Reino de Castela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Reino de Castilla
Reino de Castela

1065–1230
Bandeira Escudo
Capital Burgos
Lingua Latín;
Castelán.
Relixión Cristiá
Goberno Monarquía
Historia
 • Establecido 1065
 • Unión co Reino de León 1230
Moeda Marabedí

O Reino de Castela foi un dos reinos medievais da Península Ibérica. Castela xurdíu como entidade política autónoma no século IX baixo a forma dun condado vasallo do Reino de León. Non será ata o século XI cando acade a categoría de reino. O seu nome débese á gran cantidade de castelos que había naquela zona.

Historia[editar | editar a fonte]

Séculos IX-XI: inicios[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Condado de Castela.

A primeira mención a «Castela» aparece nun documento do ano 800: «levantamos unha igrexa en honor a San Martín, en Área Patriniano, no territorio de Castela».

Na Crónica de Afonso III (Rei de Asturias, século IX) dise: «As Vardulias agora son chamadas Castela».

Eo tempore populantur Primorias, Lebana, Transmera, Supporta, Carranza, Bardulia quae nunc appellatur Castella.[1]
Crónica de Afonso III
Castela en 843 formando parte de Asturias e independente en 1150.

O condado de Castela repóboase mayoritariamente por habitantes de orixe cántabro, astur, vascos e godo cun dialecto romance propio, o castelán, e cunhas leis diferenciadas.

O primeiro conde de Castela é Rodrigo no 860 (baixo Ordoño I de Asturias e Afonso III o Magno). O condado de Castilla experimenta unha gran expansión durante o goberno do conde Rodrigo, que se dirixe cara ao sur ata chegar a Amaya (860) e a costa dos cordobeses pola Rioja. Ademais, a partir da sublevación do conde alavés Eglyón, Álava incorpórase ao condado de Castela. No ano 931, o condado de Castela unifícase co conde Fernán González, facendo dos seus dominios un condado hereditario ás costas dos reis de León.

Séculos XI-XII: expansión e unións ao Reino de León[editar | editar a fonte]

No 1028, Sancho III O Maior de Navarra adquire o Condado de Castela trala morte do conde García Sánchez, pois está casado coa irmá deste. Como herdanza, no ano 1035 deixa un mermado Condado de Castela ao seu fillo Fernando.

Castela incorporada ao reino de Sancho III (de 1029 a 1035).
Castela en 1037 trala partición do reino de Sancho III entre os seus fillos).

Fernando I estaba casado con Sancha, irmá á súa vez de Vermudo III de León. Fernando provoca unha guerra na que morre o soberano leonés na batalla de Tamarón contra a coalición castelán-navarra. Ao non ter descendencia Bermudo III, o seu cuñado Fernando I aprópiase da coroa leonesa esgrimindo os dereitos da súa muller. O 22 de xuño de 1038 foi unxido rei de León. Á morte de Fernando I no 1065, o seu testamento segue a tradición navarra de dividir os reinos entre os herdeiros:

  • Ao primoxénito, Sancho II, légalle Castela elevando de forma oficial a súa condado hereditario a condición de reino.
  • A Afonso VI outórgalle o territorio aportado pola nai: o Reino de León.
  • Ao terceiro, García, entrégalle o Reino de Galicia.
  • Á súa filla, Urraca, déixalle a praza de Zamora.
  • Á súa filla Elvira, a cidade de Toro.

Sancho II de Castela alíase con Alfonso VI e entre ambos conquistan Galicia. Sancho non contento con Castela e media Galicia ataca ao seu irmán e ocupa León coa axuda de O Cid, co que producese a primeira unión entre os reinos de Castela e León. Grazas a Urraca, en Zamora refúxiase o groso do exército leonés, ao que Sancho pon cerco e onde o rei castelán é asasinado en 1072 polo nobre leonés Vellido Dolfos, retirándose as tropas castelás. Deste xeito Afonso VI recupera todo o territorio, gobernando como Rei de León, Castela e Galicia, mantendo a unión dos reinos de León e Castela efectuada polo seu irmán Sancho. Con todo, seguen existindo dous reinos diferenciados en administración, linguas romances e leis.

