Cáceres

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Cáceres
Cáceres - Escudo.svg Bandera de Cáceres.svg
Situación xeográfica
Caceres, Spain location.png
Estado: España España
Comunidade Autónoma: Estremadura Estremadura
Provincia: Cáceres
Comarca: Llanos de Cáceres
Xeografía
Altitude: 459 msnm
Superficie: 1.750,33 km²
Poboación
Poboación total: 92.187 hab. (2006)
Densidade de poboación: 52,67 hab./km²
Xentilicio: Cacereño
Información
Código postal: 10001 - 10005
Alcalde: Elena Nevado del Campo (PP)
Sitio na web: www.ayto-caceres.es


Cáceres é unha cidade estremeña, de 91.606 habitantes (2007) que viven nunha superficie municipal de 1.768 km², sendo o concello máis extenso de España. É a capital da província homónima, cuxa poboación concentra o 21'45% do total populacional provincial.

A cidade vella de Cáceres foi declarada Terceiro Conxunto Monumental de Europa en 1968, e Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1986.

Índice

[editar] Economía

É o principal centro comercial, administrativo e eixo económico da provincia e o primeiro centro turístico de Extremadura. A súa economía está baseada principalmente no sector terciario (servizos), no turismo e na construción, con unha pequema aportación do sector industrial, que se centra en industrias alimentares, téxteis, cerámicas e produtos derivados do cauchú.

[editar] Historia

A máis remota presenza humana no territorio do que hoxe é Càceres, remonta á Prehioria. Na área de El Calerizo existen diversas covas (Maltravieso, El Conejar), nas que atoparan vestixios pictóricos de mans humanas. Actualmente atopouse unha prolongación das covas.

No século I a.C. os romanos asentaron aquí o campamento de Castra Cecilia de maneira permanente, no entorno do outeiro en que se situaría a colonia Norba Caesarina, moi cerca da importante vía de comunicacións que, máis tarde, sería coñecida como a Vía da Prata. Cara o século V d.C., os visigodos arrasan o asentamento, de xeito que ata o século VIII-IX non se sabe nada da cidade.

Serán musulmáns, procedentes do Norte de África, os que aproveitarán o lugar estratéxico sobre o que se asentara a primitiva colonia romana, para utilizala como base militar para loitar contra os reinos cristiáns do Norte, durante os primeiros séculos da conquista cristiá. O nome árabe da cidade é aínda incerto, manexándose varias posibilidades, entre elas as de Hizn Qazrix ou Al Qazrix, das que probabelmente provén a denominación actual da cidade (Nieto Ballester defende que procede do ablativo plural Castris > Cazres, e posterior epéntese dun -e-).

No século XII, ante o avanzo cristián, a cidade é fortificada cunha muralla de ladrillo, (que aínda se conserva), mais non foi de abondo para evitar que Afonso IX de León a tomase, logo de varios anos de asedio, o 23 de abril de 1229, dia de San Xorxe, que desde entón é celebrado pola cidade como o seu padroeiro.

A partir deste momento, Cáceres comeza a transformase, construíndo igrexas no mesmo sitio onde se levantaran mesquitas, e pazos cristiáns sobre os primitivos pazos musulmáns. Porén serán as fortunas procedentes de América as que farán aumentar a monumentalidade da cidade. Con lixeiros retoques a fins do XVIII, esa versión urbana é a que chegou ata os nosos días. Por iso se trata dunha das cidades monumentais mellor conservadas do mundo.

[editar] Conxunto Monumental

Torre de Yerba e Arco da Estrella, na Praza Maior
Ruela no centro de Cáceres

Ademais de Patrimonio da Humanidade, Cáceres é tamén membro das Redes Caminos de Sefarad, da Ruta da Prata, sendo elixida pola Comunidade Autónoma como Capital Cultural de Extremadura Enclave 92, e co esforzo solidario das administracións públicas, empresas privadas, entidades oficiais e cidadáns particulares, aspira a ser Capital Europea da Cultura no ano 2016.

Entre outros monumentos e lugares salientábeis podemos destacar:

[editar] Igrexas

[editar] Pazos e casas nobres

[editar] Arcos e portas de entrada da cidade

[editar] Torres defensivas

[editar] Lugares salientábeis

[editar] Museos

  • Museo de Cáceres (Plaza de las Veletas)
  • Centro de Interpretación do Cáceres Vello (estrada de Torrejón el Rubio, salida Polígono Ganadero, La Mejostilla)
  • Museo de Historia e Cultura "Casa Pedrilla" (Ronda de San Francisco)
  • Museo Municipal "Massa Solís" (Palacio de la Isla, Plaza de la Concepción)
  • Museo "Casa del Mono" (C/ Cuesta Aldana)
  • Casa Museo "Guayasamín" (Ronda de San Francisco)
  • Casa e colección "Yusuf Al Burch" (C/ Cuesta del Marqués)

[editar] Véxase tamén

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas