Mérida, construído ca. 15 a.C..
Artigo principal: Teatro romano de Mérida.

O teatro é unha construción promovida polo cónsul Marco Vipsanio Agripa. Segundo data inscrita no propio teatro a súa construción produciuse nos anos 15 a 16 aC.

O teatro sufriu varias remodelacións, a máis importante, a finais do século I ou principios do século II, posiblemente en época do emperador Traxano, cando se levantou a actual fachada ou fronte de escena, e outra en época de Constantino entre os anos 330 e 340, introducíndose novos elementos arquitectónicos-decorativos e construíndose unha calzada que rodea o monumento. Tralo abandono propiciado polo cristianismo por mor da inmoralidade do teatro, este abandónase e cóbrese de terra, quedando soamente visible a zona superior das bancadas (summa cavea). A imaxinación popular denominouna "As Sete Cadeiras", onde segundo a tradición sentaron nela diversos reis mouros para decidir os destinos da cidade.

Anfiteatro romano[editar | editar a fonte]

O Anfiteatro de Mérida.
Artigo principal: Anfiteatro de Mérida.

Construción máis do gusto popular que o teatro, foi inaugurado no 8 aC. Este edificio estaba destinado ás loitas entre gladiadores, entre feras ou entre homes e feras.

É un edificio formado por unha area central de forma elíptica rodeada dunhas bancadas chanzo capaz para 15 000 espectadores divididos, do mesmo xeito que no teatro, en tres zonas. Destas tres zonas, consérvase na actualidade soamente a inferior debido a que as dúas superiores foron utilizadas, trala súa caída en desuso, como canteira para as construcións adxacentes.

Circo romano[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Circo romano de Mérida.
Circo romano de Mérida.

Cos seus máis de 400 metros de lonxitude e 100 metros de anchura era o maior dos edificios de espectáculos da cidade e, xunto co anfiteatro, era o que gozaba dos favores dun público máis dado a emocións fortes que a cultas obras teatrais. Debido ás súas grandes dimensións atopábase fóra do recinto amurallado, á beira das calzada que unían Emérita con Corduba (Córdoba) e Toletum (Toledo). Este monumento é totalmente visitable.

Tiña un capacidade duns 30000 espectadores distribuídos nunhas bancadas coa xa clásica división en cáveas marcadas polas diferentes procedencias sociais dos seus ocupantes.

A data da súa construción data de principios do século I. Posiblemente durante a época de Tiberio. O recinto posúe unha area central onde se efectuaban as competicións. No medio desta atópase unha vala central chamada spina dunha lonxitude de 223 metros e unha anchura de 8,5 metros e decorada con monólitos e outros motivos.

Un dos espectáculos favoritos eran as carreiras de bigas (dous cabalos) e cuadrigas (catro cabalos). Os condutores dos carros chamados aurigas eran personaxes moi populares sendo moitos deles inmortalizados en pinturas e mosaicos.

Actualmente o Circo romano de Mérida posúe un recentemente construído centro de interpretación, que permite un mellor entendemento da estrutura do monumento antes de entrar nel.

Ponte romana sobre o Guadiana[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Ponte romana de Mérida.
A ponte romana de Mérida desde a Alcazaba. Ao fondo, a ponte Lusitania.

Pódese considerar, dalgún modo, como a orixe da cidade e, en todo caso, o que marca o seu trazado sendo prolongación dunha das arterias principais da colonia, o Decumanus Maximus.

A situación da ponte está coidadosamente seleccionada nun vao do río Guadiana que ofrece como punto de apoio unha illa central que o divide en dúas canles. A estrutura orixinal non ofrecía a continuidade da actual, xa que estaba composto por dous tramos de arcos que se unían na illa, onde había un gran taxamar. Este foi substituído por varios arcos no século XVII, despois de que unha riada fechada en 1603 derribase parte da estrutura. En época romana ampliouse en lonxitude varias veces, engadíndose polo menos cinco tramos de arcos consecutivamente para que o camiño non se cortase nas periódicas crecidas do Guadiana. Iso fixo que esta obra chegue aos 792 metros de longo, un dos maiores que se conservan dese momento.

Acueduto dos Milagres[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Acueduto dos Milagres.
Acueduto dos Milagres.

Formaba parte da condución que traía a auga a Mérida desde o encoro de Proserpina situado a 5 km da cidade. Data de inicios do I dC. A arquería atópase actualmente bastante ben conservada, sobre todo o tramo que salva o val do río Albarregas. Coñéceselle con este nome, debido a que parece un milagre que aínda siga en pé.

Acueduto de Rabo de Buey-San Lázaro[editar | editar a fonte]

Traía a auga de arroios e mananciais subterráneos situados ao Norte da cidade, consérvase bastante ben a condución subterránea pero da arquería construída para salvar o val do Albarregas só quedan tres piares e os seus correspondentes arcos próximos ao monumento do circo romano e a outro acueduto do século XVI, no que se utilizou o material do acueduto romano para a súa construción

Templo de Diana[editar | editar a fonte]

Templo de Diana.

Edificio pertencente ao foro municipal da cidade. É un dos poucos de carácter relixioso que se conserva nun estado satisfactorio. Malia o seu nome, erroneamente asignado no seu descubrimento, o edificio estaba dedicado ao culto imperial. A súa construción data do finais do século I aC ou principios do I dC, na época augusta.

De planta rectangular, e rodeado de columnas de estilo corintio en tambores, ten a fronte orientada ao foro. Este frontal estaba formado por un conxunto de seis columnas (hexastilo) rematadas nun frontispicio. Á conservación actual do edificio contribuíu o haber estado incorporado ao Palacio do Conde dos Corbos, de estilo renacentista e cuxos restos poden apreciarse aínda na sala interior do templo. Na súa construción empregáronse principalmente materiais graníticos.

Arco de Tiberio[editar | editar a fonte]

Arco de Tiberio.

Arco de entrada, posiblemente, ao foro provincial. Estaba situado no Cardo Maximus, unha das vías principais da cidade e comunicaba este foro co municipal. Na súa época estaba recuberto por mármore.

Feito a base de granito, e forrado en mármore na súa orixe, mide 13,97 metros de alto, 5,70 metros de ancho e 8,67 metros correspondentes á luz do arco. Crese que ten un carácter triunfal, aínda que tamén puido servir como antesala do Foro Provincial. Inmerso na maraña construtiva moderna e enmascarado polas casas veciñas, este arco érguese maxestoso e admirado por viaxeiros e historiadores de todos os tempos. A súa denominación é arbitraria, dado que a inscrición conmemorativa perdeuse séculos atrás.

Casa do Mitreo[editar | editar a fonte]

Achada fortuitamente a comezos da década de 1960, aínda que foi construída a mediados do século I atópase situada na aba meridional do cerro de San Albín. A súa proximidade ao área onde se supón a localización do Mitreo emeritense motivou a súa actual denominación. Toda a mansión estaba construída en cachotaría con reforzo de perpiaños nas esquinas. Da casa destacan os perístilos con xardín interior e nunha habitación do sector occidental o soado Mosaico Cosmogónico, representación alegórica dos elementos da natureza (ríos, ventos, etc) presidida pola figura de Aion. O recinto foi recentemente teitado e acondicionado para a súa visita.

Alcazaba[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Alcazaba de Mérida.
Alcazaba de Mérida.

Xunto á ponte romana do río Guadiana. Construída por Abderraman II no ano 835 como bastión para controlar a cidade, que desde o ano 805 rebelárase continuamente contra o dominio emiral. Primeira alcazaba árabe da Península Ibérica.

É unha construción complexa, que consta dun gran recinto cadrado de 130 metros de lado capaz de albergar un bo número de tropas. No seu interior atópanse un marabilloso alxibe, edificio singular onde os haxa, composto dunha cisterna de auga inacabable (filtrada desde o Guadiana) á que se accedía cun dobre corredor desde o piso baixo dunha torre. Nun dos seus extremos construíuse un convento para a Orde de Santiago e que actualmente é a sede da presidencia da Xunta de Estremadura. Xunto á ponte romana hai encostado outro recinto máis pequeno, o denominado "alcazarejo", que controlaba o paso do río á cidade.

Os Columbarios[editar | editar a fonte]

Con esta denominación coñécense dúas construcións funerarias, realizadas ao descuberto, situadas extramuros da cidade romana. Ambos son o mellor exemplo das construcións funerarias de Emerita. Os materiais utilizados para a súa fabricación son a cachotaría e perpiaños de granito. Nas dúas consérvanse as epígrafes identificativas das familias propietarias (os Vaconios e os Julios) polo que se puido coñecer a orixe e a condición delas.

Basílica de Santa Eulalia[editar | editar a fonte]

Concatedral de Santa María A Maior[editar | editar a fonte]

Concatedral de Santa María a Maior.
Artigo principal: Concatedral de Mérida.

Outros monumentos e lugares de interese[editar | editar a fonte]

  • Casa do anfiteatro. Denominada así por situarse xunto ao anfiteatro. Conviría destacar que en realidade o descuberto é un conxunto de dous domus romanas: a denominada "Casa da Torre da Auga", e doutra banda a propiamente dita "Casa do anfiteatro".
  • Sitio arqueolóxico de Morerías. Restos dun barrio romano e dun barrio árabe. Sobre el se erixe o vangardista edificio de Morerías, sede de varias consellerías da Xunta de Estremadura.
Ponte romana sobre o río Albarregas.
  • Ponte romana sobre o río Albarregas. A súa edificación realizouse en época de Augusto, co fin de salvar as augas do río Albarregas antes de desembocar no río Guadiana a escasamente uns centos de metros río abaixo. De aquí partía a Vía da Prata cara a Astorga. Ten 145 metros de lonxitude.
  • Pórtico do Foro. Erixido no século I. Foi restaurado no século pasado sobre a base dalgúns dos achádeos atopados no lugar, moitos dos cales consérvanse no Museo Nacional de Arte Romana. O monumento consta dun edificio porticado cun muro onde se albergan diversos fornelos destinados a estatuas atopadas neste lugar. Atópase nas proximidades do Templo de Diana, nun dos dous foros que posuía a cidade: Foro romano municipal de Mérida.
  • Termas romanas de San Lázaro. Estas termas situadas no Parque Lineal de San Lázaro, gozábanas os cidadáns de alta liñaxe que acudían aos eventos celebrados no Circo Romano.
  • Termas romanas e pozo de neve da C/ Reyes Huertas. Usado polos romanos como pozo de neve e termas de auga fría, é único no Imperio romano. Tamén foi usado para almacenamento de produtos perecedoiros.
  • Cripta de Santa Eulalia; Sitio arqueolóxico de Santa Eulalia. No subsolo da Basílica de Santa Eulalía atópase un sitio moi interesante que describe os diversos avatares que sufriu esta igrexa desde a súa construción ata os nosos días.
  • Obelisco de Santa Eulalia. Erixido no século XVII en honor da mártir patroa de Mérida, empregándose nas súas construción diversos materiais entre os que destacan pezas romanas, como tres aras cilíndricas e un capitel. Coroando o conxunto atópase a imaxe da mártir, sobre un togado retraballado.
  • Xenodoquio. Foi mandado construír polo Bispo Masona na segunda metade do século VI. Próximo á Basílica de Santa Eulalia de Mérida, serviu de hospital e albergue dos peregrinos que viñan venerar os restos da pícara mártir, utilizándose tamén como hospital para os pobres da cidade.
  • Castellum aquae. Situado no alto da rúa Calvario, era o final do Acueduto dos Milagres e o principio da distribución da auga por toda a cidade.

Lugares protexidos[editar | editar a fonte]

Código Nome Lugar Extensión Coordenadas
664-001 Acueduto dos Milagros Mérida Zona de protección: 0,1177 ha.
Zona de respecto: 20,90 ha.
38°55′28.36″N 6°20′48.49″O / 38.9245444, -6.3468028
664-002 Acueduto de San Lázaro Mérida Zona de protección: 1,0977 ha.
Zona de respecto: 28,87 ha.
38°55′39.40″N 6°20′05.65″O / 38.9276111, -6.3349028
664-003 Ponte da Alcantarilla Mérida Zona de protección: 0,0038 ha. 38°55′45.01″N 6°21′36.79″O / 38.9291694, -6.3602194
664-004 Alcazaba, encoro e ponte romano sobre o Guadiana Mérida Zona de protección: 4,3975 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°54′55.27″N 6°20′49.78″O / 38.9153528, -6.3471611
664-005 Teatro, anfiteatro e casa do anfiteatro Mérida Zona de protección: 7,9637 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′3.42″N 6°20′11.92″O / 38.9176167, -6.3366444
664-006 Arco de Traxano e Templo da Concordia Mérida Zona de protección: 0,7827 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′09.85″N 6°20′42.82″O / 38.9194028, -6.3452278
664-007 Basílica de Santa Catalina (Xenodoquio) Mérida Zona de protección: 0,1549 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′19.92″N 6°20′11.11″O / 38.9222000, -6.3364194
664-008 Basílica Casa Herrera Mérida Zona de protección: 2,3455 ha. 38°57′42.83″N 6°17′37.35″O / 38.9618972, -6.2937083
664-009 Basílica de Santa Eulalia e Templo de Marte Mérida Zona de protección: 0,682 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′19.16″N 6°20′26.50″O / 38.9219889, -6.3406944
664-010 Circo romano Mérida Zona de protección: 5,9935 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′16.57″N 6°19′50.98″O / 38.9212694, -6.3308278
664-011 Casa Mitreo - Columbarios Mérida Zona de protección: 3,5383 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°54′47.29″N 6°20′17.91″O / 38.9131361, -6.3383083
664-012 Igrexa de Santa Clara e colección de arte visigodo. Mérida Zona de protección: 0,1532 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′06.11″N 6°20′43.73″O / 38.9183639, -6.3454806
664-013 Encoro de Cornalvo Mérida Zona de protección: 0,1881 ha. 38°59′23.67″N 6°11′23.44″O / 38.9899083, -6.1898444
664-014 Encoro de Proserpina Mérida Zona de protección: 0,5571 ha. 38°58′16.75″N 6°21′54.64″O / 38.9713194, -6.3651778
664-015 Foro Municipal Mérida Zona de protección: 0,7155 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′5.08″N 6°20′30.01″O / 38.9180778, -6.3416694
664-016 Muralla romana e torre albarrá islámica Mérida Zona de protección: 0,0251 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′13.96″N 6°20′33.62″O / 38.9205444, -6.3426722
664-017 Museo Nacional de Arte Romana Mérida Zona de protección: 0,4447 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′6.66″N 6°20′18.57″O / 38.9185167, -6.3384917
664-018 Obelisco de Santa Eulalia Mérida Zona de protección: 0,0596 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′13.91″N 6°20′23.40″O / 38.9205306, -6.3398333
664-019 Ponte romana sobre o río Albarregas Mérida Zona de protección: 0,1094 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′29.90″N 6°20′52.17″O / 38.9249722, -6.3478250
664-020 Templo de Diana Mérida Zona de protección: 1,0776 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′03.68″N 6°20′35.17″O / 38.9176889, -6.3431028
664-021 Termas da rúa Reyes Huertas Mérida Zona de protección: 0,0637 ha.
Zona de respecto: 20,87 ha.
38°55′10.33″N 6°20′17.06″O / 38.9195361, -6.3380722
664-022 Termas romanas de Alange Alange[1] Zona de protección: 0,2977 ha. 38°47′09.67″N 6°14′31.57″O / 38.7860194, -6.2421028

Fonte: Unesco

Código Nome Lugar
664-001 Acueduto dos Milagros Mérida
664-002 Acueduto de San Lázaro Mérida
664-003 Cloaca Mérida
664-004 Alcazaba Mérida
664-005 Anfiteatro Mérida
664-006 Arco de Traxano Mérida
664-007 Xenodoquio Mérida
664-008 Basílica Casa Herrera Mérida
664-009 Basilica de Santa Eulalia Mérida
664-010 Casa do Anfiteatro Mérida
664-011 Casa do Mitreo Mérida
664-012 Circo Mérida
664-013 Colección de arte Visigoda Mérida
664-014 Columbarios Mérida
664-015 Dique do Guadiana Mérida
664-016 Cornalvo Mérida
664-017 Encoro de Proserpina Mérida
664-018 Foro Mérida
664-019 Murallas de cidade Mérida
664-020 Museo Nacional de arte romano Mérida
664-021 Obelisco de Santa Eulalia Mérida
664-022 Ponte do río Albarregas Mérida
664-023 Ponte do río Guadiana Mérida
664-024 Teatro Mérida
664-025 Templo de Diana Mérida
664-026 Templo da Concordia Mérida
664-027 Templo de Marte Mérida
664-028 Baños c/ Diego M.ª Creuet Mérida
664-029 Baños romanos de Alange Alange[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. A 18 quilómetros ao suroeste de Mérida.
  2. A 18 km ao suroeste de Mérida.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]