Con Afonso VI prodúcese un achegamento ao resto de reinos europeos, especialmente a Francia. Casa ás súas fillas Urraca e Tareixa con Raimundo de Borgoña e Henrique. No concilio celebrado en Burgos no 1080 substitúese o típico rito mozárabe polo romano.

Á morte de Afonso VI sucédelle no trono a súa filla Urraca. Esta casouse, en segundas nupcias, con Afonso I de Aragón, pero ao non lograr a unificación dos reinos e debido aos grandes enfrontamentos de clases entre os dous reinos, Afonso I repudiou a Urraca no 1114, o que agudizou os enfrontamentos entre os dous reinos. Aínda que o papa Pascual II anulara o matrimonio anteriormente, seguiron xuntos ata esa data. Urraca tamén tivo que enfrontarse ao seu fillo, rei de Galicia, para facer valer os seus dereitos sobre ese reino, e á súa morte o mesmo fillo sucédelle como Afonso VII, froito do seu primeiro matrimonio. Afonso VII consegue anexionarse terras dos reinos de Navarra e Aragón (debido á debilidade destes reinos causada polo seu secesión á morte de Afonso I de Aragón).

Renuncia ao seu dereito á conquista da costa mediterránea en favor da nova unión de Aragón co Condado de Barcelona (Petronila e Ramón Berenguer IV). Afonso VII intitulase no 1135 Imperator Legionensis et Hispaniae en León.

Século XIII: unión final co Reino de León[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Coroa de Castela.

Afonso VII volve á tradición real da división dos seus reinos entre os seus fillos. Sancho III pasa a ser rei de Castela e Fernando II, rei de León.

De novo a rivalidade entre os dous reinos faise presente ata o ano 1230, cando Fernando III o Santo recibiu da súa nai Berenguela (en 1217) o Reino de Castela e do seu pai Afonso IX (en 1230) o de León. Así mesmo, aproveitou o declive do imperio almohade para conquistar o val do Guadalquivir mentres que o seu fillo Afonso tomaba o Reino de Murcia.

As Cortes de León e Castela fundíronse, momento o que se considera que xorde a Coroa de Castela, formada por dous reinos: Castela e León, así como taifas e señoríos conquistados aos árabes (Córdoba, Murcia, Xaén, Sevilla). Os reinos conservaron o seu dereito (por exemplo, ás persoas do Reino de Castela que eran xulgadas no Reino de León aplicábaselles o dereito daquel Reino).

Goberno: Monarcas, Concellos e Cortes[editar | editar a fonte]

Como todo reino medieval, o poder supremo pola graza de Deus recaía no rei. Pero comezan a xurdir comunidades rurales e urbanas para tomar decisións sobre problemas da vida cotiá.

Estes Concellos evolucionarán aos que unha parte dos veciños representará ao resto. Así mesmo conseguirán un maior poder como a elección de maxistrados e oficiais, alcaldes, pregoneros, escribanos, etc.

Ante o crecente poder dos Concellos, xorde a necesidade da comunicación entre o rei e estes, xurdirán as Cortes no ano 1188 no Reino de León, o cal terá a súa correspondente versión no Reino de Castela no ano 1250. Nas Cortes medievais, os habitantes das cidades eran un grupo reducido, coñecidos como laboratores e non tiñan facultades lexislativas, pero era un punto de unión entre o rei e o reino, algo no cal os reinos de León e Castela foron pioneros.

Pendón de Castela

Símbolos do Reino de Castela[editar | editar a fonte]

No reinado de Afonso VIII de Castela comenzouse a emplear un castelo de ouro, aclarado de azur e mazonado de sable, en campo de gules, como símbolo do Reino de Castela, en escudos e pendóns.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Nota 13 de FONTES ESPAÑOLAS ALTOMEDIEVALES


Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]