Terra Eo-Navia
| Terra Eo-Navia | |
|---|---|
| Localización | |
| Datos | |
| Capital | Navia |
| Comunidade Autónoma | |
| Superficie | 1.645 km² |
| Poboación (2007) | 36.208 hab. |
| Densidade de poboación | 22,01 hab./km² |
A Terra Eo-Navia é a denominación que recibe a rexión de lingua galega[1] que se atopa no occidente do Principado de Asturias, limítrofe con Galicia e que comprende 19 concellos situados entre os ríos Eo e Navia (máis concretamente o río Frexulfe. Trátase dunha denominación de recente creación que non se corresponde con ningunha división territorial oficial ou de uso cotián tradicional. Xunto co Bierzo occidental e As Portelas considerase a este territorio como parte da Galicia irredenta.
Índice |
[editar] Orixe
O termo naceu en sectores do galeguismo[Cómpre referencia], e en primeira instancia correspóndese cunha realidade lingüística e cultural, xa que fai referencia aos concellos do Principado nos que se fala o galego.
En segunda instancia, o termo fai referencia a aspiracións políticas defendidas por parte do nacionalismo galego, que reivindica esa comarca cultural como parte do dominio lingüístico galego e fala dunha necesidade de cooficialización do galego nesa área[2]. En troques, algunhas publicacións como La Nueva España ou a propia Academia Asturiana negan e rexeitan[3] frontalmente o galeguismo desta zona limítrofe coa provincia de Lugo.
[editar] Datos
Segundo un estudo do profesor da Universidade Complutense de Madrid Alberto Gómez Bautista, na Galicia estremeira, que abrangue as zonas de Eo-Navia, Ancares Leste, Bierzo Occidental e As Portelas existen entre 70.000 e 100.000 galegofalantes, é dicir un 50% da poboación que ten o galego como lingua de uso cotián. Así mesmo, algúns falantes do Eo-Navia e tamén do Bierzo tamén falan astur-leonés.[4]
[editar] Notas
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- A situación do galego no Eo-Navia
- Explicación polo miúdo da situación e a problematica lingüística e cultural no Eo-Navia
- A lingua galega na Franxa Leste
- Historia das terras Eo-Navia dentro do Reino de Galiza
- Mesa prá Defensa del Galego de Asturias
- A asociación cultural ABERTAL pola defensa da lingua e cultura galegas da comarca del Eo-Navia
- O relativo do continuum entre galego e asturiano en Asturias, a cargo de Xavier Frías Conde
[editar] Concellos
| Concellos galegofalantes | Asturias | |
|---|---|
|
Boal | Castropol | Coaña | Eilao | El Franco | Grandas de Salime | Ibias | Pezós | San Martín de Ozcos | Santalla de Ozcos | Santiso de Abres | Tapia | Taramundi | A Veiga | Vilanova de Ozcos |
|
| Concellos parcialmente galegofalantes |
|
|||||||||