Reais Alcázares de Sevilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Palacio de Pedro I no Alcázar

Os Reais Alcázares de Sevilla, son un conxunto de edificios palaciegos situados na cidade de Sevilla, a construción dos cales iniciouse na Idade Media, onde se mesturan múltiples estilos, desde a arte islámica dos seus primeiros habitantes, o mudéxar e gótico do período posterior á conquista da cidade polas tropas castelás ata o renacentista e barroco de posteriores reformas. O recinto foi habitualmente utilizado como lugar de aloxamento dos membros da Casa Real española e de xefes de estado de visita á cidade. Foi declarado Patrimonio da Humanidade, xunto á catedral de Sevilla e a Arquivo de Indias o ano 1987.

Historia[editar | editar a fonte]

A fortificación orixinal foi construída sobre un antigo establecemento romano e máis tarde visigodo. Empezou a tomar o seu aspecto de fortificación palaciega, logo da conquista de Sevilla, o 712 polos árabes; que xa desde o ano 720 utilizarían o recinto como residencia dos seus dirixentes. O ano 884 a fortaleza contribuíu a evitar unha invasión dos viquingos da cidade.

O Patio das Doncellas

Desde a súa construción inicial árabe, o conxunto incluía varios recintos, como a Casa dos Príncipes, vivendas que ao século IX ían desde a Praza do Triunfo ata o Barrio de Santa Cruz. O primitivo palacio islámico é da mesma época que a Alhambra de Granada, ampliouse coa vivenda dos emires ao século XI, tamén no século XII continuouse fortificando e engadíndolle aposentos como o Alcázar ou Palacio das Bendicións, un século máis tarde os almohades sumaron máis patios e palacios. Actualmente só se conserva o Patio do Yeso, resto do antigo Palacio Islámico.

Logo da conquista da cidade polo rei Fernando III de Castela o 1248, converteuse en aloxamento real, o seu fillo Afonso X o Sabio levou a cabo as primeiras reformas logo da conquista, ordenando en 1254 a construción de tres grandes salóns en estilo gótico. Posteriormente o 1364, Pedro I de Castela decidiu de construír o denominado Palacio Mudéxar, que se converteu no primeiro palacio dun rei castelán que non estaba protexido por muros e defensas dun castelo, e logrando o aspecto mudéxar que hoxe conserva e que aínda sorprende pola súa riqueza e ornamentación. En 1366 cando estivo acabado o novo palacio, empezou unha guerra civil que enfrontou a Pedro I co seu medio irmán Henrique II de Castela, e que acabaría coa morte de Pedro o 1369, polo que non parece que o rei Pedro, puidese gozar do novo palacio por moito tempo.[1] O palacio de Pedro I é considerado o máis completo exemplo da arquitectura mudéxar en España. Posteriormente tamén se construiron a Capela Gótica, o baixador, o Patio da Montería e os Grotescos dos xardíns.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Valencia Rodríguez, Rafael. "Palacio de Pedro I Real Alcázar de Sevilla 1356-1366". Ibn Jaldún: el Mediterráneo en el siglo XIV : auge y declive de los imperios. ISBN 978-84-96556-32-4. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Reais Alcázares de Sevilla