La Graciosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Graciosa.
La Graciosa
Chinijo Graciosa.png
Situación respecto de Lanzarote
Situación
País España España
Comunidade autónoma Canarias Canarias
Provincia As Palmas
Arquipélago Chinijo
Mar Océano Atlántico
Coordenadas 29°09′N 13°18′W / 29.15°N 13.30°W / 29.15; -13.30
Xeografía
Xeoloxía Estratovolcán
Superficie 29,05 km²
Punto máis alto 266 msnm
Demografía
Capital Caleta de Sebo
Poboación 660 hab. (INE 2010)
Xentilicio Graciosero/a
LaGraciosa from MiradorDelRio.jpg
A illa desde o Miradoiro do Río

La Graciosa é unha illa[1] pertencente ó arquipélago Chinijo, nas Canarias (España), xunto cos illotes de Montaña Clara, Roque del Este, Roque del Oeste e Alegranza. Está ao noroeste de Lanzarote, illa da que depende administrativamente e da que a separa un brazo de mar coñecido como El Río. Tamén está relativamente próxima á costa continental africana.

Índice

[editar] Historia e características

Foi conquistada en 1402 polo explorador normando Juan de Bethencourt, baixo o vasallaxe de Henrique III de Castela. La Graciosa posúe uns 29 km² nos que se achan os dous únicos pobos da illa: Caleta de Sebo (capital insular) e Casas de Pedro Barba. A súa poboación actual é de 660 habitantes. A economía da illa está baseada na pesca e o turismo. Numerosos viaxeiros visítana durante todo o ano.

La Graciosa é accesible unicamente desde o mar, aínda que tamén posúe un heliporto situado moi preto de Caleta de Sebo.

A illa só posúe un delegado do concello conejero de Teguise.

[editar] Puntos xeográficos

[editar] Demografía

Variación demográfica de La Graciosa (INE)
2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008
626 615 626 621 630 637 658 640 648

[editar] Panorama

Vista de La Graciosa con Caleta de Sebo en primeiro termo. Ao fondo Montaña Clara e Alegranza.

Vista de La Graciosa con Caleta de Sebo en primeiro termo. Ao fondo Montaña Clara e Alegranza.


[editar] Notas

  1. La Graciosa é denominada en numerosas ocasións "illote", aínda que segundo a Real Academia Galega un illote é unha illa pequena ou despoblada.
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas