Catulo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Caius Valerius Catullus.

Caius Valerius Catullus, nado en Verona ou en Sirmio no 87 a.C. ou 84 a.C e finado en Roma no 54 a.C., foi un poeta latino, máis coñecido como Catulo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Sábese pouco sobre a vida de Catulo. Tanto Suetonio (Vida dos doce césares) como Ovidio (Amores III.XV) sinalan a cidade de Verona como a súa patria natal. Procedía dunha familia da orde ecuestre, aínda que viviría case sempre en Roma.

Os amigos de Catulo eran, entre outros, os poetas C. Licinio Macer e Marco Furio Bibáculo e C. Helvio Cinna, o orador Q. Hortensio (rival de Cicerón) e o biógrafo Cornelio Nepote, a quen Catulo dedicou un libro de poemas.

No ano 61 a.C Catulo foise para Roma onde se namorou da "Lesbia" dos seus poemas, que polo xeral se cre que era Clodia Metelo, irmá do infame Publio Clodio Púlquer. Esta rebiricocada muller, 10 anos maior que Catulo, pertencía á aristocrática familia Claudia. O asunto finou cando Clodia preferíu a Celio Rufo, que era membro do círculo social de Catulo e socio de Cicerón.

Bitinia

No 57 a.C. acompañou o seu amigo Gaio Memmio a Bitinia, onde este servía como propretor. Catulo traballou na camarilla do gobernador de Bitinia, único oficio político que se lle coñece. Desde aí Catulo viaxou a Tróade para recoller ritos para a tumba do seu irmán, acontecemento que lembra nun axitado poema. Regresaría a Roma, onde permanecería os poucos anos restantes da súa vida. Aínda que nos seus poemas quéixase de pobreza, o certo é que posuía unha "villa" cerca de Tibur (a moderna Tivoli).

Non é moi seguro cando morreu. Algunhas fonte sinalan que morreu de esgotamento á idade de 30 anos. Xerome de Estridón di que nacera no 87 a.C e que viviu trinta anos, mais algúns poemas aluden a sucedidos do 55 a.C., mais en ningún hai algo datábel no 54 a.C; porén os estudosos tradicionalmente datan a súa vida entre o 84 a.C e o 54 a.C.

Obra[editar | editar a fonte]

Catulo lígase a un círculo de poetas de ideais estéticos comúns, aos que Cicerón chama poetas novos (modernos), termo para el cargado de sentido pexorativo. Ese grupo de poetas rompía co pasado literario romano (mitolóxico), pasando, entre outras características, a utilizar unha temática considerada “menor” polos seus críticos.

Acrecéntase ás características da poesía de Catulo, a linguaxe coloquial (p.ex. Ineptire, no canto VIII), a simulación frecuente de improvisación na sintaxe (frases interrompidas por oracións paratéticas, repetición de palabras e expresións, movemento circular da elocucións), versos lixeiros e a simulación do accesso aos recantos máis íntimos do ser humano.

A súa obra perpetuouse a través dos séculos que seguiran, foi exemplo para grandes nomes que viran despois como Propercio e Tibulo. Tamén foi moi lido por poetas como T. S. Eliot e Charles Baudelaire.

Edicións[editar | editar a fonte]

As súas poesías (116 poemas, so o título de Carmina), perdidas longo tempo, foron recuperadas no século XIV. Entre as numerosas edicións que desde entón se fixeran cabe destacar:

En galego[editar | editar a fonte]

É posíbel tamén consultar poemas soltos en Aurora López e Andrés Pociña, Escolma de textos eróticos latinos.

En portugués[editar | editar a fonte]

  • CATULO, C.Valério - Poesías (texto latino e vers.portuguesa de Ema Barcelos). Porto. Porto Editora.1975.
  • CATULO, Caio Valério – O Cancioneiro de Lésbia [trad. e introd. Paulo Sérgio de Vasconcellos]. Editora Hucitec: São Paulo, 1991.
  • CATULO, Caio Valério – O Livro de Catulo [trad, introd. e notas de João Ângelo Oliva Neto]. Edusp: São Paulo, 1996.

En castelán[editar | editar a fonte]

  • CATULO, G. Valerio - Poesías (texto revisado e trad. de Miguel Dolç). Madrid. CSIC. 1990 - ISBN 84-00-02759-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Wikiquote
A Galicitas posúe citas sobre: Catulo