Eslovaquia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Slovenská republika
República Eslovaca
Bandeira de Eslovaquia Escudo de Eslovaquia
Bandeira Escudo
Lema: Non ten
Himno nacional: Nad Tatrou sa blýska
(Eslovaco: «Derriba dos Tatras lostrega»)
 
EU location SVK.png
 
Capital
 • Poboación
Bratislava
425.155 (2004)
Cidade máis poboada Bratislava
Linguas oficiais
n/d
Forma de goberno Democracia Parlamentaria
Ivan Gašparovič
Robert Fico
Independencia
División de Checoslovaquia
1 de xaneiro de 1993
Superficie
 • Total
 • % auga
Fronteiras
Costas
Posto 130º
48.845 km²
Desprezable
1.524 km km
non ten km
Poboación
 • Total
 • Densidade
Posto 108º
5.416.958 (2009)[1]
111 hab./km²
PIB (nominal)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 60º
US$ 54.969 millóns
US$ 10.158 (2006)
PIB (PPA)
 • Total (2006)
 • PIB per cápita
Posto 62º
US$ 95.019 millóns
US$ 17.559 (2006)
IDH (2007) 0,863 (42º) – Alto
Moeda Euro (EUR)
Xentilicio Eslovaco, eslovaca
Fuso horario
 • en verán
CET (UTC+1)
CEST (UTC+2)
Dominio de Internet .sk
Prefixo telefónico +421¹
Prefixo radiofónico OMA-OMZ
Código ISO 703 / SVK / SK
Membro de: UE, ONU, OTAN, OSCE, OCDE

¹ Código 42 compartido coa República Checa ata 1997

Tódolos países do mundo

Eslovaquia (en eslovaco, Slovensko), oficialmente República Eslovaca (Slovenská republika), é un país do centro de Europa, resultado da división de Checoslovaquia, que orixinou o novo estado e tamén a Chequia. Ten fronteira ó norte con Chequia e Polonia; ó leste con Ucraína; ó sur con Hungría e ó oeste con Austria. A súa capital é Bratislava.


Historia[editar | editar a fonte]

A poboación eslava orixinal formouse no século V na área onde hoxe fica Eslovaquia. Eslovaquia formaba parte do centro do imperio de Samo no século VII. O punto máis alto do estado proto-eslovaco do século IX, coñecido como Gran Moravia, deuse coa chegada de Cirilo e de Methodius e coa expansión do reinado do rei Svatopluk. Eslovaquia acabou por se tornar parte do reino da Hungría entre os séculos XI e XIV e foi, máis tarde, parte da Austria-Hungría ata 1918. Nese ano, Eslovaquia xuntouse coas rexións da Bohemia e da veciña Moravia para formar Checoslovaquia. Coa separación do país que se seguiu ao Acordo de Munique de 1938, Eslovaquia transformouse nunha república separada, mais baixo un control firme por parte da Alemaña nazi.

Despois da Segunda Guerra Mundial, Checoslovaquia foi reconstituída e pasou a estar baixo a influencia da Unión Soviética e do Pacto de Varsovia, de 1945 en diante.

A fin da Checoslovaquia comunista en 1989 durante a pacífica Revolución de Veludo tamén significou a fin para Checoslovaquia e a creación de dous estados sucesores: Eslovaquia e a República Checa que seguiron camiños separados a partir do 1 de xaneiro de 1993.

Eslovaquia adheriuse á Unión Europea o 1 de maio de 2004. Pasou a formar parte da eurozona o 1 de xaneiro de 2009, abandonando a coroa eslovaca e adoptando o euro como moeda.

Organización territorial[editar | editar a fonte]

Eslovaquia está subdividida en 8 kraje (singular kraj), cada un deles levando o nome da súa capital.
Regiones de Eslovaquia
Galego Eslovaco
1 Bratislava Bratislavský kraj
2 Trnava Trnavský kraj
3 Trenčín Trenčiansky kraj
4 Nitra Nitriansky kraj
5 Žilina Žilinský kraj
6 Banská Bystrica Banskobystrický kraj
7 Prešov Prešovský kraj
8 Košice Košický kraj
Os kraje están subdivididos en varios okresy (singular okres), distritos. Eslovaquia ten 79 distritos.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Mapa da Eslovaquia.

A paisaxe eslovaca componse de natureza montañosa. Os montes Cárpatos atópanse ao longo da maior parte da metade norte do país. É nos Cárpatos onde se situan os elevados picos dos montes Tatra, un destino popular para a práctica do esquí e tamén zona de moitos lagos e vales, ademais de albergaren o punto máis alto da Eslovaquia: o Gerlachovský štít, con 2.655 metros.

Hai tamén terras baixas nas extremidades suroeste (nas marxes do Danubio) e sueste de Eslovaquia. Os ríos principais, ademais do Danubio, son o Váh e o Hron.

O clima é temperado, con veráns relativamente frescos e invernos fríos, nevoados e húmidos.

Economía[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Economía de Eslovaquia.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Eslovaquia

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]